Unhas festas para recordar

Galería Búscate San Paio 2020: 

Gonzalo Louzao fixo balance fas festas patronais deste ano, unhas festas que tiveron que organizar nun curto espazo de tempo e adaptalas a situación actual.
A decisión de organizalas  foi como apoio a cultura e espera que os que puideron asistir as disfrutaran.
Foron basadas nun proxecto do estradense Fernando Campos, a quen lle agradecen o seu traballo estudando toda a normativa sobre espectáculos ao aire libre, para poder realizalas con seguridade.
Destacar os pasarrúss como unha das partes máis emotivas despois de toda esta situación vivida nos últimos meses, así como a ampla aportación de artistas locais, aos que tamén quixeron axudar deste xeito a retomar a súa actividade.
Esperan que a afluencia aos eventos tivera repercusión nas empresas locais. A organización adquiriu toda a montaxe e sistemas técnicos que se podían contratar aquí a empresas locais, tendo así que recorrer sólo en casos puntuais a empresas de fora do concello, e esoeran que tamén fose beneficiosas para os demáis comercios e hostalaría.
Pasaron máis de 2000 persoas polos recintos con entrada, non quedando ninguén sen poder ver os espectáculos incluso chegando ao seu comezo sen invitación.
Para rematar Gonzalo quixo gradecer o traballo da empresa organizadora, de Xosé Lueiro e da policía local, que conseguiron que todo saira perfecto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ana Miranda visitou A Estrada para coñecer os problemas do acceso a internet no noso concello

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defendeu que rematar coa discriminación do rural galego é un dos compromisos do BNG de cara ás eleccións do 12 de xullo. “Se Ana Pontón é presidenta tras as eleccións galegas investirá os fondos europeos tanto para solucionar os problemas que ten a veciñanza cos servizos de telefonía, internet e subministro eléctrico”, salienta.



Ana Miranda reuniuse co candidato do Bloque ás galegas, Pablo Carracedo (Jasper), a concelleira do BNG da Estrada, Susana Camba e militantes da zona, así como con veciñanza de Berres afectada pola fenda dixital. No encontro as persoas afectadas explicaron a situación deficitaria que impide que algunhas persoas poidan establecerse alí e emprender proxectos como autónomos.

“Nesta época marcada polas consecuencias da pandemia, na que a recomendación sigue sendo o teletraballo resulta inadmisible a discriminación do rural, que en moitos casos sigue tendo a telefonía do plan Fraga, como acontece no lugar de Vilancosta, na parroquia de Berres”, critica a portavoz do Bloque en Europa, quen sinala ademais que a respecto da electricidade soportan cambios de tensión que provocan danos en aparellos eléctricos domésticos.

Precisamente o BNG presentou unha pregunta dirixida á Comisión Europea polo incumprimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020, cuxo obxectivo principal é a implantación da banda ancha. “Galiza é a segunda comunidade autónoma con menor implantación do Estado español, o que repercute na brecha dixital en numerosos fogares afectados polos efectos da crise económica causada pola pandemia”, explica Miranda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Luna presenta o seu libro A Estrada Románica

Este vai ser o primeiro acto no que Edicións Fervenza leve a cabo a presentación dun libro despois do confinamento provocado pola alarma sanitaria.

 

Polas circunstancias xa coñecidas por todos, este acto vai estar condicionado polas medidas necesarias e imprescindibles para que se fagan respectar as distancias de seguridade, así como a utilización de máscara, filas de entrada e saída dos asistentes, xel para lavado de máns, etc. para tratar de protexer a saúde de todas as persoas asistentes.

 

Prégase que o público se achegue 30 minutos antes do comezo do acto. A Entrada é libre ata completar o aforo.

 

Estes protocolos de seguridade van estar supervisados pola empresa Dobeat, sl según o plan enviado pola empresa Taprega.

 

Por todo o mencionado, pregamos que todas as persoas asistentes colaboren coas persoas da organización.

 

 

Acto

 

O autor estará acompañado pola escritora e poeta, Rosalía Morlán; a directora do CEIP do Foxo, Rosa Ferreira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e polo alcalde do Concello da Estrada, Xosé López.

Contarase coa actuación musical da agrupación Lume na Lareira.

 

 

A obra

 

Entre a grande cantidade de bens de interese cultural que existen nas parroquias que forman o concello da Estrada sobresae, tanto pola calidade como pola cantidade, a súa arte románica.

 

O románico é a arte que mellor nos define como estradenses e como galegos; as parroquias do concello da Estrada son —falando en termos industriais—, unhas das máis grandes fábricas de arte románica de Galicia.

Neste libro pódense descubrir o traballo que os mestres canteiros esculpiron en distintas parroquias estradenses, Moreira, Ouzande, Tabeirós, Lagartóns… auténticas xoias románicas cunha importancia estraordinaria.

Os beneficios de percorrer A Estrada Románica serían en primeiro lugar: coñecer, de primeira man, a historia dos nosos devanceiros, a nosa propia historia; e en segundo lugar: ter a oportunidade de poder «vender» as nosas igrexas como un ben de consumo cultural.

 

O obxectivo deste traballo é o de divulgar a orixinalidade, a calidade e a grande cantidade de igrexas románicas existentes no concello da Estrada; para elo botamos man das obras dun grande elenco de especialistas: Bango Torviso, Bouza Brey, Neira Baloira, Hipólito de Sá…

 

 

Colaboraron na publicación

 

Neste traballo contouse coa aportación fotográfica de, Marcos Míguez, Patricia Figueiras e Xoán Carlos Garrido. A revisión do texto estivo a cargo de Soraya Suárez.

Tamén se contou coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada.

 

 

Xosé Luna

 

Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, activista cultural. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Mestre no CEIP do Foxo.

 

Autor dos poemarios Memorias do Cairo (Premio Valina Valladares, Ed. Fervenza, 2003); A marcial Valladares (Fundacion Cultural da Estrada, 2004); Stradapop (Librería Ler, 2005); Sol rebulideiro (Técncicas & Gramaxe, 2012); O libro dos bicos ( Ed. Embora, 2014); A Estrada da Vida (Ed. Artesón Produccións, 2018) poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.

 

Como narrador ten publicado As cometas da vida (Premio Roberto Blanco Torres, 1999); O ano das mimosas (Ed. Fervenza, 2000); O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín, 2001); 90 Cousiñas (Técnicas & Gramaxe, 2006); Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora, 2016).

 

Como ensaista dá a luz os títulos: A Estrada Románica (Ed. Fouce, 1999); Manuel Daniel Varela Buxán. O patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios do Deza, 2000); Onde o sol facheaba ao amañecer: vida e obra da Cantautora da Ulla Avelina Valladares (Ed. Fouce, 2003); Manuel Valladares Núñez Cantigueiro popular (Fundación Cultural da Estrada); No Pazo de Laiovento, Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior, 2007); Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais, 2008).

 

O seu traballo foi recoñecido con distintos premio e distincions, entre outros, «Premio Roberto Blanco Torres», «Premio Avelina Valladares» de Poesía, «Premio Manuel Reimóndez Portela» de xornalismo.

 

O 9 de maio de 2009 inaugurouse a Biblioteca «Xosé Luna» promovida pola Asociacion Deportivo e Cultural da parroquia estradense de Guimarei.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luar na Lubre aterrizará no San Paio 2020

Con máis de tres décadas ás súas espaldas, o grupo galego de música celta Luar na Lubre aterrizará no San Paio para dar a coñecer o seu decimonoveno disco, ‘Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos’.

Unha praza do concello ateigada de xente disfrutou deste concerto en dous pases.

Tamén nesta mañá a escola de Música Estradense «Musikenos», deleitounos na Praza do Mercado cun concerto de Piano.

Mañá Sábado :

12.00-18.00h  Animación a cargo dos Atrevidos

18.00h  Praza concello presentacióndos libros de Manuel García Barros, Aventuras de Alberte Quiñoi e Estampas desde o val-

18.00h Animación a cargo de Ce Orquesta Pantasma

19.00h Pasacalles da Banda Municipal da Estrada

20.00h Praza do Concello (con invitación):

BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

22.15h Praza do Concello (con invitación)

MARÍA DO CEO

Publicado en Portada | Deja un comentario

QRServe en A Estrada

A Concellaría de Promoción Económica dirixida por Óscar Durán e a Concellaría de Turismo dirixida por Óscar Rancaño, impulsan a plataforma QRServe, deseñada por Monster Studio. Esta plataforma web está destinada á oferta gastronómica e de aloxamento da vila. Cun deseño sinxelo e funcional, agrupa as cartas dos locais estradenses, para que
os clientes poidan acceder a elas de maneira inmediata mediante un código QR colocado en cada mesa. Con este servizo, preténdese dar cumprimento aos protocolos derivados da actual crise sanitaria que imposibilitan a utilización das clásicas cartas dos menús en papel.

Asimesmo, con esta plataforma preténdese agrupar a oferta de todos os locais estradenses nunha mesma páxina web para que tanto a veciñanza como os visitantes estean informados das posibilidades que existen tanto á hora de pedir comida a domicilio, recollela no local ou acudir directamente a degustala no restaurante.

Este servizo será de balde durante o primeiro ano, para os locais adheridos á Asociación de Hosteleiros, así como á Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela.

Publicado en Portada | Deja un comentario

AÍNDA QUEDAN ENTRADAS PARA O PRIMEIRO PASE DE LUAR NA LUBRE

Despois de terse despachado todas as entradas para o segundo pase de Luar da Lubre, séguense repartindo a bo ritmo as invitacións para o primeiro pase que terá lugar mañá ás 19.30 h, un concerto no que a mítica agrupación galega presentará as cancións do seu novo disco Vieiras e vieiros, historias de peregrinos.

 

Todos os interesados en acudir ao concerto deberán recoller as súas entradas no Robert´s Café ou no Café Restaurante Andalucía e presentarse media hora antes do evento no escenario situado na Praza do Concello onde haberá habilitada unha carpa en previsión de que poida chover á hora do concerto.

 

Por outra banda, estanse a despachar as últimas invitacións para o concerto de María do Ceo que terá lugar o sábado ás 22.15 h. As da Banda Municipal xa están todas repartidas.

 

Lembrar tamén que mañá ás 13.00 h terá lugar o concerto que os alumnos de piano da escola Musikenos ofrecerán na praza do Mercado. Ás 20.00 h está previsto o concerto das Apertas de Magín Blanco tamén na praza do Mercado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O San Paio máis cultural dende onte no noso concello.

Dende onte e baixo unhas extrictas medidas de seguridade o noso Concello comeza uns festexos do máis cultural neste ano tan átipico para o noso San Paio.

Estás primeiras nosas festas patronais estarán marcadas pola seguridade, control de aforos, acomodadores, auxiliares de limpeza que farán posibles os nosos festexos culturais despois desta crise sanitaria marcada polo COVID-19.

Hoxe o programa Xoves 25 de Xullo conta cos seguintes actos:

18.30h  Animación a cargo de Lume na Lareira

20.00h Na Plaza da Feira Presentación do libro Xosé Luna, A Estrada Románica

20.00h Plaza do Mercado Os Bichos

21.30h Plaza da Feira As Lerchas.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario