As oficinas da ACOE permanecerán pechadas durante a xornada deste martes e mañá mércores en sinal de loito polo falecemento de David Pedreira Carracedo, tesoreiro da asociación e empresario estradense.
Este mércores os directivos da asociación de empresarios estradense pecharán tamén os seus comercios durantes o enterro.
A ACOE suspende todas as actividades previstas para o día 8, dentro do programa dos sábados e reanudaránse o 22 de agosto.






































