Archivo de la categoría: Portada
O documental da Rapa das Bestas na rede
O pasado fin de semana, Producciones Trípode, deu a coñecer no Teatro Principal un documental sobre a Rapa das Bestas. A curtametraxe de 18 minutos de duración, non sólo se centra na festa actual senon tamén na historia da mesma … Sigue leyendo
Festa na honra ao seu Patrón en San Xiao de Vea
O día de Reis a parroquia de San Xiao de Vea celebrou a súa festa patronal. Ademáis da tradicional misa cantada e procesión, os máis cativos da parroquia deleitaron aos asistentes cantando un villancico. Redacción e Gravación: Iria Eiras
O partido socialista de A Estrada considera antidemocrática a actitude de López Campos no pleno extraordinario de orzamentos
O Pleno extraordinario do pasado xoves 31 de xaneiro, pleno no que se debatían os Orzamentos Municipais 2013, rematou sendo un exercicio máis de falta de democracia capitaneado polo Sr. Alcalde, José López Campos.. Unha vez máis durante esta lexislatura … Sigue leyendo
O BNG reúnese coa ANPA do Villar Paramá para presentarlle a súa proposta en materia de seguridade vial
Esta proposta que foi ben acollida pola ANPA, é asequíbel e cuxa execución non presenta maior dificultade e en un ou dous meses estas medidas de seguridade deberían estar instaladas. No día de onte, unha representación do BNG da Estrada, encabezada polo seu … Sigue leyendo
Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?
«Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?» Esta é a pregunta que se formula o PSdeG PSOE de A Estrada tras coñecer os presupostos deste ano. Nesta mañá, José Antonio Dono, … Sigue leyendo
O BNG non está en política para aplaudir ao PP e si para buscar o mellor para os veciños e veciñas da Estrada
O pasado venres, Xosé Magariños e Maribel Ruíz en representación do BNG de A Estrada, fixeron a súa valoración aos presupostos do ano 2013. Xosé Magariños, tamen reivindica a prioridade de mellorar a seguridade vial e saneamento na estrada Portela-Souto … Sigue leyendo
Derradeiras Conferencias das I Xornadas pola Educación Infantil da Estrada
Na tarde hoxe terán lugar as 3 últimas conferencias das I Xornadas pola educación infantil da Estrada que se veñen desenrolando dende o pasado mércores. Data na que se inauguraron oficialmente por Dna. Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social e … Sigue leyendo



































