O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, visitou
hoxe as instalacións do CEIP Pío Cabanillas con motivo da xornada de clausura do campamento urbano do que gozaron desde o pasado 15 de xullo, en horario de 9.30 a13.30, unha quincena de nenas e nenos do municipio. O rexedor aproveitou a visita para entregarlles aos participantes o seu correspondente diploma e material escolar.
Nesta edición, o programa do “Concilia Verán Dozón 2020” estivo coordinado polos monitores da empresa Máis Escola XXI e incluiu actividades deportivas (fútbol, baloncesto, bádminton…), lúdicas (obradoiros de abalorios e camisetas, pulseiras, globoflexia, maquillaxe de fantasía…) e culturais (cinefórum, debuxo, pintura…).
“Cumpríronse os dous obxectivos básicos deste campamento, que eran garantir oentretemento, a diversión e a aprendizaxe en convivencia das rapazas e rapaces participantes e, por outra banda, facilitarlle aos pais e nais a conciliación coa súa actividade laboral nunha época sen actividade lectiva”, sinalou o rexedor.
O Concello de Dozón clausura hoxe o campamento urbano do que gozaron 15 nenos/as no último mes
A Xunta traballa por impulsar a inserción laboral a través de programas formativos flexibles e accesibles en A Estrada
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal acompañado polo tenente alcalde Juán Constenla, destacou hoxe o traballo da Xunta por impulsar a inserción laboral das persoas desempregadas a través dunha oferta de programas formativos flexibles e accesibles. Así o puxo de relevo na súa visita ao Programa Integrado de Emprego que desenvolve a Fundación Cultural da Estrada, no cal participan un cento de alumnos e alumnas.
A Xunta inviste neste programa anual, que remata o vindeiro 20 de outubro, 250.000 euros. Nel, ofértanse unha serie de actividades formativas e de coaching, e asesoramento personalizado tanto para persoas desempregadas como emprendedoras. Fai especial fincapé na aprendizaxe do inglés e na formación en liña e, de feito, imparte o certificado de profesionalidade en Docencia da formación profesional para o emprego na modalidade de teleformación. Tamén inclúe cursos sobre prevención de riscos laborais con especial atención aos protocolos de seguridade fronte á covid-19.
O obxectivo é facilitar un itinerario personalizado de inserción a cada alumno e, nese sentido, este programa destaca por incorporar medidas de conciliación da vida familiar e laboral como a flexibilidade de horarios ou a teleformación. Ademais, ofrece prácticas profesionais non laborais en empresas. Ao respecto, cabe destacar que, tras nove meses desde que se iniciou, 65 das 100 persoas participantes xa atoparon un posto de traballo en empresas de hostalería, a xardinería ou de asistencia telefónica. E, tras a crise da covid-19, incrementouse a inserción en sectores como a fabricación, os supermercados ou a atención sociosanitaria. Por outra banda, cómpre salientar, tamén, que tres das persoas participantes puxeron ou van poñer en marcha o seu propio proxecto empresarial.
Neste momento estanse a desenvolver en Galicia 46 programas integrados de emprego cun investimento de máis de 10,5M€ para beneficiar a 4600 persoas desempregadas. Forman parte da nova Axenda de Emprego, coa que o Goberno galego é pioneiro no impulso dun modelo de formación dual e flexible adaptado ás demandas do tecido produtivo onde a dixitalización xoga un papel determinante.
O PSOE NON CONFÍA NA EXECUCIÓN DO PLAN DE RECUPERACIÓN DE FONTES
O PSOE ve falta de coordinación no goberno municipal
sobre o Plan de rehabilitación de fontes que se anunciou o pasado
mércores. Luis López Bueno asegura que “no pleno de agosto
preguntamos precisamente polo arranxo de fontes, e segundo o alcalde
iso non era unha prioridade”.
O voceiro ve neste anuncio unha “cortina de fume” para calmar os ánimos
dos veciños e veciñas “que en moitos casos levan anos reclamando
arranxos”. Non confía en que o proxecto se execute rápido, aínda que
considera “urxente” actuar sobre as fontes porque “son un servizo máis
para os veciños e incluso hai intereses patrimoniais e agrícolas nelas”.
