As Asociacións Culturais Verbo Xido e Vagalumes apoian o proxecto de Pepe Sendón e a GalerÃa Dispara de traer á nosa comarca a obra de Hodward Zinn, adaptada e interpretada polo propio Pepe Sendón. A actuación será o dÃa 14 ás 20 horas, no local “Dispara†da vila estradense.
Que nos contarÃa Carlos Marx se puidese volver ao mundo dos vivos apenas por unha hora? O seu corpo leva 130 anos baixo terra. O seu legado, o marxismo, que durante o século XX inspirou movementos polÃticos que se estenderon por todo o planeta, é hoxe unha especie en extinción. Desde a caÃda do Muro de BerlÃn, o comunismo xa non é un factor na actual ecuación dominada polo monoteÃsmo neoliberal. Marx está morto. Ou non está morto?
Hoxe protestamos (como fixo Marx) polas barbaridades do capital financeiro (que Marx denunciou) nesta enésima crise sistémica (que Marx prediciu) causada pola acumulación da riqueza nas mans duns poucos (como Marx formulou) nun mundo convulso (que Marx anticipou). E o curioso é que non sabemos quen foi Marx. Cal foi a súa vida, a súa experiencia, a súa maneira de pensar?
Marx está morto. E continúan a matalo todos os dÃas, porque o seu espÃrito -como aquel espectro sobón que percorrÃa Europa- teima en revivir a cada pouco. Agora din que nunha especie de abdución metafÃsica, o espÃritu de Marx materializouse no corpo dun anónimo cidadán galego bebedor de cervexa.
Será verdade? Que dirá? Cousa boa non, seguro.



































