Ditame favorable ao recurso plantexado polos socialistas contra o acordo de reparto de representación na Fundación Cultural

psoe 03Respaldo unánime á moción socialista de apoio ás reivindicacións dos traballadores locais de correos e a realización dunha comunicación ao efecto ao Grupo Correos 

A comisión de organización e asuntos xerais ditaminou favorablemente o recurso de alzada plantexado polo grupo municipal socialista contra o acordo plenario de distribución da representación na Fundación Cultural da Estrada. O pleno do mes de agosto resolverá definitivamente o citado recurso.

A representación na Fundación Cultural está regulada polos Estatutos da entidade, que recollen literalmente:

Art. 10.

… En representación do Concello de A Estrada:

A)   Presidente: O alcalde

B)   Vocais: Sete vocais de libre designación, polos grupos políticos integrantes da Corporación, respetando a súa proporcionalidade no Pleno

 

A proposta do PP, -aprobada cos votos a favor de Móvete e o BNG e os votos en contra do PSdeG-PSOE-, non respecta a proporcionalidade demandada nos Estatutos, ese foi o motivo polo que os socialistas presentamos o recurso. 

PROPOSTAS DE REPARTO DAS 7 VOCALÍAS

GRUPOS POLÍTICOS

CONCELLEIROS EN PLENO

PROPORCIONALIDADE % SOBRE 7

PROPOSTA PP

PROPOSTA PSdeG-PSOE

PP

11

3,67

4

3

PSdeG-PSOE

8

2,67

1

2

MÓVETE

1

0,33

1

1

BNG

1

0,33

1

1

Máis asuntos ditaminados na comisión de organización

Na comisión de organización ditaminouse tamén a moción do grupo socialista pedindo o apoio da Corporación ás reivindicacións dos traballadores locais de correos e a realización dunha comunicación ao Grupo Correos mostrando este respaldo.

O persoal de correos da Estrada ven de denunciar recortes no plantel, a ausencia de persoal cubrir substitucións e baixas coa conseguinte sobrecarga das rutas de reparto do persoal restante e imposibilidade de realizar reparto diario en todas as parroquias do noso Concello.

Esta moción alcanzou o respaldo unánime dos grupos presentes na Comisión (PP, PSOE e Móvete).

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta