O pasado Mércores día 22 as 22h no campo municipal de Figueiroa daba comezo oficialmente a pretempada do IRMANDINHOS A ESTRADA FÚTBOL GAÉLICO, có primeiro adestramento das Irmandinhas. Os equipos masculinos comezarán os adestramentos o vindeiro 3 de Agosto as 21h no mesmo campo.
22 rapazas comezaban este ano os adestramentos baixo as ordes dos dous adestradores femininos, Carlos Torres (Irmandinhas) e Gregorio Durán (Braithreachas), que ó longo da pretempada formarán as dúas escadras que representarán a nosa vila.
Esta tempada 2015-2016, Irmandinhos A Estrada, despóis da magnifica organización da 3ª rolda do torneo ibérico 2014-2015 que deixou impresionados tanto ós participantes como a GAA (Federación Irlandesa de Xogos Gaélicos), e que contou cá unidade, apoio e colaboración dos empresarios, equipos deportivos e veciños de A Estrada. Ten previsto organizar unha rolda do TORNEO EUROPEO, o cal achegará á vila a equipos de todo Europa, moitos dos cales xa teñen confirmada a súa asistencia.
A maiores neste comezo de tempada tamén se disputarán: un partido homenaxe á xogadora falecida, Gema Calvo Villaverde e en decembro como xa ven sendo habitual o partido benéfico para a recollida de alimentos a prol de Cáritas.
As escadras estradenses, tanto masculinas como femininas, teñen confirmadas as súas participacións no Torneo de Verán de Fútbol Gaélico Praia da Lanzada, Liga Galega de Fútbol Gaélico, Torneo Ibérico e o Torneo Europeo (Obtiveron a clasificación para este torneo tras unha gran tempada acadando o subcampionato do ibérico 2014-2015, masculino e feminino).
Os equipos desta tempada non están pechados e os adestramentos son abertos para calquer persoa que queira vir a probar a práctica deste divertido deporte, a través do cal se pode viaxar, coñecer outras culturas e xente nova.
Dende Irmandinhos A Estrada animamos e convidamos a todo o mundo que esté interesado/a que se achegue polo campo municipal de Figueiroa os Luns e Xoves a partir das 21h e polo ximnasio do pavillón municipal os venres tamén a partir das 21h.
Irmandinhos A Estrada






































