Foliada de Fin de Curso en Ouzande

percusion 2O pasado sábado a Fervenza de Ouzande celebrou a foliada de Fin dos cursos no medio dunha numerosa e animada concorrencia. Os alumnos das diferentes disciplinas: baile, percusión, gaita, acordeón, pandeireta e canto tradicional mostraron aos asistentes un pequeno repertorio de pezas traballadas durante o presente curso 2014-15.

Xa entrada a noite todos os asistentes foron agasallados pola organización con uns pinchos, ao que seguiu unha foliada que se mantivo ate ben entrada a noite, aproveitando as magníficas condicións climatolóxicas e o bo ambiente reinante entre público.

A maior parte das clases despídense ata o próximo mes de setembro, no que
se retomará de novo o curso normal das mesmas.

A Fervenza de Ouzande

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta