O candidato popular á Alcaldía participa dende hoxe ata o domingo pola noite en cinco actos electorais
O Partido Popular da Estrada celebrará esta noite o seu mitin central desta campaña electoral a partires das 21.00 horas no anexo ao pavillón Manuel Coto Ferreiro.
O candidato á Alcaldía, José López, estará acompañado polo presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; pola ministra de Fomento, Ana Pastor; e polo presidente provincial de Novas Xeracións, o estradense Pablo Carollo, que será o encargado de abrir o mitin.
Xunto con este mitin central, José López participará dende hoxe ata o domingo noutros catro actos electorais, ademais de presidir o domingo pola mañá como alcalde da Estrada os actos institucionais da Festa do Salmón e do Día das Letras Galegas.
Deixámosvos aquí imaxes da presentación da súa candidatura que non puidemos subir antes.
Sábado 16
Encontro sectorial con deportistas e clubes, no parque exterior anexo ao novo estadio (12.00 horas).
Domingo 17
Mitin na escola de Nigoi (18.30 horas).
Mitin na escola de Parada (20.00 horas).
Mitin no local social de Tabeirós (21.30 horas).
PP de A Estrada






