O líder socialista valora que “cun mantemento decente non sería necesario
gastar 90.000 euros en limpalas e adecentalas”. Considera que “falta
planificación” no mantemento de calquera infraestrutura municipal e
pensa que “só se atopan en mal estado as infraestruturas cuxo
mantemento é responsabilidade do Concello”.
López Bueno refírese precisamente ao mal estado das fontes que agora se
pretenden arranxar “despois de que Dono investira milleiros de euros en
recuperalas e Constenla as abandonase os últimos 10 anos”. O líder
socialista tamén acusa ao goberno de “escatimar nos requirimentos para a
limpeza de fincas” tanto no casco urbano coma no rural, “recibimos
queixas da vila e das parroquias, trasladámosllas ao goberno, pero non se
ven resultados”.
En calquera caso, o líder socialista pídelle claridade ao goberno local “non
pode ser que os veciños vaian ao pleno e escoiten unha resposta, e unha
semana despois se anuncie o contrario na prensa”.
Sabucedo reúne a 80 bestas para o marcado, desparasitación e rapa na primeira xornada de coidado no monte
A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo 2020
celebrou onte, durante todo o día, a primeira xornada de coidado das bestas no monte, unha medida coa que se pretenden suplir as tarefas que se fan durante a festa de comezos de xullo –cancelada este ano por seguridade sanitaria– e coa que se pretende garantir o seu benestar.
Así, e tras 14 horas consecutivas de traballo nunha xornada que comezou ao amencer en torno ás 7.30, un cento de persoas, principalmente veciños de Sabucedo e estreitos colaboradores de aldeas próximas, estivo a percorrer as zonas de Insuela, Corvos, Fontefría e Chao das Queimas e conseguíu reunir a 80 bestas das mandas que habitan nestes espazos.
Tras esta labor, que incluíu a captura de garañóns como Ciclón e Borrallas, as eguas foron trasladadas ata o peche do Peón, onde se procedeu ao marcado con microchip dunha ducia de poldras deste ano con persoal veterinario, á desparasitación interna de toda a cabana, algunhas rapas de crinas nas bestas que máis o precisaban e ao control e cambio de cabalos co obxectivo de favorecer un mellor desenvolvemento das
mandas.
A xornada foi longa e dura, xa que se celebrou baixo un abafante calor e incluso houbo que organizar unha comida campestre, que cumpríu escrupulosamente cos protocolos sanitarios de emprego de mascariñas, distancia interpersoal, hixiene de mans e racións individualizadas, para tentar aproveitar o día e todas as horas de sol.
A intención da Rapa das Bestas e da veciñanza de Sabucedo é continuar con estas



mesmas tarefas ao longo das vindeiras semanas, en base á dispoñibilidade da xente, para extender estas medidas de benestar e coidado ás mandas que campan polos montes da Conla, As Lamas ou O Cávado, entre outros espazos.
O presidente da asociación, Paulo Vicente, quixo agradecer a ampla participación da veciñanza, “o que demostra a súa responsabilidade e implicación co coidado da nosa eguada” e explicou que este tipo de traballos por xornadas “é moito máis latoso e lento
que se o fixeramos de xeito unificado na Rapa, pero decidimos non celebrala por responsabilidade e agora temos que sacrificarnos bastante, moitas veces incluso a nivel persoal ou laboral, pero o facemos con gusto para darlle o maior coidado e benestar ás nosas bestas, sabendo que hai unha circunstancia sanitaria grave e agardando a que pase canto antes”.
O PSOE OBSERVA FALTA DE CRITERIO NOS PROXECTOS DE ASFALTADO PARA 2020
López Bueno explica que “a Deputación de Pontevedra apoia con
800.000 euros e o Concello non pon nin un só euro”
O PSOE ve falta de criterio nos proxectos de asfaltados para
o 2020 que anunciou onte o Concello da Estrada. Para os socialistas existe
unha falta de criterio que “deixa fóra os viais que se atopan en peores
condicións”.
