Obra de Teatro: «O Mundo segundo Rosalía»

Cuando:
24 febrero, 2013 a las 7:00 pm – 8:00 pm
2013-02-24T19:00:00+01:00
2013-02-24T20:00:00+01:00
Donde:
Teatro Principal
Precio:
De Valde

Con motivo do día de Rosalía (24 de febreiro), coincidindo este ano co 150 aniversario de “Cantares Gallegos”, a Asociación Cultural “Vagalumes” ten previsto realizar un acto o devandito domingo 24, ás 19:00 h. No Teatro Principal da Estrada. A entrada será libre e gratuíta.

Consiste na escenificación dunha obra, «O Mundo segundo Rosalía», baseada nos textos de Rosalía de Castro a cargo do grupo de teatro da Sociedade Cultural “Medulio” de Ferrol. É a nosa intención facerlle unha xusta homenaxe a esta escritora, mais tamén ofrecerlle a oportunidade ao público en xeral de acceder de xeito ameno a súa magnífica obra, lamentabelmente silenciada e acochada como consecuencia de que algúns dos seus textos foran escritos nunha lingua perseguida e negada. Rosalía de Castro é un dos nosos clásicos e como tal merece ser coñecida e desfrutada, especialmente neste ano, o seu poemario “Cantares Gallegos” que revolucionou a nosa historia cultural e que precisamente na súa honra celébrase cada ano o 17 de maio, desde hai 50 no que se conmemorara o centenario da súa publicación.

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta