A XUNTA CONCEDE NOVAS AXUDAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE A SEIS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas axudas correspondente á segunda ampliación de crédito da convocatoria da Xunta para promover a igualdade entre os concellos galegos. Grazas a este segundo incremento, a Administración autonómica vén de conceder novas axudas a seis concellos da área. En concreto, recibirán financiamento para programas de conciliación A Estrada, Ribadumia, Tui, Ponte Caldelas e Vilanova de Arousa; e para promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, Pontevedra e Ponte Caldelas. En total, case 66.000 euros máis en axudas para a área.

 

Dentro da colaboración fluída cos concellos, a Xunta ampliou en dúas ocasións a convocatoria para promover a igualdade, facendo especial fincapé nas axuda á conciliación, que son unha das máis demandadas.

 

En concreto, esta convocatoria de axudas conta con catro liñas: as xa mencionadas axudas á conciliación e á promoción da igualdade, que se suman ao financiamento dos Centros de Información á Muller (CIM) e á de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

 

En total, tras as dúas ampliacións, na provincia resultaron beneficiarias destas axudas un total de 53 concellos cun orzamento de preto 1,6 millóns de euros euros.

 

Así, en toda a provincia reciben axudas á concilación 21 concellos: Cerdedo-Cotobade, Arbo, Cuntis, Pontecesures, Redondela, Silleda, Valga, Catoira, Neves, Meis, Vigo, Soutomaior, Forcarei, A Cañiza, A Estrada, Ribadumia, Tui, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Cangas e Moaña. Ademais, outros 23 reciben subvencións para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Cuntis, O Grove, A Guarda, Moaña, Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Soutomaior Tomiño, Tui, Vigo, Vilanova de Arousa, Ponte Caldelas,  Pontevedra, Gondomar, Mos e Pazos de Borbén). Tamén resultaron beneficiarios os 27 Centros de Información á Muller que hai na provincia. E, finalmente, 19 concellos da provincia (Cerdedo-Cotobade, Arbo, Campo Lameiro, Catoira, Covelo, Cuntis, A Guarda, Meis, Mondariz, Moraña, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas, Pontecesures, Rodeiro, O Rosal e Silleda) recibiron axudas a través do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade.

 

 

A Xunta destina en toda Galicia a esta convocatoria máis de 6,6 millóns de euros, o que supón 1,3 millóns de euros máis do que se investiu para este mesmo fin en 2019. Ademais, e tamén destinada aos concellos, a Xunta investiu este ano 1,4 millóns de euros nas axudas para o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, tamén ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Por tanto, a colaboración do Goberno galego cos concellos galegos ascende a 8 millóns de euros.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde ten secuestrada a moción do BNG sobre o tráfico pesado no val de Vea

Susana Camba: “Deixar nun caixón a moción do BNG durante case un ano é un desprezo aos veciños e veciñas de Vea que sofren as consecuencias, non ao BNG”

En setembro de 2019 o BNG da Estrada presentou unha moción sobre o elevado volume de tráfico pesado que se rexistra na EP-8401 e as consecuencias que isto ten sobre a vida dos veciños e veciñas que viven ao pé desta estrada da Deputación de Pontevedra.

Segundo explicou a concelleira do BNG, “a día de hoxe o goberno de López aínda non a levou a pleno, o que demostra o pouco aprecio que ten o PP polos veciños e veciñas de Vea; non é de recibo que unha moción que se rexistra en setembro de 2019 aínda hoxe non pasara polo pleno para para o seu debate”.

A concelleira do BNG, Susana Camba, indicou “que somos conscientes de que a aprobación desta moción non vai solucionar o elevado volume de vehículos pesados que utilizan a diario este vial, mais o concello, como administración máis próxima aos veciños e veciñas, debe dar un toque de atención ás administracións competentes, en primeiro lugar a Deputación de Pontevedra, como titular da Estrada, mais tamén a Xunta e o Estado”.

“No BNG entendemos que este volume de tráfico pesado obedece ás abusivas peaxes da AP-9”, engadiu Susana Camba, “que empuxan aos transportistas a usar as vias secundarias para esquivar a estafa de AUDASA.”

“Por enriba”, explica a concelleira nacionalista “estamos a falar dun vial que atravesa as parroquias de Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea e Couso, que é estreito, sen beiravías, sen carrís lentos, con curvas perigosas, nas que xa se rexistraron accidentes que colapsaron por completo o vial; é dicir, non está preparado para acoller un elevado volume de tráfico pesado”.

A concelleira do BNG insta ao alcalde a “mostrar un mínimo de empatía cos veciños e veciñas do val de Vea, porque deixar nun caixón a moción do BNG é un desprezo aos veciños e veciñas, non á nosa organización”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 Clausura do XI Campus Deportivo de Verán do mes de Xullo

 Clausura do XI Campus Deportivo de Verán do mes de xullo.
As duas quendas deste mes completaron as suas prazas (70 por quenda) e tendo en conta os participantes que repetiron duas quendas, contamos con un total de 110 nenos e nenas neste mes de xullo. 
O Concello  finaliza esta quenda do mes de xullo no XI Campus Deportivo de Verán, con esta foto de familia felicitando @s nen@s polo seu comportamento e @s monitores polo seu traballo dentro da situación ca que empezamos esta actividade o día 1 de xullo.

Os nosos agradecementos a #inversiaseguros pola sua colaboración nesta edición do campus deportiva.
Dende este luns día 3, comeza a terceira quenda, primeira do mes de agosto, na que ainda queda algunha praza libre. Para a 4ª quenda do 17 o 31 de agosto hai prazas vacantes.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE CHAMA Á CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN VECIÑAL PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA NA RÚA FERMÍN BOUZA BREY

O PSOE está preocupado polos problemas de convivencia
que se veñen producindo nas últimas semanas na rúa Fermín Bouza Brey.
López Bueno explica que “non se trata dun problema xeral, é unha
unidade de convivencia” e que os problemas derivan de “ruídos ata altas
horas da madrugada, uso da máscara, vertidos na rúa…”.
López Bueno asegura que “os ánimos entre os veciños están moi
crispados” e considera fundamental intentar unha negociación cos
inquilinos para “buscar unha solución acordada antes de que se enquisten
máis os problemas persoais”. Para iso, o propio voceiro municipal ofrécese
como mediador e intentar “acordar unha solución duradeira” a pesar de
que agora mesmo as circunstancias para falar non son as mellores.
O voceiro socialista valora os esforzos que fixeron os veciños por resolver
a situación e responsabiliza ao goberno local de poñerse de perfil neste
asunto, “non escoitamos ao alcalde falar destes problemas de
convivencia”. Ademais, considera que se existira vixilancia nocturna sería
máis complicado que se produciran este tipo de comportamentos,
responsabilizando ao goberno municipal da supresión da quenda de noite
“faltan policías locais para asumir ese turno e as súas condicións laborais
son das peores de Galicia”.
López Bueno tamén cre que o goberno municipal debe buscar apoio
puntual para resolver estes problemas “o teléfono da Subdelegada do
Goberno sempre está aberto para facerlle solicitudes, o alcalde podería
pedir vixilancia da Garda Civil ou da Policía Nacional de forma puntual,
como acontecía durante o estado de alarma” e asegura que “nin sequera a
Garda Civil recibiu comunicación de ningún tipo por parte do Concello”.
O líder socialista considera que se non hai acordo ou se se reiteran os
comportamentos incívicos si que se deben iniciar “actuacións máis
severas” e botar man de “todos os medios que ofrece a lei”. Aínda así, os
socialistas esperan que “non haxa que chegar tan lonxe”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada: sete meses sen orzamentos municipais

Susana Camba: “O alcalde ten que tomar medidas; se o concelleiro de facenda non fai o seu traballo terá que cesalo; o éxito da Comisión para o Reto Demográfico tamén depende de se temos ou non orzamentos municipais”.

 
A concelleira do BNG, Susana Camba, trasladou no día de onte as propostas da organización nacionalista á Comisión para o Reto Demográfico creada na Estrada para combater o despoboamento e a crise demográfica que vive o concello.

A concelleira nacionalista, que votou a favor da posta en marcha desta comisión, tamén criticou que “o goberno municipal do PP vén a esta comisión sen os deberes feitos, xa que a día de hoxe non hai orzamentos do concello para este ano 2020, do que xa van alá 7 meses”.

Para a concelleira nacionalista “é un absoluto despropósito, e é especialmente grave que, no contexto de crise económica provocada pola pandemia do Covid-19, que o goberno municipal non teña as contas deste ano aprobadas”. “Fomos á comisión para o reto demográfico con afán construtivo, levando as nosas propostas”, indicou a concelleira do BNG, “mais tamén para poñer sobre a mesa as consecuencias da falta de orzamentos para este ano”.

“Ter orzamentos é clave se queremos que sirva para algo a Comisión para o Reto Demográfico xa que deste foro emanarán as propostas que sirvan para cambiar o declive demográfico do concello”, afirmou a concelleira nacionalista. “A comisión non é un adorno para a galería como as cestas ‘baby box’ do PP”, afirmou.

A concelleira do BNG, Susana Camba, instou ao alcalde a tomar medidas, “López ten unha maioría absolutísima para sacar os orzamentos sen problema, e se precisa cambiar o concelleiro de facenda porque non fai o seu traballo terá que facelo; as concellarías son delegacións do alcalde, que ten todas as competencias, é a responsabilidade do alcalde sacar os orzamentos.”

