Un ano máis a asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local social de Ouzande. O curso presente mantivo unha notable participación nestas clases, superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de: gaita, tambor, pandeireta, baile, canto e acordeón. Os alumnos e alumnas de todas as clases teñen preparadas diferentes actuacións para esta festa de fin de curso.
A asociación convida a unha foliada para o sábado 20 de xuño a partir das 9 da tarde no campo da festa. Agasallaremos tamén cuns pinchos a todos os asistentes.
Están invitados todos os veciños e veciñas da contorna e cantos amigos
desexen vir.
Xa están á venda as camisetas do verán 2015. Este ano as camisetas da asociación locen un fermoso deseño SEGUIMOS TECENDO realizado por Rosa de Cabanas. Están á venda na Taberna de Ouzande e tamén nas diferentes actividades da asociación, como esta festa fin de curso.
A Fervenza de Ouzande







































