TELECLUB DA COMEDIA EN STA CRISTINA DE VINSEIRO
Data: Sábado 14 ás 20.00 h
Lugar: Casa Escola de Sta Cristina de Vinseiro
Catalogación: Todos os públicos
Entrada: De balde
Contido: A xira do Teleclub da Comedia aterra na Casa Escola de Sta Cristina de Vinseiro da man de As Lerchas. Un dúo composto polas televisivas Sali Torres e Mari Rivadulla que, coas súas lerias e contos, garantirán unha hora chea de gargalladas.



































