O PSOE denuncia abandono na recollida de lixo no rural

A grelaContenedores rotos, lixo no chan por falta de medios e fortes cheiros. 

O servizo de recollida de lixo no rural é un claro exemplo do abandono ao que o goberno do alcalde López Campos ten sometido ás parroquias. Contedores rotos, e insuficientes nalgúns casos, aos que non se lle practica ningún tipo de limpeza nin reparación e nos que en ocasións non se recolle o lixo en semanas, amoreándose as bolsas no chan e acabando a basura ciscada.

Preocupación polo rural cero, ese é o resumo da actuación do alcalde López Campos nas parroquias. A situación con respecto á recollida de lixo é un máis dos claros exemplos de abandono dos veciños do rural por parte lo goberno local. “Contenedores que desaparecen ou se retiran baixo o pretexto de arranxalos e non os voltan repoñer nunca, desperfectos moi notables en bó número deles e fortes cheiros por falta de limpeza son constantes no día a día da recollida de lixo no rural”, comentou a portavoz socialista.

A inversión realizada nos últimos 4 anos na mellora deste servizo municipal no rural foi totalmente insignificante, nin se melloraron as dotacións do servizo nin a calidade de prestación. “De 2011 ata 2015 o servizo de recollida en lugar de mellorar empeora cada ano, o deterioro dos contedores en moitos casos fai imposible o seu arranxo, polo que simplemente os retiran e non repoñen o servizo”.

CIMG3093 compri“O alcalde López Campos non destinou un só céntimo á mellora do servizo de recollida de lixo no rural, e máis permitiu un grado de deterioro tal das dotacións empregadas que agora vai custar moito máis afrontar as melloras necesarias. Non só iso, nestes catros anos non fixo nin unha soa política que implicase apostar por mellorar o servizo de recollida no rural ou fose alternativa ao sistema actual como pode ser a compostaxe que se está a empregar xa noutros concellos”.

Veciños da Grela urxen a colocación dun contenedor 

Veciños da Grela denuncian que estes meses de verán, ao  faltar un dos contenedores de residuos orgánicos a capacidade de depósito resulta insuficiente, polo que se ven na obriga de deixar as bolsas pousadas fóra, e que xa en varias ocasións o lixo acabou ciscado polo chan debido á acción dos animais.

Esta demanda foi trasladada ao Concello polos veciños vai alá máis dun mes e reiterada por rexistro de entrada mediante un escrito remitido polo grupo municipal socialista a mediados de xullo.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta