O pasado sábado un equipo de A Estrada formado por 14 persoas, o M&P Running, participou na primeira edición Gladiator Race en Galicia, no Monte do Gozo. Este recorrido por terras compostelanas contaba con 9 km nos que os atletas tiñan que superar ata 26 obstáculos.
Para acudir a esta cita o equipo estradense preparouse durante 3 meses en carreiras urbanas, de montaña e sesións de ximnasio adaptadas para esta competición.
O equipo contou co patrocinio do Concello de A Estrada, Aurora Sport e Gimnasio Supleplus.







































