Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?

Valoración PSOE presuposto 2013«Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?» Esta é a pregunta que se formula o PSdeG PSOE de A Estrada tras coñecer os presupostos deste ano. Nesta mañá, José Antonio Dono, acompañado de Belén Louzao e Manuel Otero Espiño, fixo balance dos orzamentos do concello para o 2013.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Tras 2 anos de López Campos na Alcaldía os estradenses perderon poder adquisitivo persoal para financiar os gastos superfluos do Alcalde López Campos e o seu equipo en publicidade, propaganda, festas e actos protocolarios.
Os números do orzamento que o PP da Estrada aprobará para o 2013 amosan que
tras 2 anos na Alcaldía López Campos cobra entre o imposto da contribución
e en taxas por servizos públicos 1,5 millóns de euros máis aos estradenses:

IBI/CONTRIBUCIÓN

2011: 1.210.100 €

2013: 2.631.000 €

Incremento do 2011 ao 2013: 1.420.900 €

TAXAS PRESTACION SERVIZOS PUBLICOS: AUGA, SUMIDOIROS, LIXO, PROTECCION CIVIL

2011: 1.332.900 €

2013: 1.465.000 €

Incremento do 2011 ao 2013: 132.100 €

Incremento Total: 1.553.000 €

No contexto económico actual unha subida de impostos de tal magnitude resulta incomprensible, pero máis difícil de crer resulta que este incremento na recadación anual do Concello se destine a gastos superfluos en lugar de á implementación de medidas de promoción e dinamización económica da Estrada e a incentivar o emprego.
Os gastos correntes en bens e servizos, é dicir gastos de funcionamento do Concello, no orzamento do 2013 increméntanse en 667.000 euros con respecto aos que o goberno do propio López Campos realizou en 2012, e case 1 millón de euros con respecto ao 2011.

COMPRA DE BENS CORRENTES

2011: 4.084.934,99

2012: 4.415.771,80

2013: 5.083.138,00

Incremento do 2011 ao 2012: 330.836,81

Incremento do 2012 ao 2013: 667.366,20

Nesta partida de gastos correntes, en 2013, destacan subidas importantes nos capítulos de material de oficina, prensa alcaldía, suministros de vestiario e outros suministros non definidos; gastos diversos de atencións protocolarias, publicidade e propaganda, así como nas previsións para asistencia a reunións e conferencias.
Destaca tamén, que mentres boa parte das familias da Estrada se preocupan pola falta de emprego, as dificultades para pagar a luz e fan moitos números para chegar a fin de mes, o goberno da Estrada incremente os gastos destinados á Festa do Salmón nun 100 %, ademais de incrementar os destinados á Cabalgata de Reis e as Festas do Entroido, entre outras.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta