Máis de 1500 rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria participarán nunha nova edición do Correlingua que se celebrará na Estrada, baixo o lema: “Galego, a nosa creación común”.
Participará alumnado dos seguintes centros educativos:
CEIP Cabada Vázquez, CEIP do Foxo, CEIP Pérez Viondi, CEIP de Figueiroa, IES García Barrros, IES Antón Losada Diéguez, IES Chano Piñeiro, IES Nº 1, IES Pintor Colmeiro.
A marcha rematará cunha festa final que conducirá Isabel Risco. Nesta festa os encargados da lectura do manifesto será o alumnado dos diferentes colexios que participan. Pecharase coa actuación musical de BOCINAZO, gañador do concurso Cantalingua 2015. Durante o acto contaran coa animación.
Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. As actividades teñen como lugar de celebración 12 comarcas galegas e comezaron o día 4 de maio en Compostela
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG – Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística,
O PROGRAMA DO DÍA SERÁ :
10:30h. Chegada dos centros ao recinto da Praza da Feira.
11:00h. Saída do CORRELINGUA
11:15. Chegada do Correlingua (pequenos)
Tempo para a merenda dos pequenos antes do concerto.
11:45H CHEGADA DO CORRELINGUA (Maiores)
Tempo para a merenda dos maiores (primaria) antes do concerto.
12:00H Inicio do actos na Praza da Feira: LECTURA DO MANIFESTO
12:10H Actuacións dos Ceip Foxo e Figueiroa
12:20 Actuación do grupo gañador do Cantalingua O BOCINAZO
13:00H Solta final de globos e remate do acto.
Máis información sobre os premios:
– Vídeo: alumnado do CPR Sagrada Familia de Aldán, Cangas:
http://www.correlingua.org/noticias/o-premio-do-concurso-de-video-vai-para-cangas-do-morrazo
– Manifesto: “@s Bokaneir@s”, 4º da ESO do CPI de Pontecesures
http://www.correlingua.org/sites/all/arquivos/concursos/manifesto_cpi-de-pontecesures-alumnado-4o-eso.pdf
Máis información sobre o conxunto da actividade:
Teléfonos de Contacto:
Cig-Ensino: 986 861513 / 986852950
Nogueira (persoal) 667488953
pontevedra@cig-ensino.com






































