Apela á «estabilidade dun goberno unido e á visión estratéxica do proxecto político do PP fronte a experimentos cheos de incertidume que non se sabe como van acabar»
«Quero seguir sendo alcalde da Estrada durante catro anos máis para liderar e completar unha etapa de transformación sen precedentes», salienta
José López destaca «o cariño e os apoios recibidos durante a campaña» e agradece «o inmenso labor realizado polos membros da candidatura e por todos os compañeiros do equipo de traballo»
O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, aproveitou onte o mitin de peche da campaña electoral no pavillón do colexio Manuel Villar Paramá de Souto de Vea para pedirlle o voto a todos os veciños e veciñas «para que a partires do domingo A Estrada teña un alcalde e non rifas continuas entre dous ou tres socios nunha alianza de perdedores».
Diante do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o candidato popular apelou «á estabilidade dun goberno unido e á visión estratéxica do proxecto político do PP, fronte a experimentos cheos de incertidume, que só teñen como misión alcanzar o poder e que non se sabe como van acabar».
«Custou atopar o camiño da saída da crise e agora A Estrada non pode dar un paso atrás nin pode permitirse a vanzar máis despacio ca os demais concellos», engadíu.
Na súa intervención, José López destacou «o cariño e os apoios recibidos durante a campaña», á que se referíu como «extraordinariamente intensa, con máis dunha trintena de actos e mitins para explicar un proxecto político e defender un balance do que o PP ten que sentirse orgulloso». Neste senso, aproveitou para «agradecer publicamente o inmenso labor realizado polos membros da candidatura e tamén por todos os compañeiros e colaboradores do equipo de traballo». «Fixemos unha boa campaña, en positivo, e temos que sentirnos contentos e satisfeitos; agora tócalle aos veciños emitir o seu veredito e esperemos que volva ser maioritariamente favorable ao PP», apuntou, antes de advertir que «o PSOE e o señor Dono saben quen van volver perder as eleccións e son capaces de calquera cousa».
«Eu síntome especialmente orgulloso de ter sido alcalde do meu pobo nestes catro anos e quero seguir sendo alcalde da Estrada durante catro anos máis para liderar e completar e sta etapa de transformación sen precedentes, enfatizou, antes de pedir expresamente o voto «aos indecisos, aos que nos votaron hai catro anos e pensan que volvemos merecer o seu apoio, aos que non nos votaron en 2011 pero valoran o traballo feito neste man dato, aos votantes doutras ideoloxías que a nivel local aprecian o cambio de rumbo que este goberno do PP lle está a dar á Estrada e, en xeral, a todos aqueles que queren un futuro mellor para este pobo».
PP de A Estrada






































