Os rapaces da estación organizaron unha tarde de actividades




Desde a casa da mocidade de Oleiros viñeron 12 cativos e 2 monitores "as pedras" Chegaron ás 3 da tarde e rematarón a última hora. Os rapaces da estación organizaron unha tarde de actividades con: voluntariado (pintando a praza da estación), jugger, nerf, videoxogos, graffiti Un intercambio entre mozos para vivir realidades diferentes e valorar o liderado dos nosos mozos como anfitrións Foi un éxito e tanto monitores como mozos crearon vínculos de colaboración que nos farán repetir a experiencia máis veces. 15 dos nosos rapaces Estradenses viñeron a preparar as actividades
Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Luna presenta No Pazo de San Roque o seu libro sobre a escritora Avelina Valladares

O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acollía onte ás 19.30 horas a presentación do libro Ond’o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra da Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, de autoría de Xosé Luna e publicado por Edicións Fervenza.

En dito acto, o autor estivo acompañado polas mestras Noni Araújo, Begoña Porto e Charo Golmar, así como  o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. Así mesmo, contouse co acompañamento musical da Coral Polifónica de Berres e Maoele de Felisa.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta construirá un centro ictioxénico no Xirimbao a poucos quilómetros doutro abandonado

Susana Camba: «a Xunta de Manuel Fraga construíu un centro ictioxénico que custou 600.000 euros e que nunca chegou a funcionar, nunca se puxo en marcha, e o que é peor, acabou sendo desmantelado polos amigos do alleo»

A Xunta acaba de lanzar o Proxecto Mil Ríos para mellorar un total de 470 quilómetros de 50 cursos fluviais, entre eles o do Ulla. Desde o BNG a concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que «a iniciativa da administración autonómica ten aspectos positivos que permitirán restaurar os nosos ríos, incrementar a biodiversidade e sobre todo, eliminar especies invasoras das marxes dos ríos».

«Sen embargo, hai algo que nos preocupa», afirmou, «a Xunta prevé a construción dun centro ictioxénico no Xirimbao, en Couso». «Temos que recordar», explica a concelleira, «que nesta mesma parroquia, a poucos quilómetros, a Xunta de Manuel Fraga construíu un centro ictioxénico que custou 600.000 euros e que nunca chegou a funcionar, nunca se puxo en marcha, e o que é peor, acabou sendo desmantelado polos amigos do alleo».

A concelleira do BNG, Susana Camba, engadiu que «a idea é boa e seguramente a intención tamén, mais o que non pode ser é volver a tirar nunha silveira miles de euros, construír un parapeto para logo quedar en desuso até que acabou desmantelado. En Couso xa había un centro ictioxénico que custou miles de euros que nunca funcionou, agora non pode pasar o mesmo». «Non están os tempos para tirar cos cartos», afirma. «A Xunta ten que dar garantías de que se poñerá en marcha este proxecto, os ánimos dos veciños e veciñas non están para que se tiren novamente os cartos de todos e todas».

«Por outra parte», engade a concelleira, «o lóxico sería que a Xunta reaproveite o espazo do vello centro ictioxénico para construír o novo, mais se polas circunstancias técnicas que sexa este non  serve, a administración autonómica ten que limpar e eliminar os restos do centro antigo, algo que encaixa na filosofía do Proxecto Mil Rios».

Publicado en Portada | Deja un comentario

FESTIVAL DE MÚSICA NO CAMIÑO

O Tenente alcalde Juán Constenla presenta o Festival Música no Camiño, este próximo sábado día 26 de marzo a iso das
18.00 h, no Teatro Principal, levarase a cabo o primeiro FESTIVAL
DE MÚSICA NO CAMIÑO, un encontro de agrupacións de música
tradicional, chegadas de varios puntos de Galicia que converterán a
nosa vila na capital galega do acordeón.
Como non podía ser doutro xeito, será a agrupación local dos
LÓSTREGOS a encargada de apadriñar e organizar este certame que
conta nesta primeira edición con grupos chegados de Lugo, Meaño e
Poio; ademais da participación dos Lóstregos, quen actuará
acompañados pola fermosa voz de Marietta.
Desde o Concello, queremos animar á veciñanza, a que se achegue ao
Teatro e poida apoiar unha iniciativa tan necesaria para esquecer,
aínda que sexa por un momento, estes tempos de tanta incertidume e
preocupación a nivel social que sufrimos.
Sempre é bonito ver xurdir unha iniciativa deste tipo. Así que todos os
veciños e veciñas, afeccionadas ao mundo do acordeón, poderán
recoller as súas entradas no departamento de Cultura a partir do
vindeiro luns día 21 e desfrutar dun evento que máis alá de apoiar a
música tradicional, tamén serve para poñer en valor a ruta xacobe ao
seu paso pola vila.

Publicado en Portada | Deja un comentario

El Pleno de A Estrada aprobará definitivamente los Presupuestos el próximo viernes

 
El Gobierno local ha convocado un Pleno extraordinario para el próximo viernes para la aprobación definitiva de los Presupuestos de 2022 y poder así formalizar la operación de préstamo que está vinculada a las cuentas. El alcalde, José López, anunció la desestimación de la única reclamación que recibió el documento económico.
El mandatario estradense subrayó que «tramitamos con bastante urxencia o Orzamento porque leva vinculado unha operación de préstamo do que dependen varios documentos importantísimos». Y es que, tal y como recordó López, a esos 4,5 millones de euros están vinculados proyectos que se desarrollarán tanto en el presente ejercicio como en los próximos años. Entre ese dinero, 340.000 euros se destinarán a cofinanciar «a parte da Edusi que nos queda por xestionar, en torno a un 30%», como la puesta en valor del Camiño da Geira e dos Arrieiros y el Camiño Miñoto o la construcción del edificio destinado a las actividades del sector primario. Asimismo, «temos tamén vinculada ao préstamo», concretó el regidor, la traida de aguas de Tabeirós y Nigoi, la construcción de las pistas de atletismo y del módulo deportivo y el programa de asfaltado del rural. Asimismo, se reservarán 1.253.000 euros para la financiación de proyectos europeos, entre los que se encuentran el parque de viviendas de alquiler y la reforma integral de la estación de autobuses.
Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO APOSTA POR CREAR UN PARQUE DE VIVENDA
MUNICIPAL APROVEITANDO EDIFICIOS E VIVENDAS BALEIRAS

Luis López Bueno valorou a intención do goberno municipal
de construír vivenda pública municipal como “precipitado” e considera moito
máis operativo e barato destinar os fondos europeos que canaliza o
Instituto Galego de Vivenda e Solo para “poñer no mercado o inmenso
parque de vivenda que temos nas parroquias e rehabilitar os edificios
baleiros xa construídos no casco urbano”.
López Bueno coincide na necesidade de aumentar a oferta de vivenda
dispoñible para moderar os prezos de venda e as rendas de alugueiro, pero
valora que construír vivenda municipal nova “é comezar a casa polo
tellado”.
Non ve unha estratexia ben pensada na proposta utilizar recursos
municipais en construír nova vivenda no casco urbano. Considera que “a
construción de nova vivenda protexida correspóndelle directamente ao
IGVS, sen que os veciños e veciñas teñamos que poñer nin un só euro do
noso peto” e ademais valora que o actual parque de vivenda baleira “é máis
que suficiente” para atender a demanda. Polo tanto, entende que o
necesario é poñer esas vivendas no mercado inmobiliario utilizando os
fondos europeos, e así “darlle vida ás parroquias e á vila”.
Ao mesmo tempo, ve “vergoñento” que a a Xunta pasara de construír máis
de 3.500 vivendas ao ano en 2007 a tan só 300 no 2021. Pensa que a
mellor maneira de defender os intereses dos veciños e veciñas é conseguir
a inversión directa do IGVS e que a Xunta volva ao nivel de construción de
2007-2010.
Nese sentido, considera que o alcalde tivo que retractarse das súas
declaracións no pleno ordinario de febreiro, onde criticou “con toda a
vehemencia” a construción dun parque de vivenda municipal. Manifestou
que o alcalde tivo que asumir que “as nosas propostas eran acertadas hai
tres anos e agora tamén”. López Bueno ve “poucos principios” en López
Campos, aseverou que lle parece lexítimo defender unha postura política,
pero que non parece razoable que unha enquisa do PP “cambie
radicalmente a postura dun político. A coherencia debe ser indiscutible”.
Aínda así, o portavoz socialista ve en aumentar o parque de vivenda unha
medida insuficiente se non vén acompañada doutras actuacións que fagan A
Estrada atractiva para vivir. Nese sentido aposta por “non esperar á Xunta
nin un minuto máis” e chegar a acordos con Zona Franca de Vigo e Suelo
Empresarial del Atlántico para investir recursos no Polígono Industrial de
Toedo. “É a única maneira de xerar emprego e atallar a crise demográfica,

se hai traballo hai veciños” asegura. Ademais valora que “Zona Franca
investiu 60 millóns de euros na Provincia de Pontevedra para
desenvolvementos industriais e o alcalde nin sequera chamou a esta
entidade”.
Tamén chama a que a Xunta decida iniciar a ampliación da AG-59 “dunha
vez”. Agarda que o relevo de Feijóo como presidente da Xunta “desencalle”
ese proxecto que leva anos figurando no orzamento “sen que se execute nin
un só euro” pola falta de compromiso da presidencia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O cómico e presentador Roberto Vilar abre o
venres 18 o ciclo Parladoiros no Teatro Principal

• As entradas para estes eventos son de balde, pero é preciso recoller as
invitacións previamente no Departamento de Cultura
• Os politólogos e profesores universitarios Miguel Anxo Bastos e Antón
Losada, a cantante e compositora Guadi Galego e o cómico e actor Xosé A.
Touriñán completarán o ciclo na programación cultural do primeiro semestre

O concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, e
a xornalista Marga Pazos ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para presentar o
novidoso ciclo Parladoiros, que traerá nos vindeiros meses ao escenario do Teatro
Principal a persoeiros como o cómico e presentador de televisión Roberto Vilar, os
politólogos e profesores universitarios Miguel Anxo Bastos e Antón Losada, a cantante e
compositora Guadi Galego e o cómico e actor Xosé A. Touriñán.
Juan Constenla explicou que “este ciclo Parladoiros forma parte da programación cultural
deseñada especialmente para conmemorar a celebración do 75º aniversario do Teatro
Principal” e sinalou que as entradas son de balde, pero é preciso retirar previamente as
invitacións no Departamento de Cultura.
En canto á programación, Constenla indicou que o primeiro dos Parladoiros terá lugar o
venres 18 de marzo a partires das 21.00 horas e terá como protagonista a Roberto Vilar,
“un dos rostros máis populares e coñecidos da Televisión de Galicia”. Con posterioridade,
o mércores 30 de marzo chegará o Parladoiro con Miguel Anxo Bastos e Antón Losada
para analizar a actualidade rexional, nacional e internacional. En abril, o día 21 a
protagonista será a cantante Guadi Galego e en maio, o día 5, o actor e cómico Xosé A.
Touriñán.
Pola súa parte, a xornalista Marga Pazos, que actuará como presentadora e coordinadora
dos Parladoiros, manifestou que “como a propia palabra indica, serán actos de conversa e
espazos de conversa”. “Queremos que sexa un formato novo, incluso para nós difícil de
etiquetar, porque vai haber monólogos, humor, debate, música en vivo, vídeos, xogos,
preguntas, interacción co público, moito diálogo e pode que ata certa dose de
improvisación”, engadiu.
“A pretensión é que cada evento sexa diferente. Desde wecom, como promotores desta
proposta xunto co Concello da Estrada, tentamos deseñar un programa distinto para cada
unha das datas, porque cremos que non ten sentido replicar a mesma fórmula se os
convidados son tan variados como os que van vir. Queremos que cada vez que os
estradenses e as estradenses veñan a un Parladoiro teñan a sensación de estar vivindo
algo novo, algo diferente”, subliñou Marga Pazos.
“Ademais dun formato distinto, é evidente que o gran aliciente dos Parladoiros son os
propios convidados, que virán á Estrada a, en certa medida, espirse diante do público como
nunca o fixeron”, apuntou a presentadora, quen lles agradeceu “a súa disposición
inmediata a vir á Estrada en canto se lles propuso”.

Publicado en Portada | Deja un comentario