A compañía de teatro estradense os Tirinautas sobre pasou todas as previsións completando o aforo para as dous pases previstos, para hoxe e mañá ás 21:00 horas, en tan só 24 horas. Esta demanda obrigou a organización a programar un novo pase para o domingo ás 19:00 horas.
Aforo completo tamén para o domingo, haberá un cuarto pase martes 26 ás 21:00 horas. Venda anticipada no Departamento de Cultura do Concello e en Calzados La Esquina, prezo 5€.
O refrán de que «ninguén é profeta na súa terra» non é válido para estes consagrados actores que levan ben alto o nome de A Estrada por Galicia adiante.
Se hai uns anos rachaban con todas as expectativas coa representación de «Ensalada de Mosquito» parece que este novo proxecto, «Xamón Xamón», non se vai quedar atrás e así o suxire a aceptación do público desexoso de ver de novo a compañía en acción.
O guión desta obra é de Xosé Lueiro, pero trátase dunha obra viva, que ao longo dos dous anos que realizaron os ensaios aceptou adaptacións dos propios actores, tantas ideas se lle ocorreron sobre a marcha que ata lles daba para unha nova representación comentan emocionados os actores, que esperan que o público disfrute tanto véndoa como eles interpretándoa.
O elenco está formado por 6 estradenses, Xosé Manuel Rodríguez (Isi), Gonzalo Valcárcel, Chelo do Rejo, Saly Torres, Chus Sánchez, Chelo do Rejo e Xosé Lueiro e un cuntiense, Toño Pena, como bromeaba na presentación Isi «7 apelidos estradenses e 1 de Cuntis».
Na primeira sesión desta noite sortearase co número da entrada un xamón de pata negra, doado para a ocasión pola Carnicería Coto.






