“Por outra parte”, recordou a concelleira do BNG, “o concelleiro de facenda ten unha dedicación parcial, cobra do concello, e entre as súas tarefas está a de elaborar os orzamentos”. “Insistimos”, engadiu Susana  Camba, “o alcalde ten que actuar, non pode ficar cos brazos en cruz como fai con todo, agardando que o tempo solucione os problemas, mais o tempo non os soluciona, se non que os agrava e así temos os viais, a depuración de augas, a recollida do lixo, etc; en definitiva, o éxito da comisión para o reto demográfico tamén depende de se o concello ten ou non orzamentos”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

En setembro, comezará a quinta edición do curso Camiños de coñecemento

Sempre que a situación sanitaria o permita, o vindeiro 9 de setembro, na sala Mome, comezará unha nova edición do programa Camiños de Coñecemento, un curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixido a persoas maiores de 50 anos.

O curso ofertará un máximo de 18 prazas por mor do protocolo COVID 19 establecido nos espazos culturais da vila, e as prazas serán outorgadas por orde de inscrición.

A programación deste ano inclúe as seguintes materias:

 

09/09/2020  16:30-18:00 h A Universidade de Santiago na Historia de Galicia. Prof. Anxo Rodríguez Lemos. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

10/09/2020 16:30-18:00 h Introdución á criminoloxía. A criminoloxía e a política criminal. Prof.ª  Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

11/09/2020 16:30-18:00 h Obradoiro práctico a análise dunha “huella dactilar”. Prof.ª Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

14/09/2020 16:30-18:00 h Seminario Teatro. A construción do personaxe. Prof.ª. Beatriz Porrúa Refojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

15/09/2020 16:30-18:00 h Obradoiro práctico de teatro. Prof.ª Beatriz Porrúa Refojo. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

18/09/2020  (horario por confirmar) Visita ao patrimonio da Universidade de Santiago. Prof. Anxo Rodríguez Lemos. Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo (USC)

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE APLAUDE A NOVA RESIDENCIA E INSTA A LÓPEZ CAMPOS A CONSEGUIR UNHA “DE INICIATIVA PÚBLICA”

O PSOE valora como “unha boa nova” a chegada da
Residencia Amboage á Estrada “por varios motivos”. Para Luis López Bueno,
“hai tres elementos que nos fan apoiar a nova residencia: cubre unha parte
da demanda de prazas en residencias de maiores, xerará emprego e
dinamización económica, e será construída por unha empresa local”.
O voceiro socialista opina que “estas 120 prazas novas son 3 veces máis
das que hai dispoñibles agora, é un salto moi importante” e valora
positivamente que o Concello busque acordos para conseguir prazas
concertadas e traer aos maiores da Estrada para ao novo centro, aínda que
considera que o aumento de prazas “non será suficiente, é un salto
importante pero débense crear máis aínda”.
López Bueno tamén pensa que López Campos peca de “afán de
protagonismo” e non se explica unha presentación tan “politizada”. “Trátase
dunha iniciativa privada: hai unha empresa protagonista que explotará a
residencia, hai unha promotora – construtora local que vai facer realidade
as instalacións, e o Concello unicamente apoia pero sen un papel moi
concreto. De momento, o seu mérito é pouco”.
O líder socialista aféalle ao Goberno local que intente sacar rendemento das
promocións privadas, “igual que pasa co proxecto de Bogaris e Mercadona.
O traballo do Concello neses proxectos é técnico e administrativo, e teno
que facer porque está obrigado. Non se trata de iniciativas públicas do
Goberno local, o mérito téñeno as empresas que van a desenvolver os
proxectos”.
López Bueno tamén lamenta que “o goberno local fora totalmente opaco” e
non informara deste proxecto “a pesar dos rumores que corrían”. Cre que a
aportación do grupo municipal socialista podía ser “de grande axuda”
porque “neste tipo de iniciativas é sinxelo achegar ideas e chegar a
acordos”.
Tamén pensa que “as promesas de López Campos deben seguir en pé”, cre
que a chegada dunha residencia de carácter privado ou concertado “non
debe ser obstáculo para que a Xunta cumpra coa Estrada” e por iso conmina
ao alcalde a “conseguir unha residencia de iniciativa pública” recordando
que ademais “é un asunto que xa foi apoiado polo Parlamento de Galicia no
2018”.
O voceiro socialista destaca que “os servizos públicos que si xestiona o
Concello están nun estado lamentable”, como acontece cos desbroces, o
mantemento de viais municipais ou a traída de Codeseda, “a pesar das

Agrupación Socialista da Estradaexplicacións sobre as piscinas e os enganches ilegais, o servizo continúa
fallando”. Parécelle “pouco serio” buscar culpables imaxinarios porque “se o
servizo é deficiente os problemas acábanse reproducindo”. Os socialistas
preguntarán pola nova carestía de auga en Codeseda no vindeiro pleno
“para ver que excusa hai agora”.

Publicado en Portada | Deja un comentario