A recollida, inventario, conservación e difusión do noso patrimonio material e inmaterial foi unha inquedanza constante de Olimpio Arca. O seu inmenso traballo na nosa comarca fixo posÃbel a recuperación e estudo das nosas tradicións, da nosa riqueza arqueolóxica, da historia local, etc… e por iso quixéramos recordar e, tamén, proseguir este labor. Con este fin celebraremos unha mesa redonda o vindeiro* venres 27 de xaneiro ás 20:30 h.* no salón de actos do Museo da Madeira e Móbel (Mome) da Estrada (Av. Benito Vigo, 104). Intervirá neste acto Carme Sánchez ArÃns, Xosé Fuentes Alende, Heitor Picallo e Xosé Manuel Nogueira, que tocarán as diversas dimensións do traballo desenvolto por Olimpio Arca neste ámbito asà como a avaliación da situación actual do patrimonio na nosa comarca e o debate sobre as proposta de actuación.
—



































