Mesa Redonda: Olimpio Arca e o patrimonio da nosa comarca

Cuando:
27 noviembre, 2015 a las 7:30 pm – 8:30 pm
2015-11-27T19:30:00+00:00
2015-11-27T20:30:00+00:00
Donde:
MOME Museo do Moble e da Madeira

A recollida, inventario, conservación e difusión do noso patrimonio material e inmaterial foi unha inquedanza constante de Olimpio Arca. O seu inmenso traballo na nosa comarca fixo posíbel a recuperación e estudo das nosas tradicións, da nosa riqueza arqueolóxica, da historia local, etc… e por iso quixéramos recordar e, tamén, proseguir este labor. Con este fin celebraremos unha mesa redonda o vindeiro* venres 27 de xaneiro ás 20:30 h.* no salón de actos do Museo da Madeira e Móbel (Mome) da Estrada (Av. Benito Vigo, 104). Intervirá neste acto Carme Sánchez Aríns, Xosé Fuentes Alende, Heitor Picallo e Xosé Manuel Nogueira, que tocarán as diversas dimensións do traballo desenvolto por Olimpio Arca neste ámbito así como a avaliación da situación actual do patrimonio na nosa comarca e o debate sobre as proposta de actuación.

—

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta