O mal estado da beirarrúa custoulle a unha muller 35 puntos de sutura nun xeonllo pasado sábado logo de tropezar neste tramo da avenida Benito VigoXosé Magariños: “as chapuzas do PP teñen elevado custe persoal”
O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, insta ao alcalde da Estrada “a mellorar un tramo das beirarrúas da avenida Benito Vigo, á altura da Lennon, que hai uns días custoulle a unha muller 35 puntos de sutura nun xeonllo logo de tropezar na chapuza feita polo concello para reconstruír os estragos producidos pola rotura do sumidoiro o inverno pasado, cousa que denunciamos no seu día.”
“O alcalde da Estrada é un chapuceiro sen remedio”, afirmou o concelleiro nacionalista, “non é a primeira vez que denunciamos algunha das obras feitas polo concello, de feito na nosa web temos toda unha sección coas chapuzas do PP <https://bngdaestrada.wordpress.com/?s=chapuza&submit=Procura>, o que demostra a falta de interese do PP, o desleixo e o abandono, que denota un grupo de goberno sen ideas, sen criterio e sobrepasado polas circunstancias, que como neste caso teñen un elevado custe persoal.”
O concelleiro do BNG reitera “a urxencia de arranxar ese pequeno tramo de beirarrúa á altura da Lennon, non vaiamos ter que lamentarnos de máis desgrazas, que nos poden saír moi caras se os veciños e vicñas que as sufren denuncian ao concello no xulgado”.
BNG de A Estrada






