O líder da oposición valora que “o goberno local non pon nin un só euro
para asfaltados” e cre que “é inadmisible” á vista do mal estado da rede
de estradas do Concello. Non comprende a postura de “investimento cero”
por parte do goberno e sentencia que “os veciños pagan impostos para
algo”.
López Bueno explica que “a Deputación de Pontevedra pon sobre a mesa
800.000 euros para estas actuacións, é o 90 % de todo o orzamento de
asfaltados deste ano”, e agradece ese apoio porque “se fora polo Concello
e pola Xunta só habería asfaltado en dúas pistas, a aportación é
raquítica”.
O voceiro solicitou acceso aos expedientes hai dous meses para facerlle
emendas, e lamenta que “o goberno puxera todo tipo de trabas para non
entregar a documentación”. Remarca que “insistimos por escrito, con
chamadas cada semana… Queren silenciar á oposición, pero Pleno tras
Pleno damos conta das demandas que non chegan dos veciños. O goberno
sabe perfectamente cales son os viais que precisan actuacións máis
urxentes”.
López Bueno afirma que “quedan fóra do proxecto a maioría das pistas
que precisan actuacións máis urxentes” e achácalle este feito a que “non
hai un criterio obxectivo para decidir que pistas se asfaltan e cales non”.
O líder socialista afirma que “hai sobrados exemplos de que os asfaltados
se fan por amiguismo ou despois de anos de loita dos veciños. Os veciños
están totalmente desprotexidos fronte á tiranía de López Campos”.
Sobre o proxecto como tal, o voceiro socialista considera que “só se verán
beneficiadas 8 parroquias, o resto non recibirán ningún investimento” e
cre que “hai aldeas que se van asfaltar case por completo e outras nas
que tan só se arranxará unha pista”. Considera que o goberno local debe
comezar a aplicar “criterios obxectivos” porque se a súa política de
investimento continúa así “haberá que destinar moitos millóns de euros a 
estas actividades, cando cun proxecto ben organizado tecnicamente se
poderían aforrar recursos”.
López Bueno valora que en Ribela, Vinseiro e Tabeirós hai pistas que se
atopan en moi mal estado e celebra que “por fin” se lle poña remedio a
problemas que os veciños levan anos denunciando, pero tamén remarca
que “no 2020 quedan fóra as zonas de Vea, Arnois, Berres, Ribeira… onde
hai pistas que se atopan en moi mal estado” e reafirma que “o goberno
sábeo porque llo facemos notar reiteradamente nos plenos, e sabemos
que os veciños llo comunican a alcaldía”.
Os socialistas solicitaran tamén a entrega dunha lista á que o goberno se
refire habitualmente, onde deberían estar priorizados os viais que precisan
máis atención, pero non recibiron nada porque “esa lista non existe”,
asegura López Bueno.
A alma mater do departamento municipal do Rural «Moncho Brea» pecha 26 anos de traxectoria laboral
Ramón Brea Villaverde naceu na parroquia de Orazo en 1953, criouse na aldea a que sempre volveu.
Cursou o Bachereclato no Instituto da Estrada, e despois foi para Lugo a estudar Enxeñería técnica agricola.
A sua vida profesional nos seus inicios estivo vinculada a empresas do sector gandeiro e agrícola, a que siguiu unha etapa traballando en proxectos de concentración parcelaria e no ensino.
En 1995 ingresa no concello da Estrada como Enxeneiro Técnico Agrícola, coa súa chegada crease o departamento do Rural eso supuxolle entrar en contacto co xente das parroquias, coñecer os seusproblemas de cerca e compartir con eles inquedanzas, cando empezou estabase a levar o telefono a os núcleos, varios procesos de concentración en marcha, un proceso de modernización que viviu en primeira persoa.
Repartiu o seu tempo entre a atención o público, os longos percorridos polas aldeas, os informes, moitas veces desde a casa. Sempre se sintiu cómodo inmerso nos planos, el resolver rifas por marcos que se
movian en buscar acordos.
