Os alumnos do Ceip O Foxo adicarón uns versos o falecido e querido Neira Vilas no seu concello Natal Vila de Cruces na súa querida aldea de Gres, acompañados tamén polos membros da súa asociación e o director Xeral de Politica Lingüistica Valentín García que non quixo faltar en este fermoso día de lembranza para Neira Vilas e tamén o querído Reimondez Portela.
Alumnos de 5º e 6º do Ceip O Foxo homenaxean a Neira Vilas no seu cuarto pasamento.
O Ceip O Foxo celebra o 25N cun precioso lema, «A non violencia é a raizarme da liberdade»
Xuntanza de Ganadeiros
O vindeiro 28 de Novembro terá lugar a xuntanza de Ganadeiros que se celebrará no Restaurante Samaná.
Un acto que ten como finalidade recoñecer o labor levado a cabo polos nosos gandeiros ao fronte das súas explotacións, que vén
propiciando unha mellora en termos de calidade e optimación de recursos no sector.
A dita xuntanza está organizada pola concellaría de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira, da que é responsable D.ª María de los Angeles Pais Carbia, e a esta asistirá o director xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte.
O programa de actos previstos será o seguinte:
- 00 h- Recepción das persoas participantes.
- 30 h- Charla a cargo de D. Juan Jose Cerviño Varela sobre o novo paquete lácteo incidindo na contratación das entregas de leite e as organizacións de produtores de leite.
- 15 h- Charla de D. César Resch Zafra sobre a lexislación medioambiental en vigor.
- 00 h- Entrega de agasallos ás explotacións leiteiras gañadoras, baseada nos datos
de control leiteiro recollidos por AFRICOR Pontevedra. Os datos teñen que ver cos quilos de produción, a idade do primeiro parto dos animais ou o intervalo entre parto e parto
- 14:30 h- Xantar de confraternidade.
Día Internacional da visibilización da loita contra a violencia de xénero
Mércores 27, ás 20 h no MOME
Así mesmo desde o CFDT facemos un chamamento a participar en todas as actividades que se organicen e en particuplar na Concentración que organiza o Concello da Estrada ás 20 horas o 25N.
IV Mostra de Teatro Escolar , Olimpio Arca
- Grandullón, o pequeno abusón. CEIP Cabada Vázquez de Codeseda
- As Mulleres e a avogada. CEIP Pérez Viondi
- A Viaxe. CEIP Figueiroa
- O segredo de Flora. CEIP do Foxo
- A escola, o entroido e a foliada:tres paseos con Antón Fraguas. Club de Lectura do IES Nº 1
O PSOE PROPÓN CENTRAR ESFORZOS EN AMPLIAR AS ACTIVIDADES DURANTE O NADAL E AFORRAR NO CUSTO DA ILUMINACIÓN
O PSOE da Estrada propón ampliar a axenda de
actividades durante o nadal e critica o “prezo” da iluminación na Estrada.
Consideran que “O orzamento de 2019 prevé a escandalosa cifra de 40.000
euros para a iluminación de nadal na rúa. É o máis caro da historia da
Estrada e non é nada espectacular”.
López Bueno considera que “por suposto que hai que ter alumeado, é unha
tradición e contribúe ao ambiente de nadal na vila, pero é evidente que se
podería colocar por un prezo moito máis económico. O sobrante dese
axuste debería dedicarse a ampliar a axenda de actividades, para incentivar
aos veciños e veciñas a saír á rúa”. Ademais diso, tamén critica que “no
rural non hai nin unha soa iniciativa promovida polo concello, debe ser que
nas parroquias non existe o nadal”.
A proposta dos socialistas está encamiñada a “dinamizar o comercio con
solucións reais”. O voceiro socialista valora que “A Estrada non é o concello
de Vigo, o noso alumeado é moito menos atractivo. Debemos competir con
outras propostas, como unha axenda máis completa de actividades ou con
outros proxectos que atraian pola súa vistosidade, como acontece co Belén
vivente de Dacón ou o de Monforte”.
Sobre a pista de patinaxe sobre xeo o voceiro reclama “explicacións
públicas sobre o seu financiamento, porque de momento unicamente
conseguiu inflar os gastos do concello. Porén, parécenos precipitado entrar
a valorar se o aluguer da pista é caro ou barato, debemos esperar a ver o
éxito ou fracaso de público e a súa repercusión no comercio”.
O BNG insta ao goberno do PP a elaborar un plan de mantemento periódico das rúas da vila
A voceira do BNG, Susana Camba, lémbralle unha vez mais ao Alcalde a necesidade urxente de elaborar un plan de mantemento das rúas e as infraestruturas das mesmas.
Recórdalle ao sr. López que cando se accede á responsabilidade dun goberno municipal, hai que facer plantexamentos que permitan seguir unha liña de traballo con criterio, lonxe de pelotazos ocasionais usados de maneira interesada en tempo electoral.
Agora mesmo desde o BNG comprobamos, di Susana Camba, como as infraestruturas viarias da vila están nun estado de deterioro e deixadez preocupante.
Deixando aparte cuestións de criterios estéticos, como por exemplo esquinas de beirarrúas que soportan cinco ou seis sinais independentes e postas sen criterio algún, indo ao estado que presentan, atopámonos con : Avda. de Santiago con un pésimo estado da calzada, Rúa 25 de Xullo un desastre, sobre todo no tramo final por debaixo da feira, rúa 20 ata a Farola coa calzada en proceso de descomposición, rúa do Muíño coas beirarrúas e os drenaxes terceiromundistas, pasos de peóns perigosos, como é o caso do da Casa das Letras (que o BNG leva tempo dicindo que merece un estudo por se convén movelo), a seguridade no tramo da nacional 640 desde a sala Lennon ata o fin da zona urbana despois da rotonda das colonias (cuestión que o BNG ten posto varias veces enriba da mesa para que o goberno municipal chame á porta de Fomento), aparcadoiros impracticables…. Etc etc etc.
Desde o BNG coidamos que A Estrada merece máis, merece un goberno que atenda as necesidades dos veciños e veciñas. O goberno do PP non pode seguir de vacacións nin un minuto máis. É o que procede.




















































