Cuando:
20 abril, 2013 a las 9:00 pm – 10:00 pm
2013-04-20T21:00:00+02:00
2013-04-20T22:00:00+02:00
Donde:
Taberna campo da festa de Couso
Precio:
De Valde

Sábado ás 21.00 na taberna do campo da festa de Couso terá lugar a actuación do contacontos CELSO DE LALÍN, enmarcada dentro do IV ciclo do TELECLUB DA COMEDIA, ciclo de dinamización cultural no rural posto en marcha polo Departamento de
Cultura do Concello.

O repertorio de Celso, está centrado na recuperación do conto tradicional, e na dignificación e actualización do vello oficio de contacontos. Así que a súa actuación é unha forma inmellorable de reencontrarnos cunha parte importante da nosa tradición oral.

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta