Magariños di que "O Ministerio de Fomento non concreta a data de licitación da Variante"

IMG_4333O alcalde anunciou en marzo que se licitaría no segundo semestre, pero o Goberno Central non concreta datas nas resposta recibida polo BNG no Congreso

Xosé Magariños afirma que “isto é unha tomadora de pelo e unha farsa máis do PP”

“O anuncio da licitación no segundo semestre da Variante da Estrada é unha farsa das tantas ás que nos ten acostumado o alcalde”, afirmou o candidato á alcaldía de BNG-Asembleas Abertas, Xosé Magariños, esta mañá nunha rolda de prensa na rúa da Avenida Benito Vigo da Estrada, pola que transitan centos de coches todos os días.

Segundo explicou o candidato nacionalista “a finais de marzo o alcalde anunciou que a Variante se licitaría no segundo semestre, mais na resposta remitida polo Goberno central ás nosas deputadas no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, só indica que se licitará á maior brevidade posíbel, sen concretar datas de ningún tipo”.

IMG_4337“Isto é unha tomadora de pelo a todos os veciños e veciñas da Estrada porparte do PP”, afirmou Magariños, “o BNG xa indicara naquela altura que se trataba dun anuncio electoral máis do alcalde e a resposta do Goberno indica que estabamos no certo”.

“Se non a licitan é porque non queren”, declarou o candidato de BNG-Asembleas Abertas da Estrada, “xa que na información recibida do Goberno indícase que a Variante xa superou o trámite de avaliación ambiental
da obra, requisito previo á licitación, co cal xa non teñen escusa para empezar xa a obra, mais sospeitamos que neste ano non se fará a licitación e tocará seguir agardando por esta infraestrutura que tantas veces anunciaron PP e PSOE e outras tantas incumpriron o anunciado”.

O candidato de BNG-Asembleas Abertas, Xosé Magariños, culpou a ambas as dúas formacións políticas de ámbito estatal dos “reiterados incumprimentos coa Estrada” e IMG_4346tamén por que “temos un goberno municipal débil, que se conforma coas boas palabras que lle dan desde os gobernos amigos, enganando aos veciños e veciñas da Estrada unha e outra vez”, afirmou candidato á alcaldía.

“A Estrada ten que dicir basta”, afirmou Magariños, “non podemos ter un alcalde que é un miña xoia, que se conforma coas palmadas nas costas, cómpre darlle a volta á Estrada, cómpre un alcalde que esixente e firme que mire polo noso, que mire polos intereses de todas e todos”.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta