O Polígono Industrial de Toedoincrementará en 162.000 metroscadrados a súa superficie,duplicando a súa capacidade

 Segundo avanzou a conselleira, Ánxeles Vázquez, na súa visita o
obxectivo do goberno autonómico é avanzar nos traballos previos e
na redacción de todos os proxectos necesarios para que en 2025 se
poidan iniciar sobre o terreo as obras de urbanización.
 A partida orzamentaria reservada pola Xunta para este parque en
2024 ascende a preto de 400.000 euros, uns fondos cos que se
financiarán os traballos de redacción de PEOSE e dos proxectos de
urbanización e expropiación necesarios para acometer a ampliación.
 O alcalde, José López, sinalou que “esta é unha magnífica nova para
o noso municipio, posto que coa ampliación do parque empresarial
gañaremos unha gran capacidade á hora de atraer a novos proxectos
empresariais á Estrada”.

A Xunta de Galicia ten previsto
adxudicar a próxima semana a redacción do Plan de ordenación de solo
empresarial e do proxecto de urbanización para a ampliación do polígono de
Toedo, que aumentará en 162.000 metros cadrados a súa superficie,
duplicando así a súa capacidade.
Así o anunciou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente,
Ánxeles Vázquez, que durante esta mañá realizou unha visita xunto ao
Concello da Estrada acompañada polo delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, Agustín Reguera.
Durante a visita, o alcalde da Estrada, José López Campos, agradeceu o
"compromiso" da Xunta co proxecto de ampliación do polígono de Toedo. O
rexedor sinalou que se trata dunha "actuación histórica" coa que se converterá
A Estrada nun catalizador para o asentamento de novas empresas e a xeración
de máis postos de traballo.
Segundo indicou o rexedor “esta é unha magnífica nova para o noso municipio,
posto que coa ampliación do parque empresarial gañaremos unha gran
capacidade á hora de atraer a novos proxectos empresariais á Estrada,

incrementando así novos postos de traballo e mellorando a economía en toda a
comarca”.
López Campos apuntou que ao proceso de aumento da superficie do parque
industrial hai que sumar, ademais, a próxima disposición da autovía AG-59, que
unirá Santiago e A Estrada de balde e garantirá a conexión entre ambos os
lugares en dez minutos. O primeiro edil incidiu en que esta novidade será "un
novo aliciente para que novas compañías e firmas decidan situarse na Estrada
A conselleira, pola súa banda, puntualizou que “o obxectivo é avanzar nos
traballos previos e na redacción de todos os proxectos necesarios para que en
2025 se poidan iniciar sobre o terreo as obras de urbanización”.
O crecemento do polígono empresarial de Toedo está previsto na segunda
modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia,
que impulsa a Xunta de Galicia.
A partida orzamentaria reservada pola entidade autonómica para este parque
en 2024 ascende a preto de 400.000 euros, uns fondos cos que se financiarán
os traballos de redacción de PEOSE e dos proxectos de urbanización e
expropiación necesarios para acometer a ampliación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acolle a exposición itinerante“A Camelia, flor das galegas e galegos”

● A exposición, de carácter itinerante, tivo hoxe a súa inauguración na
Praza do Concello de A Estrada, ás 12 horas e poderá visitarse ata o 15
de novembro.
● A praza do Concello acolleu, hoxe, a inauguración, nun acto no que
participou o edil de Cultura, Juan Constenla, e estará dispoñible ata o 15
de novembro.
● A mostra recolle diversos tótems con fotografías e información sobre
esta especie e a súa presencia en ámbitos como a cultura, as artes ou a
gastronomía.

O Concello da Estrada acolle a
exposición itinerante, “A Camelia, flor das galegas e galegos”, que foi
inaugurada, hoxe, na praza do Concello e estará dispoñible ata o 15 de
novembro, nun acto no que participou o edil de Cultura, Juan Constenla.
O percorrido mostrario leva aos visitantes a diversos tótems con fotografías e
información, así como a unha caseta de información central. A mostra conta,
así mesmo, con varias macetas de gran formato con árbores de camelias
naturais de distintas variedades.
Os tótems ou cubículos colocados nas rúas estradenses recompilan
información sobre unha flor moi presente en Galicia pero “pouco valorada”, tal e
como se sinala desde a Sociedade Española da Camelia, quen organiza a
exposición en colaboración da Deputación de Pontevedra e a International
Camellia Society e baixo a produción de Grupo Norte Eventos.
As fotografías de figuras galegas ilustres xunto coa peculiar flor encabezan os
textos, facendo o paseo visualmente atractivo. Ao longo do itinerario,
poderanse atopar as imaxes de José María Fonseca Moretón, Xabier Fortes,
Elena Ferro, Rita Vidal Mouriño, Susi Acuña, Iñaki Bretal, Manuel Doval, Judith
Rodríguez ou Michel Touriño.

Galería:


Por outra banda, exponse información sobre a Ruta da Camelia de Galicia, con
datos sobre xardíns emblemáticos da provincia de Pontevedra.
Ademais, baixo o título “Sabías que…?” algúns paneis achegan curiosidades
específicas sobre as camelias en ámbitos como a súa orixe, a historia, os
coidados que precisan, o seu uso na gastronomía, nas artes, etc.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A organización xuvenil Galiza Nova organiza unha palestra sobre a historia do colectivo LGBT+ en Galiza no MOME (A Estrada)

A organización xuvenil Galiza Nova organiza unha palestra sobre a historia do colectivo LGBT+ en Galiza no MOME (A Estrada) o próximo venres, día 10 de novembro. Conta como poñente con Daniela Ferrández, doutora en Historia contemporánea e membro da Rede Galega de Estudos Queer e do espazo de pensamento crítico galego Clara Corbelle. Daniela Ferrández centrou parte da súa labor investigadura en recuperar a memoria da disidencia sexual e de xénero na Galiza dos últimos cento cincuenta anos, publicando o ano pasado a obra A Defunción dos sexos, a cal levou o premio Follas Novas 2023. Na charla abordarase esta mesma cuestión coa intención de reivindicar a memoria e historia dun colectivo oprimido e cunha historia acostumou a invisibilizarse chegando en moitas ocasións a negar a súa existencia en tempos pasados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Inauguración da mostra itinerante ‘Camelia: A flor das galegas e dos galegos’, que estará na Estrada ata o vindeiro 15 de novembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOCIONA A PROVINCIACUN STAND PROPIO ENTRE O 1 E O 3 DE NOVEMBRO EN FAIRWAY

Participará xunto con outros 110 expositores no V Fórum do Camiño de Santiago que
terá lugar en Compostela. Trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel

internacional centrada no fenómeno xacobeo

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na súa estratexia de promoción turística coa
participación, entre o 1 e o 3 de novembro en Fairway. O V Fórum do Camiño de Santiago
terá lugar en Compostela e trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel
internacional centrada no fenómeno xacobeo. “Temos moi claro que para que esta provincia
vaia a máis é unha obriga apostar por este Itinerario Cultural Europeo, polo Camiño de
Santiago, e polas seis rutas oficias que atravesan a provincia cara Compostela”, remarcou a
deputada de Turismo Nava Castro ao detallar que a institución provincial terá unha
participación activa no evento a través dun stand propio.
No stand da Deputación, tal e como explicou Nava Castro, distribuiranse entre o 1 e o 3 de
novembro preto de 3.500 materiais informativos en castelán e inglés centrados nas rutas que
atravesan a provincia cara Compostela, así como nos atractivos naturais, culturais,
patrimoniais e gastronómicos de Pontevedra. Tamén haberá folletos sobre o Mosteiro de
Armenteira e a Ruta das Camelias, sobre elementos de arquitectura contemporánea e
propostas de rutas, experiencias e rutas en moto que se poden realizar na provincia.
Ademais, tal e como remarcou Nava Castro, “queremos facer tamén fincapé na diversidade
de Itinerarios Culturais Europeos que atravesan a provincia entre os que se atopan, xunto ao
Camiño de Santiago, o Gran Itinerario Cultural de VIkingos e Normandos, a Ruta europea das
Abadías Cistercienses, os Camiños da Arte Rupestre Prehistórica, a Ruta dos Fenicios e a
Ruta Europea dos Xardíns Históricos”.
Fairway contará na súa quinta edición coa participación de máis de 110 expositores. Ademais,
completa o fórum un congreso no que se debaterá sobre “Veciños, turistas e peregrinos,
condenados a entenderse”, “Taxa turística. Alea jacta est”, “Rutas e Camiños no mundo. O
fenómeno das peregrinacións máis alá das nosas fronteiras” e a “Xestión da seguridade e
hixiene no Caiño de Santiago. Houston, temos un problema”. Haberá tamén unha “Academy”
que afondará nas “Técnicas de atracción e conversión de tráfico para competir coas OTAS”,
“Intelixencia artificial ao servizo do viaxeiro, realidades para aproveitar o potencial das
máquinas”, “Whatsapp, marketing e comunicación instantánea. A intelixencia artificial no
proceso de interacción entre aloxamento e viaxeiro”, “Tik Tok como ferramenta de xeración de
reservas”, “YouTubers, Bloggers, TikTokers e Instagrammers. Estarse a facer algo ben á hora

de captar a atención do público?”, “Nómadas dixitais: un mercado internacional para o
Camiño de Santiago” e “Economía circular. Sumamos un grao á sostibilidade”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada avanza na súa programacióncultural con dúas actividades no Principal

● O xoves 2 e o venres 3 o Teatro principal de A Estrada acollerá os
espectáculos de The Great Greta e o Parlatorio con Quico Cadaval

 

O Teatro Principal de A Estrada acollerá
esta semana dúas novas actividades enmarcadas na programación cultural de
outono.
O xoves, días 2, sobre o escenario do Teatro Principal, ás 20:30 horas,
iniciarase a sección de Parlatorios de outono, cun artista moi singular da
escena galega, Quico Cadaval, que a través do seu compromiso coa realidade
social e cultural galega, trasladará ao público moitos aspectos da súa
traxectoria artística.
A ponencia, cunha duración de 60 minutos, será de balde, e os convites xa
poden recollerse no Departamento Cultural do Concello de A Estrada.
O venres, ás 21:00 horas, dará comezo o espectáculo multidisciplinar The
Great Greta que combina danza, humor e circo, rompendo os esquemas
actuais. A peculiar protagonista, envolta nunha escenografía única e singular,
logrará cautivar a toda clase de público.
As entradas terán un prezo de 5 euros e poderán recollerse de xeito anticipado
no Departamento Cultural do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O proxecto Encontro Mozo leva aoconcello as propostas da mocidade Estradense

 A iniciativa, posta en marcha pola Asociación Arousa Moza en distintos
concellos, busca poñer en valor as necesidades e propostas de mellora
da mocidade estradense, guiada pola Asociación Xuvenil Imaxina e
Axuda
 A edil, Amalia Goldar, e o concelleiro Alberto Blanco, mantiveron unha
xuntanza na sala de xuntas con representantes do colectivo arousán.

 sala de xuntas do Concello da Estrada
acolleu unha xuntanza entre representantes da Asociación Arousa Moza xunto
cos concelleiros Amalia Goldar e Alberto Blanco.
O proxecto busca poñer en valor as necesidades e propostas de mellora dos
mozos estradenses. A través del, mozos e mozas, guiados polos membros da
Asociación Xuvenil Imaxina e Axuda, poderán tratar as súas inquietudes cos
representantes do Concello da Estrada.
O obxectivo principal da iniciativa consiste en poñer en práctica estratexias e
ferramentas de cooperación coas institucións coa finalidade de acadar ser
escoitadas as súas demandas para aumentar a participación xuvenil nas
comunidades locais e promover a creación de organizacións xuvenís.
Para iso desenvólvense encontros cos mozos do Concello, do IES Antón
Losada e o IES nº1 no caso da Estrada, e posteriormente, encontros con
representantes institucionais municipais para finalmente levar a cabo unha
conferencia final con membros da Xunta da Galicia.
Deste xeito, o de 18 de novembro terá lugar un encontro coa mocidade
estradense para preparar a reunión cos representantes do Concello, a cal
previsiblemente se celebrará no mes de decembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario