Na tarde hoxe terán lugar as 3 últimas conferencias das I Xornadas pola educación infantil da Estrada que se veñen desenrolando dende o pasado mércores. Data na que se inauguraron oficialmente por Dna. Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social e Igualdade, Emprego e Educación, acompañada de Dna. Mª Esther Martínez, directora do ciclo de conferencias, e de Dna. Francisca Fariña, decana da Facultade de Ciencias da Educación e do Emprego de Vigo.
[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ standard=»http://www.youtube.com/v/MmNWSoSj4z4?fs=1″ vars=»ytid=MmNWSoSj4z4&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=0&autoplay=0&react=0&chapters=&notes=» id=»ep8189″ /]
As conferencias son no Teatro Principal e pode asistir quen o desexe, as desta tarde son as seguintes:
17:00 horas: Comprendendo a mente do neno de 0 a 6 anos: a intelixencia emocional e o apego.
18:30 horas: ¿Por qué os trastornos máis frecuentes son os que afectan á conducta, á ansiedade e á atención na idade infantil?
20:00 horas: Nosos fillos ¿en que mundo crecen?
Para finalizar, ás 21:30 horas, D. José López, Alcalde de A Estrada, realizará a clausura oficial acompañado de Dna. Mª Esther Martínez, directora do ciclo de conferencias.
Gravación e Redacción: Iria Eiras



































