A urbanización dos terreos disparará os custes da ampliación da Alameda
«Se o alcalde fai unha consulta popular para recoller ideas para ampliación da Alameda, primeiro que faga unha consulta para saber se os veciños e veciñas da Estrada queren ampliala», afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños ante as noticias que recolleron onte na prensa local sobre o inminente inicio da expropiación dos terreos.
«Hai que ter en conta que 1.600.000 euros son só para facerse cos terreos», afirmou Magariños, «e a urbanización disparará os custes dun proxecto de dubidosa utilidade para os veciños e veciñas da Estrada». «O alcalde comete unha grave irresponsabilidade ao querer hipotecar as contas do concello cun proxecto que non ten claro que facer con el nin que contidos vai ter», sinalou o concelleiro nacionalista, «e non é de recibo endosarlle esa
decisión aos veciños e veciñas da Estrada».
O concelleiro nacionalista insistiu en que «o primeiro que ten que facer o alcalde é poñer enriba da mesa os custes reais de todo o proxecto e logo preguntar á cidadanía se lle






































