A Estrada despediu o Nadal coa Cabalgata dos Reis magos, a cal tivo unha gran afluencia. Centos de persoas abarrotaron as rúas da vila a espera dos ansiados Magos de Oriente, e máis tendo en conta que a cabalgata de Papa Noel se tivera que suspender polo mal tempo, pero nesta ocasión o tempo acompañou e as súas maxestades non defraudaron. Fixeron o percorrido ata a praza do concello acompañados polos seus paxes e quilos de caramelos que repartiron entre os asistentes. Xa na praza, foron recibindo aos máis cativos que con gran ilusión recollían máis caramelos das mans dos Reis, e algún neno aproveitaba a ocasión para levarlle as súas últimas peticións para esa noite máxica.
Fotografía e Redacción: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras






































