A falta de sinalización na zona de carga e descarga do muelle deixa ao profesionais do sector sen espazo para realizar o seu traballo
A falta de planificación e a improvisación como forma de xestión segue a ser a nota que define a actuación do goberno do alcalde José López no que á praza de abastos e ao seu entorno se refire. Son agora os profesionais os que denuncian o caos que se chega a dar ante a imposibilidade de empregar o muelle de carga e descarga posto que a maioría das veces se atopa o espazo destinado a tal fin ocupado por vehículos particulares.
Fai máis dun ano que se realizaron as obras de arranxo do entorno da Praza de Abastos, sen embargo en todo este tempo o goberno municipal non se preocupou de sinalizar. A actual situación conleva malestar nos profesionais do sector véndose culpados dun caos na circulación do que para nada son responsables, así mesmo, tamén xera confusión entre os particulares ao aparcar en zonas nas que non está claro se o poden facer ou non. Este problema increméntase en horario de mañá, sobre todo os mércores e o sábado, coincidindo coas datas de maior funcionamento da Praza de Abastos.
“Os espazos de carga e descarga están sen regular, o que provoca que en múltiples ocasións os provedores teñan que parar os seus camións ou furgonetas na calzada para poder facer o seu traballo cos conseguintes atrancos para a circulación dos restantes vehículos ou parar en zonas prohibidas atendendo ao seu pintado. Así mesmo, os particulares aparcan en espazos nos que non está definido quen os pode empregar. O goberno municipal do alcalde José López preocupouse de impoñer nas rúas a zona azul, sen embargo desentendeuse de regular os outros usos no entorno”
O mercado sabatino tamén está sen sinalizar
A celebración do mercado dos sábados no entorno da Praza de
Abastos fai que a circulación e as posibilidades de aparcar na zona se vexan alteradas, sen embargo no entorno non hai sinalización indicando tal feito. “Cando comezaron as obras, fai un ano, o goberno municipal retirou os sinais do mercado, pero nunca máis as volveu a colocar, polo que dende aquela a zona carece de regulación, coas implicacións que isto podería ter en caso de conflito de circulación”
PSdeG PSOE de A Estrada






































