Irmandinhos organiza un Memorial na honra de Gema Calvo

Futbol Praia FemininoDespois de acadar a victoria maculina e a segunda praza feminina da segunda edición do Torneo de Fútbol Gaélico praia. Hoxe Martes día 4 comezan os adestramentos masculinos, abertos a todo o mundo, do Irmandinhos A Estrada as 20:15h no campo de Figueiroa, A Estrada.

A segunda edicion do Torneo de Fútbol Gaélico Praia contou coa participación de  doce equipos masculinos e seis femininos. O clube estradense concurreu con tres escadras masculinas e  unha feminina. A escadra formada por Javi, Kana, Juve, Panzu, Durillas e Lupo foi o campión da categoría masculina. Pola banda feminina a alineación formada por  Athe, Rita, Afri, Paula, Eva, Sarai e Andrea caeron na final diante dun combinado das Fillas de Breogan da Coruña. Ambas escadras estaban adestradas por Yupe.

Estes resultados indican o bó estado de forma có que comezan os xogadoes e xogadoras estradenses esta nova tempada chea de novos retos, ilusións e moitos eventos.

O vindeiro sabado 22 de agosto vaise a celebrar o “I Memorial Gema Calvo” as 18:30h no campo de Figueiroa, na honra a xogadora Irmandinha Gema Calvo Villaverde que falecia por causa do cancro o Agosto pasado. Neste memorial enfrontaranse combinados dos equipos locais, Irmandinhos e Braithreachas contra un combinado de Galiza tanto en categoría masculina como feminina. Ademáis este memorial terá un carácter solidarío, posto que todo o recadado nas cantinas vai ser doádo polo clube estradense a “Asociación Española Contra el Cancer”.

Futbol Praia MasculinoPor outra banda directivos de Irmandinhos A Estrada mantiveron o venres pasado unha reunión coa presidenta da Diputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a diputada responsable da área de deportes, Chelo Besada, para presentarlles o “Campeonato de Europa de fútbol gaélico” que se celebrará na vila estradense o vindeiro día 12 de septiembre, no que van a participar equipos chegados de países como Francia (París), Bélgica, Holanda (La haya-Eindhoven e Holland ladies), Luxemburgo, Italia (Pádova) o Alemania (Munich). A eles unense os equipos nacionais que participan no torneo ibérico, as escadras galegas  e  outras como Viena (Austria), amsterdam e máis europeos que aínda están pendientes de confirmación.

Dende Irmandinhos son optimistas polo resultado da reunión na que a Diputación mostrou o seu interes e  disposicón a colaborar có evento europeo dentro das súas posibilidades.

Hoxe martes dirixentes de Irmandinhos A Estrada tamén se reunirán cós responsables das diferentes concellerías do Concello de A Estrada para rematar de ultimar os detalles loxísticos. O torneo obligará a contar con tres ou catro campos de fútbol a súa disposición ao longo de toda a xornada, en función do número de participantes e gostaríalle centralizar o torneo na vila, có fin de que teña a maior repercusión posible para o comercio, a hostelería e o turismo estradense.

Así mesmo o clube xa traballa tamén, igual que fixera durante a organización do “Torneo Ibérico”, en atender os problemas de desplazamentos ata A Estrada, para o que incluso se poderían habilitar autobuses dende o aeroporto de Oporto. Tamén se están xestionando hoteles e casas de turismo rural en A Estrada e Santiago para os equipos interesados.

Para poñerse en contacto con Irmandinhos:

Mail:

irmandinhosgaagz@gmail.com

Facebook:

Irmandinhos A Estrada

Irmandinhas Estrada

Braithreachas A Estrada FG

Twitter:

@Irmandinhos

@Irmandinhas

@Braithreachas FG

Irmandinhos A Estrada

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta