Máis de 1500 rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria participaron este luns do Correlingua na Estrada.
Baixo o lema «Galego, a nosa creación común» o alumnado dos centros CEIP Cabada Vázquez, CEIP do Foxo, CEIP Pérez Viondi, CEIP de Figueiroa, IES García Barrros, IES Antón Losada Diéguez, IES Chano Piñeiro, IES Nº 1 e IES Pintor Colmeiro realizaron unha marcha pola vila rematando na praza da feira onde merendaron e bailaron coa actuación de «Bocinazo», gañador do concurso Cantalingua deste ano.
Os rapaces tamén leron un manifesto e realizaron actuacións pechando a festa cunha solta de globos.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG – Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística






































