“OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA” (Produccións Teatrais Excéntricas)

Cuando:
18 marzo, 2016 a las 9:00 pm – 10:30 pm
2016-03-18T21:00:00+01:00
2016-03-18T22:30:00+01:00
Donde:
Teatro Principal
Precio:
a:2:{s:4:"cost";s:4:"3€";s:7:"is_free";b:0;}

DÍA E HORA: VENRES 18 (21.00 h)
EVENTO: “OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA” (Produccións Teatrais Excéntricas)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+14)
DURACIÓN: 90 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o
mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias,
falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando
que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a
dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes.
Este paraíso masculino «estragase» cando aparece en escena a Pousadeira. Ou cando
Jacques e o outro chegan á pousada dela. A Pousadeira é tan falangueira como Jacques
e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres
e os homes sen importarlle moito ser escoitada por tres homes. Si, tres, porque
ademais de Jacques e o seu amo tamen escoita, atentisimo e calado coma un peto, o
marido da Pousadeira.
Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas
mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución,
entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o
enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do
adulterio e a libre circulación de fluidos…en definitiva, sobre os amores. Tamén se
tratarán temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o
roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta