A Escola Municipal de Artes Escénicas ten programadas tres representacións para estrear nos vindeiros días como colofón ao curso 2014/2015. Todas as pezas, nas que os alumnos dos distintos grupos mostrarán os coñecementos adquiridos durante o ano, serán gratuítas ata cubrir aforo.
LUNS 22, 20.30h
Grupos Infantís EMAE Os dous grupos infantís únense para poñer en escena 101 DÁLMATAS. Un divertido musical interpretado por vintecinco nenos de entre seis e dez anos que terá lugar o vindeiro luns día 22 ás 20.30h. Colabora nas coreografías a Escola de Baile Sondodance a través das súas profesoras Irene Gago e Carla Díaz.
XOVES 25, 20.00h
Grupo Xuvenil 2 EMAE En plenas festas de San Paio, tomarán o relevo, os 18 alumnos do Grupo Xuvenil 2 para poñer en escena ás 20.00h o musical de GREASE. O clásico, ambientado nos anos 50 e interpretado por John Travolta e Olivia Newton-John, contará tamén coa colaboración nas coreografías de Montse Barcala (Sondodance).
MARTES 30, 20.30h
Grupo Xuvenil 1 EMAE O día 30 ás 20.30h é o día elixido para que o Grupo Xuvenil 1 poña en escena PIM PAM CLOWN, un espectáculo de creación colectiva interpretado por 16 alumnos que incluirá sketchs traídos do mundo do mimo e pequenas pezas dialogadas relacionadas co absurdo da guerra e da violencia. A peza está dirixida polo profesor Arturo Covas “Nono”.






































