O ESPECTÁCULO CASA O REI TRAE AO PRINCIPAL UN ELENCO DE LUXO

Con «Casa O’Rei» Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con «O Furancho» e «Raclette». Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de «O Rei Lear» de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

 

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

 

O espectáculo, que terá lugar este venres ás 21.00 h no Teatro Principal, conta cun elenco formado, entre outros, por Marián Bañobre, Miguel Borines, Xosé M. Esperante ou Víctor Mosqueira. A montaxe recibiu o premio á Mejor Montaje (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certamen de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018, Mellor Actor Protagonista (Miguel Borines) nos XIII Premios de Teatro María Casares 2018, Mellor Música Original (Alonso Caxade) XIII Premios de Teatro María Casares 2018.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Saborea aterriza na Plaza do Mercado dende o 23 o 30 de Novembro

Publicado en Portada | Deja un comentario

ENTREGA CHEQUE RECAUDACION AYUDA FAMILIA NEIRA IGLESIAS

A las 12’30 horas del día de ayer, en el Concello de A Estrada, contando con la presencia del Alcalde JOSE LOPEZ, el Teniente Alcalde JUAN CONSTENLA, la Concelleira de SS. SS. AMALIA GOLDAR, El Director de Abanca en A Estrada, JOSE LIÑEIRA FERRO, El Director de Cáritas Parroquial de A Estrada, JOSE MANUEL VAZQUEZ y la empleada de Caritas Parroquial LOURDES TEJEDOR, se hizo entrega a MANUEL NEIRA FERRO, propietario de la casa que ardió hace unos días en la parroquia de Berres-A Estrada, de un cheque por importe de 10.953,14€, recaudación realizada por la distintas empresas y vecinos de A Estrada, en la cuenta abierta por esta ONG para ayuda a la familia NEIRA IGLESIAS. Por parte del Sr. NEIRA IGLESIAS, cabe destacar, según su versión, que no tenía palabras para agradecer el gesto solidario de todo el ayuntamiento A Estrada. Por parte de Caritas Parroquial y de Concello, solo nos queda agradecer a los medios de comunicación su colaboración y buena disposición ejercida en todo momento y a los vecinos y empresas que colaboraron para que este proyecto, llegase a buen puert

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE CRITICA QUE O GOBERNO “ESQUECERA” QUE TIÑA FONDOS DA DEPUTACIÓN PARA AS ACTUACIÓNS NAS ESCOLAS UNITARIAS

O PSOE da Estrada critica que o goberno non execute
con axilidade os investimentos do Plan Concellos da Deputación de
Pontevedra, “A deputación é a única administración que realmente inviste
na Estrada, e en novembro de 2019 estanse a rematar as obras do Plan
Concellos de 2017”, dixo López Bueno.
O voceiro socialista indicou que “As actuacións que se están a facer nestas
semanas nas escolas unitarias veñen financiadas pola Deputación. Para ser
totalmente eficaces, esas obras deberían estar xa executadas no 2017, e o
máis grave dos retrasos é que os veciños e veciñas non poden gozar das
melloras nas instalacións ata que estas se realizan”.
Os socialistas achácanlle a tardanza á “improvisación” que se fai dende o
Goberno. “Non existe un plan para saber a que obras se deben destinar os
fondos, e polo tanto non teñen unha idea clara de cales son as necesidades
reais dos veciños e veciñas. Debería existir unha axenda de infraestruturas
e un plan de mantemento para evitar o deterioro das que xa temos. Cunha
atención axeitada rematarían os problemas de humidades, problemas cos
baños, problemas de goteiras…”.
Ademais, López Bueno manifestou que “En 2019 a Deputación de
Pontevedra puxo máis de 1.650.000 euros en investimentos para A Estrada,
mentres que López Campos levou a investimentos a ridícula cifra de
180.000 euros. A realidade é que a Deputación destina para A Estrada máis
que ningunha outra administración”.
Tamén lamentaron que “na Estrada non se fai investimento con recursos
propios do concello, os cartos dos estradenses destínanse a gastos
improdutivos que en moitos casos, non se chegan a executar”, e sentenciou
“neste concello a Deputación paga practicamente todas as obras”

Publicado en Portada | Deja un comentario

Berta Dávila recolle na Estrada o premio de novela Manuel García Barros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, partipou este serán no Teatro Principal da Estrada na entrega do XXXI Premio de Novela Manuel García Barros á novelista e poeta Berta Dávila Fernández pola obra Carrusel. O galardón -dotado con 9000 euros e a publicación da novela- foi convocado polo Concello da Estrada coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Editorial Galaxia.

Valentín García reparou no papel destacado das escritoras na literatura galega actual, “algo que queda patente tamén nos premios García Barros, que premiaron unha muller o ano pasado e outra este ano, ambas cunhas novelas de altísima calidade e con personaxes femininas dunha fondura psicolóxica francamente enriquecedora”.

Xunto con Valentín García interviñeron no acto o alcalde da Estrada, José López Campos; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e a autora galardoada, Berta Dávila.

Berta Dávila

Berta Dávila Fernández (Santiago de Compostela, 1987) é a cuarta autora en gañar o Premio de Novela Manuel García Barros ao impoñerse o pasado mes de xullo, coa súa novela Carrusel, a unha vintena de narracións presentadas ao certame.

Poeta con libros como Corpo baleiro (2007) ou Raíz da fenda (2013) -Premio Johán Carballeira, Premio Nacional da Crítica Española e Premio AELG-, no eido da narrativa iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba, Premio Biblos de novela 2008, e recibiu os premios Narrativa Breve Repsol e Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen. No ano 2014 foi nomeada autora do ano pola Asociación Galega de Editoras.


Premio García Barros

Creado polo Concello da Estrada en 1989 coa intención de lle render homenaxe ao escritor que lle dá nome, o Premio de Novela Manuel García Barros foille entregado aos seguintes autores e autoras: Manuel Forcadela, Xosé Miranda, Manuel Riveiro, Xosé Ballesteros, Aníbal Malvar, Manuel Lourenzo, Xavier Queipo, Afonso Álvarez Cáccamo, María Gándara, Xosé Carlos Caneiro, Antón Riveiro Coello, Bieito Iglesias, Miguel Ángel Fernández, Xabier López, Xerardo Agrafoxo, Santiago Jaureguízar, Manuel Veiga, Francisco Castro, Xesús Constela, Xosé Monteagudo, Antón Lopo, Antonio Piñeiro, Santiago Lopo, Ángeles Sumai, Alberto Ramos, Manuel Portas, Miguel Sande, Marcos Calveiro, Ana Cabaleiro e, neste 2019, Berta Dávila.
 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O presidente do Parlamento recibe a Medalla de Ouro do Mérito Académico e Profesional do Instituto de Criminalística en A Estrada

 O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu a pasada noite a  Medalla de Ouro do Mérito Académico e Profesional, que lle foi concecida polo Instituto Internacional de Criminalística Aplicada.
 
O acto de entrega celebrouse na noite deste venres coincidindo co comezo do II Congreso Internacional de Criminalística Aplicada que se celebra na sede da Academia Galega de Seguridade, na Estrada.
 
Canda Santalices foron condecoradas diferentes persoas, entre as que se atopaban os dous policías galegos da IUP feridos recentemente os disturbios rexistrados en Barcelona.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao alcalde a mellorar a accesibilidade dos locais electorais

O BNG da Estrada,a través da súa voceira, Susana Camba, ven de denunciar os problemas de accesibilidade aos locais electorais do noso concello.

A concelleira nacionalista explica que “por exemplo a falla de acceso ao local de Ribeira segue igual que hai meses en que as persoas afectadas, en concreto, unha persoa en cadeira de rodas e a súa familia, xa denunciaran publicamente o asunto”.

O BNG ademais quere facer constar que “este problema existe en máis locais públicos do rural, como por exemplo en Santa Mariña, que na maioría dos casos cumpren tamén a función  de centros sociais”. “O peor,” afirma Susana Camba, “é que para máis despropósito todos estes problemas poderían arranxarse con actuación pouco complicadas e poucos custosas”.

A voceira do BNG, reitéralle por enésima vez ao Alcalde “a súa obriga de velar polos servizos dos seus veciños e veciñas, algúns tan básicos como os que permiten a integración social en igualdade de condicións”.

“Actúe e deixe de gastar o erario público en obras para a galería e o malgasto”, afirmou a concelleira do BNG.

Publicado en Portada | Deja un comentario