Pero 25 anos dan para moito, tanto que acabo caindo o río en Guimarei no mes de xaneiro, subastando un burro e San Miguel de Castro…
Vaise con sentimentos encontrados porque disfrutaba co seu traballo, cos compañeiros, con esas persoas que compartíu problemas, pero van caindo os trienios que marcan os chanzos dunha vida laboral que se
expande e se dilata ata que o décimo trieno marca a entrada nunha pendente descendente ata a xubilición, ese día que se achega cheo de expectativas e incertezas polo que signica de ruptura coas persoas, coa
rutina, coas costumes de tantos anos, con espazos que percorres a díario e que se acaban convertendo na túa segunda casa.
“Non sei como será o día despois, ese en que o despertador deixa de ser un elemento de presión as sete da maña, ese no que hai que reorientar a xornada e poñer orde nesas prioridade que deixamos para o
momento en que teñamos tempo, os mobles arrinconados necesitados dunha restauración, os pinceis e os lenzos gardados no altillo do armario, as lecturas postpostas, o inicio no arte de cociñar, as conversas sen
presas, as películas ata tarde, a verdade é que lle empezo a ver vantaxes a ser dono do tempo a cotio, buen hoxe cerro unha etapa”
“EU SON, XUNTAS CREAMOS”
Dentro das actividades financiadas para o 2020 polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o CIM da Estrada organiza un obradoiro para mulleres e outro para nenos e nenas.
- Cando?
Obradoiro para mulleres: 10, 13,17,20 agosto de 17-21 h no MOME
Obradoiro para crianzas: 27 agosto ás 12 h no ESPAZO CONCILIA
Inauguración da expo das súas obras: 27 Agosto 20 h na SALA DE ABANCA
- Qué é?
Trátase dun proxecto de creación conxunta de mulleres usuarias do CIM da Estrada, coa artista Neves Seara, directora de Casa Morada (servizos culturais con perspectiva de xénero) no que en catro sesións traballarán ferramentas de autocoñecemento e autoexpresión escrita e plástica para adquirir habilidades de xestión emocional, comprensión e empoderamento. Tras esas catro sesións uniremos o resultado plástico de cada unha das usuarias cosendo as súas obras de fotografía intervida con pintura e texto nunha peza máis grande composta por todas, xerando un tapiz de mulleres reafirmadas que mostrarán na súa propia linguaxe plástica a súa capacidade de agromar e crecer emocionalmente. Non se require de coñecementos previos de arte nin de escritura, só se precisa de ganas de medrar e de valorarse positivamente. Queremos poder levar este proxecto a outros concellos para poder sumar a este primeiro tapiz de obras cosidas novas pezas de máis mulleres participantes.
Se espera unha participación de máximo 17 mulleres. E as súas obras serán expostas xunto cos bocetos e textos na sala de Abanca da Estrada o día 27 de Agosto ás 20h.
Ese mesmo día pola mañá as crianzas do proxecto CONCILIA do Concello participarán tamén nun obradoiro creativo sobre a identidade de xénero e autocoñecemento, «Tris-tras autocollage!» tamén deseñado por Neves Seara, e crearán as súas propias obras de arte que formarán parte da exposición mencionada. Se lles entregará ás crianzas no obradoiro e na exposición uns caderniños de actividades e xogos sobre este tema deseñado por Neves Seara pero cuxo contido é do colectivo Lilandeiras (Coop. galega de técnicas de igualdade), cooperativa coa que Neves Seara colabora habitualmente.
Tratamos de xerar dende o concello da Estrada nas usuarias e as crianzas que participarán unha concienciación sobre a identidade, a liberdade expresiva e creativa a través de adquirir ferramentas de re-valorización da súa propia singularidade, autoxestión emocional e crecemento individual gracias ao apoio dun colectivo sensible e unido. Adquirir unhaIns conciencia e valorización do «EU SON», e comprender que «XUNTAS CREAMOS» unha nova realidade máis amable e que tece redes de apoio, de empatía e comprensión.
- Inscricións: no correo electrónico do CIM: cim@aestrada.es ou no teléfono 986 59 01 51










































