Mércores será o día que de o pistoletazo de saída as Festas Patronais San Paio 2020

 

 

A Estrada dará este mércores o pistoletazo de saída ás festas patronais de San Paio, que se celebrarán o vindeiro sábado con diferentes actividades musicais e culturais baixo medidas estrictas de seguridade. Onte a Casa Consitorial acolleu a presentación dun dos concertos para os que será preciso recoller unha invitación para controlaro aforo. Trátase da Banda de Música Municipal da Estrada que, tras un pasarrúas que terá lugar o vindeiro sábado, ás 19:00 horas, ofrecerá un concerto na Praza da Constitución, ás 20:00 horas.

 Así, os concelleiros Juan Constenla e Gonzalo Louzao, xunto co novo director da Banda, Santiago Mella, e Diego Gómez, membro da directiva, ofreceron onte unha rolda de prensa para presentar este evento que, como indicou Louzao, é un dos concertos de "gran formato" que se ofrecerán nestes festivais e que terá unha capacidade para 400 persoas, ademais do en Luar na Lubre o vindeiro venres e o de María do Ceo tamén o sábado.
"O Concerto da Banda Municipal de Música non se presenta nun día calquera, senón que é o máis simbólico a nivel festivo en vila", dixo Gonzalo Louzao, e a pesar de que este ano non haberá procesión na que a Banda participe, sinalou que será un concerto único e especial debido ás circunstancias. Tamén será o primeiro en ser dirixido polo seu novo director, Santiago Mella.
Pola súa banda, Juan Constenla explicou que a intención do Concello era presentar a nova batuta en abril, algo que non foi posible debido ao estado de alerta sanitaria, e mostrou a súa satisfacción pola nova etapa que comeza a Banda.
Santiago Mella e Diego García explicaron que o proxecto que se presentará o sábado está formado por músicos que teñen unha gran traxectoria musical, cinco deles nunca participaran nesta formación.
Publicado en Portada | Deja un comentario

‘Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos’ aterriza no San Paio 2020

Con máis de tres décadas ás súas espaldas, o grupo galego de música celta Luar na Lubre aterrizará no San Paio para dar a coñecer o seu decimonoveno disco, ‘Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos’.

O concelleiro Gonzalo Louzao e o fundador do mítico grupo galego, Bieito Romero, ofreceron unha rolda de prensa para presentar o concerto, que terá lugar o próximo venres, ás 22.00 horas, na Praza do Concello. As entradas para asistir a este evento, que son gratuitas pero cuxa retirada é obrigatoria para controlar o aforo, empezaronse a repartir o luns, tanto no Concello como nos locais Café Bar Andalucía e Rober´s Café.

Louzao adiantou que, debido á gran repercusión que está tendo a actuación de Luar na Lubre, cuxas 400 invitacións están próximas a esgotarse, o Goberno local baralla ofrecer outra sesión, que tería lugar ás 19.30 horas. Así, unha vez se entreguen os 400 primeiros pases, lanzarase outra tirada para que poidan disfrutar do concerto outras tantas persoas.

Así mesmo, o edil ‘popular’ explicou que será necesario estar na Praza do Concello uns 45 minutos antes de que comecen os concertos para poder ir acomodando á xente e respetar, desta maneira, todas as medidas de seguridade. Habrá unha distancia de dous metros entre as persoas e será obrigatorio levar mascarilla.

O mércores comenzarán na Estrada catro días de festa que este ano estarán condicionadas pola pandemia do coronavirus.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Se o BNG lidera o goberno da Xunta non se vai esquecer da Estrada como se esqueceu o PP

 

A Praza do Concello acolleu hoxe o acto público do BNG de pre-campaña das eleccións Galegas do 12 de xuño. O acto contou coa participación da candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón e o número un por Pontevedra, Luís Bará. Ademais tamén interviron o candidato da localidade, Pablo Carracedo Goldar “Jásper”, que figura no posto catorce da lista, así como Ariadna Fernández, veciña de Lalín, que figura no posto nove da candidatura nacionalista. Tamén contou coa participación de Susana Camba, concelleira do BNG no concello da Estrada.

Susana Camba explicou na súa intervención que “A Estrada non conta para o Partido Popular, que goberna a Xunta desde 2009, a pesar de que o goberno municipal é da mesma cor política, o que demostra, o que dixemos tantas veces, que o alcalde non ten peso político na súa formación e que o noso concello só sirve recadar votos para o PP, sen que haxa unha contrapartida en investimentos, como podería ser un centro de día amplo e á altura do noso concello ou solo industrial público, para impulsar a economía e o emprego”. “Gobernan a Xunta desde 2009, pero non se nota no noso concello”, afirmou a concelleira nacionalista.

Pola súa parte, o candidato do BNG da localidade, Pablo Carracedo Goldar “Jásper” explicou que “o noso concello conta con potencialidades que están esmorecendo nunha silveira”, en referencia á Torre e o Pazo de Guimarei, “o BNG vai a sacalos á luz e devolverlle todo o esplendor o noso patrimonio”, afirma, “é o noso compromiso cos veciños e veciñas da Estrada, así como o que apuntaba a compañeira Susana, de solo industrial público, sen esquecernos do sector do moble e a madeira, e o centro de día”. “O BNG non se vai esquecer da Estrada, como se esquece o PP, se lideramos o goberno da Xunta de Galiza a partir do 12 de xullo”.

A número nove da candidatura, Ariadna Fernández, veciña de Lalín, explicou que “na comarca Tabeirós-Deza o sector ten un peso moi importante que o BNG comprométese a potenciar, mais tamén queremos impulsar o comercio de proximidade de produtos frescos da comarca”. “A crise do Covid-19 ensinounos moitas cousas, pero o que deixou claro é temos que producir, non podemos deixar que os nosos alimentos veñan de miles de quilómetros, e a comarca e Galiza ten capacidade abondo para producir alimentos para todos os veciños e veciñas”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG acusa ao goberno do PP de privatización encuberta da recollida do lixo

Susana Camba: “A día de hoxe o concello non licitou esta concesión e os contratos con esta empresa son a dedo”

Desde hai uns meses o concello da Estrada ten subcontratado o persoal que fai a recollida do lixo no noso concello. “Negocio redondo para a empresa afortunada”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba, “xa que utilizan os camións do concello, co gasóleo que paga o concello e co mantemento da maquinaria que tamén pagamos entre todos e todas”.
 

“Isto que fai o goberno de López é unha privatización encuberta da recollida do lixo”, afirma a concelleira nacionalista, “xa que a día de hoxe o concello non licitou esta concesión e os contratos con esta empresa son a dedo”. “No BNG xa manifestamos que estamos en contra da privatización da recollida do lixo”, engadiu a concelleira, “cremos que o noso concello ten a capacidade para xestionar directamente este servizo, fíxose sempre así e non hai razón obxectiva para que se privatice; de feito, a pesar de que en reiteradas ocasión denunciamos problemas na recollida do lixo, débese única e exclusivamente a mala xestión e iso ten solución doada: cambiar os responsábeis políticos correspondentes”.

“Sen embargo, esta privatización encuberta da recollida do lixo é unha fraude ás veciñas e veciños, xa que non se mellora o servizo, o concello pon a maquinaria e os gastos de mantemento, e a empresa o lévase o beneficio”.

A concelleira do BNG insta ao alcalde a “regularizar a situación da recollida do lixo e deixar de enganar aos veciños e veciñas; a recollida do lixo ten que ten que ser pública con todas as letras, non só de cara á galería”.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O VERÁN QUE NECESITAS

 

VÉN DE BALDE AO CAMPAMENTO
Que tes pensado facer para estas vacacións? Queres asistir aos nosos
campamentos de verán? E que che saia de balde? Só tes que presentar a túa
solicitude de participación no sorteo das prazas por vía electrónica, na sede
electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo:
https://sede.xunta.gal
Entre os/as que vos animedes, e sempre que resultedes adxudicatarios/as dunha
praza nalgún dos campamentos, sortearemos 10 PRAZAS DE BALDE.
SORTE!!
4
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
5
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
INTRODUCIÓN
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando
en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de
voluntariado, etc. Por iso, cada ano presentamos a Campaña de verán, unha iniciativa ambiciosa que non só
é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da
vida familiar e laboral.
As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan
máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non
formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías
de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo.
Baixo o lema O verán que necesitas, a Campaña de verán de 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses
de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
• Campamentos en Galicia.
• Campos de voluntariado en Galicia.
• “Minicampamentos” de 5 días en instalacións turísticas, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo
A información que se inclúe neste folleto fai referencia ás quendas dos campamentos que se realizarán
en Galicia, regulados na Orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán
2020 e se procede á súa convocatoria. A información está dispoñible na páxina web:
http://xuventude.xunta.es
A de 2020 será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, derivada da situación de crise
sanitaria provocada pola covid-19. Neste sentido, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas
polas autoridades sanitarias e, sempre, baixo tres premisas:
Redución do aforo nas instalacións para garantir a distancia interpersoal entre participantes e
equipo técnico.
Reforzo do persoal monitor, que estará previamente formado e traballará con grupos de ata 15
nenos/as participantes.
Incremento das medidas hixiénico-sanitarias de carácter persoal e na propia instalación,
conforme ao protocolo visado polas autoridades sanitarias.
Medidas deprevención e adaptación
das actividades Á COVID-19
6
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
Así mesmo, as actividades adaptaranse ás medidas de prevención establecidas, garantindo a distancia interpersoal
dos nenos/as participantes e, cando isto non sexa posible, empregarase máscara.
As familias ou titores legais do neno/a participante que obteña praza nalgún campamento recibirán unha
información detallada sobre as medidas específicas que se poñerán en marcha. Así mesmo, deberán cubrir
unha declaración responsable sobre condicións de saúde e participación que estará dispoñible na páxina web
xuventude.xunta.es.
Así mesmo, e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e
a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que
presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou
polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para
persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, cuxa información se pode
consultar en:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificospara-persoas-con-discapacidade-2020
APOSTA POLA INCLUSIÓN
CAMPAMENTOS
A Xunta de Galicia pon a disposición dos mozos e mozas galegos máis dunha trintena de instalacións xuvenís
en Galicia durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre.
As persoas mozas que participen nestas actividades deberán levar útiles de aseo persoal, roupa
axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e
cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, toalla, gorro de piscina, protector solar),
calzado deportivo e aquel outro equipamento que se indique nas cartas informativas de cada
campamento.
As cartas informativas de cada campamento estarán dispoñibles na páxina web de xuventude
http://xuventude.xunta.es.
A participación na Campaña de verán 2020 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos
de dous, tres ou catro irmáns ou irmás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
• Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a
participación das mozas e mozos.
• O aloxamento nun albergue, nunha residencia ou nun campamento.
• A manutención en réxime de pensión completa.
• O material necesario para a actividade.
• Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e
actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón
da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as
súas necesidades.
• Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Equipamento persoal necesario
7
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
QUE INCLÚE O CAMPAMENTO?
8
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada, nos termos que
se indiquen pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e de conformidade coas medidas
de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre a covid-19. En todo caso, esta incorporación farase de
xeito graduado para evitar aglomeracións puntuais.
Poden solicitar praza nas actividades ofertadas as persoas mozas residentes en Galicia.
Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin
sintomatoloxía compatible ca covid-19. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga,
é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.
Ningunha persoa participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será
intransferible.
IDADES
Poden solicitar a participación nas actividades ofertadas as persoas nacidas no ano sinalado para cada actividade no
anexo I da orde reguladora.
En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:
• As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
• As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.
INCORPORACIÓNS AO CAMPAMENTO
QUEN PODE SOLICITAR PRAZA
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo
os seguintes requisitos:
• Facer constar a súa condición no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os
precisa.
• Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
• Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan
participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de
actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na web de xuventude
(http://xuventude.xunta.es).
• En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto,
o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.
As persoas con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co sinalado no
apartado “Como presentar a solicitude”, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento
das prazas reservadas para inclusión. Quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os
procedementos.
MENORES EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA ADMINISTRATIVA
As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial
poderán participar nesta convocatoria. Deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o cadro
correspondente
9
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que
convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, tamén se poderán incluír na solicitude múltiple,
equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.
Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e
actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os
requisitos de idade esixidos para as instalacións e quendas solicitadas.
Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha
solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A da orde, e en
ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.
O incumprimento por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma
solicitude.
Procedemento xeral:
As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III
da orde de convocatoria, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).
Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, relacionadas no
anexo I B da orde, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).
MÚLTIPLE
Procedemento xeral:
As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como
anexo II da orde de convocatoria, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).
Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, relacionadas no
anexo I B da orde, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
10
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
TIPOS DE SOLICITUDE
INDIVIDUAL
COMO PRESENTAR A SOLICITUDE
A solicitude pode ser individual ou múltiple.
11
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
COMO CUBRIR A SOLICITUDE
• Cada mozo/a só pode cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou
actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I (as líneas A, B) da orde reguladora.
• Os datos da persoa solicitante deben ser os do mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso das solicitudes
múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación (ata un máximo
de catro).
• As solicitudes deberanas asinar os proxenitores ou titores dos/as menores solicitantes.
• As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, o enderezo que se inclúa
na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
• A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, polo que a persoa solicitante quedará fóra do
sorteo.
• A persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da
súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da
solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír
o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI.
Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados, ou non atopan a solicitude, deben chamar a
calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como
data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido este prazo
non procederá reclamación ningunha.
• A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para esta presentación poderá empregarse calquera dos
mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de
usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia.
No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para
garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete (7) días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte
ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.
A adxudicación pode ser:
• Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
• Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas
dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo que se solicite (o xeral ou o de
prazas reservadas para inclusión). Neste caso, o sorteo realizarase, ante notario/a. O día concreto de realización do
sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es.
Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I da orde reguladora.
LISTA DE ESPERA
O sorteo dará lugar a unha listaxe de espera lista de agarda para cada unha das actividades. Incluirase cada participante
unicamente nunha lista de agarda para un campamento concreto, de entre as cinco opcións que solicitou. O número de
reservas en cada actividade será do 50% das prazas convocadas. Xerarase a listaxe de agarda tanto no sorteo de prazas
do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.
O resultado do sorteo, coas listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda, publicarase na páxina web http://
xuventude.xunta.es a partir do día seguinte ao do sorteo.
Nesta publicación e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas
exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento.
Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera.
O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar na páxina web http://
xuventude.xunta.es/ na ligazón dispoñible para consultar os datos da solicitude.
12
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
ADXUDICACIÓN DE PRAZA
As persoas admitidas deberán dirixir á xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde se vai
desenvolver a actividade a seguinte documentación:
13
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
• A xustificación do pagamento.
• Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante. Se o/a menor non dispuxese de DNI
deberá achegarse a copia da folla correspondente do libro de familia.
• Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
• Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI da orde de convocatoria).
No caso de persoas con discapacidade deberá incluírse a información
actualizada que permita valorar os apoios que precisa, de ser o caso.
• Declaración responsable de que sabe nadar (nos campamentos que inclúan na
súa programación actividades de auga).
• Declaración responsable de condicións de saúde, aceptación de
condicións de participación, obrigación de información e
consentimento informado derivado da situación actual de crise
sanitaria provocada pola covid-19, conforme ao modelo que se publicará
na páxina web xuventude.xunta.es.
NO CASO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, ADEMAIS
• O certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de
valoración e orientación correspondente, cando se opoñan expresamente, no formulario de solicitude, á
comprobación destes datos de discapacidade ou os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade
autónoma.
O prazo para presentar a documentación é de cinco (5) días hábiles e se comezará a contar desde o día seguinte ao da
realización do sorteo.
14
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por
renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofrecidas ás persoas solicitantes que figuran nas listaxes de espera
correspondentes na fase de reservas dos respectivos procedementos (xeral ou de prazas reservadas para inclusión). No
caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de xuventude
correspondente contactarán, seguindo a orde da listaxe, coas persoas da lista de espera, mediante chamada telefónica
ao número indicado na solicitude.
Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 h, que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar
coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na listaxe de espera.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo
8 da orde reguladora nun prazo de 2 días hábiles.
No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza será ofertada á seguinte persoa da
listaxe de espera.
A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de xuventude, http://xuventude.xunta.es.
As persoas beneficiarias das prazas están obrigadas a:
• Incorporarse á actividade e a regresar polos medios e nos prazos establecidos.
• Non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade .

Publicado en Portada | Deja un comentario

MÁIS DUN MILLEIRO DE ESTABLECEMENTOS DA PROVINCIA LOCEN XA O SELO “COMERCIO SEGURO” ENTREGADO POLA FEDERACIÓN PROVINCIAL

 

Enrique Núñez, secretario xeral do colectivo provincial de comerciantes, anima aos pequenos
establecementos a adherirse a esta iniciativa.
Máis dun milleiro de comercios en toda a provincia de Pontevedra locen xa nos seus
escaparates o selo “Comercio Seguro” emitido pola Federación Provincial de Comercio,
Turismo e Mercados para acreditar a aplicación dos protocolos sanitarios e hixiénicos
estipulados pola Xunta tras a crise do Covid 19 nos pequenos establecementos.
A Federación Provincial iniciou hai dúas semanas a entrega destes distintivos en colaboración
cos centros comerciais abertos de cada municipio e durante este período 23 establecementos
comerciais da Estrada asociados a ACOE, de momento, acolléronse a esta iniciativa que
achega un plus de seguridade aos consumidores.
Os comercios da Estrada son: Bolsos Rovy, Copistrada copistaría, Código Digital,
Luscofusco moda, Agrobotica, Óptica Nova visión, Pícolo moda infantil, Panadería
Cervela (2 despachos), Emei complementos, Ana Belén moda infantil, Lugar del vino,
Andri moda, Edente Clínica Dental, A Esquina zapatería, Zábat zapatería, Catro
canciños, Dr. Kadder clínica dental, Salón de beleza Raquel Paseiro, Calzados Regaliz,
Óptica Innova ópticos, Estudio fotográfico Puri Areán e Gilcolor decoración.
O secretario xeral da Federación Provincial, Enrique Núñez, agradece aos centros comerciais
abertos e aos Concellos da provincia a súa adhesión a este programa e anima aos
comerciantes para sumarse a unha iniciativa que contribúe a consolidar a tradicional confianza
que os consumidores teñen no comercio de proximidade e que debe ser un dos alicerces
fundamentais na nova normalidade tras o covid-19.
Núñez lembra que para acreditarse como comercio seguro hai que seguir un sinxelo itinerario.
O primeiro paso é superar o test de auto diagnóstico colgado na web da Xunta
https://www.comerciosegurogalicia.gal/register. O resultado reflíctese nun informe que
recolle o grao de cumprimento do protocolo hixiénico-sanitario establecido en cada
establecemento e inclúe ademais recomendacións sobre as medidas que necesitan
implementar naqueles aspectos nos que se detectan carencias.
Só os comercios que logren o nivel de “elevado” ou “moi elevado” no test poden acceder ao
selo “Comercio Seguro”. Os demais terán un prazo de 15 días para emendar as deficiencias e
optar a unha nova revisión que lles permita contar co mencionado selo.

A Federación realizará revisións periódicas, e aleatorias, co procedemento de Cliente
Misterioso para comprobar o grao de cumprimento da normativa nos establecementos que
obteñan o certificado coa finalidade de recoñecer o esforzo que realiza o pequeno comercio
para adaptarse á nova normativa e por garantir a seguridade e a saúde pública de
traballadores e consumidores.

A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados continuará nas próximas semanas
acreditando ao comercio seguro, do mesmo xeito que está a facer Cocahi (Confederación
Española de Centros históricos) de forma gratuíta a todos os establecementos que forman
parte da Federación Provincial e que obteñan exclusivamente unha cualificación alta no test.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia novos vertidos de auga contaminada ao regato de Figueiroa

Susana Camba: “ Sabemos que no PP son máis de cemento, que de políticas medio ambientais, inexistentes no noso concello, mais xa son horas de tomar en serio este problema”

 
Desde o BNG denuncian unha vez máis os vertidos da rede de sumidoiros en Figueiroa ao regato que atravesa esta parroquia. A concelleira do BNG, Susana Camba, achegouse na tarde de onte ao lugar onde se producen os vertidos e puido ver a desfeita provocada polo mal funcionamento da rede de depuración. Segundo explicou a concelleira nacionalista “isto non é primeira vez que ocorre, desde o BNG denunciámolo en reiteradas ocasións, mais desde o goberno do PP non teñen tomado medidas para paliar esta situación”.


“É un feito  gravísimo o que está ocorrer no sistema de depuración do noso concello, mais o que non pode ser é que o goberno municipal faga oídos xordos ás continuas denuncias que fixemos desde o BNG”, afirma a concelleira do BNG. “Sabemos que no PP son máis de cemento, que de políticas medio ambientais, inexistentes no noso concello”, engade, “mais xa son horas de tomar en serio este problema”.

A concelleira nacionalista recorda que “xa no ano 2018 entregamos varios recipientes con auga contaminada recollida en diversos puntos da rede de sumidoiros do noso concello, para poñer en evidencia a ineficacia do sistema de depuración do noso concello, e a día de hoxe nin concello nin SEPRONA, nin Augas de Galicia tomaron cartas no asunto”. “Se fose un veciño ou veciña o que vertera auga contaminada ao regato, temos claro que estes organismo actuarían con maior dilixencia”, afirma a concelleira do BNG.

Susana Camba insta novamente ao alcalde da Estrada a “tomarse en serio as continuas denuncias que facemos desde o BNG, non é un feito puntual, é algo que acontece habitualmente, e o goberno municipal non pode mirar para outro lado, ten que actuar para evitar que auga contaminada chegue aos regatos e ríos do noso concello”.
Publicado en Portada | Deja un comentario