A Xunta destaca o compromiso da AGASP coa formación dos efectivos das forzas e corpos de seguridade en Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do alcalde Estradense José López , visitou hoxe aos 120 axentes da Garda Civil de Tráfico que se están a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), onde destacou o compromiso da Academia coa formación permanente e actualizada dos efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado destinados en Galicia. Á xornada formativa tamén asistiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba.

En concreto, no curso de hoxe os axentes participantes, procedentes das catro provincias galegas, realizaron prácticas de controis de tráfico para completar a formación teórica recibida na Agasp sobre o módulo de actuación operativa. Estas prácticas lévanse a cabo no recinto Feiral da Estrada, grazas á cesión das instalacións por parte do concello.

Máis de 800 axentes da Garda Civil de Tráfico completan cada trimestre na sede da AGASP a súa formación interna, que está dividida en catro ciclos de tres meses cada un. Así, os alumnos cursan módulos relacionados coa seguridade viaria, o dereito procesual e penal, a cultura da seguridade, ademais do que se celebrou hoxe relacionado coa actuación operativa. Este último módulo prolongarase ata finais de ano e inclúe contidos sobre a intervención operativa específica e os primeiros auxilios a vítimas de sinistros de tráfico.

Estes cursos inscríbense no convenio asinado en 2015 entre o Ministerio do Interior e a Vicepresidencia da Xunta para a colaboración na formación e actualización do persoal da Garda Civil e a Policía Nacional que traballa na nosa comunidade. A AGASP pon á disposición as súas instalacións para realizar actividades formativas, xornadas, seminarios, prácticas e demais iniciativas. Grazas á esta colaboración, nos últimos catro anos formáronse na Academia máis de 6000 axentes.

Ademais, os axentes da Garda Civil de Tráfico que se están a formar na AGASP poden optar á convocatoria dos plans de formación continua e específicos que a Academia convoca cada ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado xullo estes plans que contan cun total de 30 cursos destinados a máis de 1000 profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado en Galicia. No caso da Garda Civil, a formación centrase en temas como a investigación de criptomoedas, as estafas a través da Internet, as licenzas de armas e o análises forenses.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PROPÓN ESTUDAR A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE BAIXOS COMERCIAIS PARA REDUCIR OS PREZOS DO ALUGUER

O PSOE propón elaborar unha bolsa de baixos comerciais promovida polo
concello co obxectivo de reducir os prezos do aluguer. López Bueno cre que
“estamos nunha situación límite e cómpre apostar por iniciativas
importantes. A inacción do goberno non vai resolver a situación, e
necesitamos con urxencia algunha política que ataque o problema do prezo
de aluguer”.
López Bueno explicou que “a bolsa de baixos comerciais podería limitar os
prezos, que virían marcados nas bases da bolsa. O propietario obtería a
cambio unha axuda para a reforma do local, e quizais outros incentivos.
Este mecanismo faría interesante colocar o baixo nela, e regular deste xeito
o prezo do aluguer”.
Respecto dos outros incentivos, o voceiro socialista completou “dentro da
propia bolsa poderíase promover unha póliza de seguro sobre os pagos da
renda do aluguer. Iso aportaría seguridade para o arrendador e eliminaría
ese custo do prezo a pagar polo comerciante”.
O líder dos socialistas asegura que “en primeiro lugar hai que ter vontade
política, contactar cos propietarios para coñecer de primeira man as súas
demandas, e axustar na medida do posible a bolsa aos intereses dos
propietarios e dos comerciantes. Ademais diso, a nivel de orzamento é
perfectamente asumible”.
De todas as maneiras, o líder dos socialistas considera que non abondará
con iso para impulsar o comercio estradense “esta medida por si mesma
axudará a paliar o problema, pero débese acompañar dunha política
industrial que busque xerar emprego na Estrada e fixar poboación, só desa
maneira conseguiremos colocar máis consumidores na rúa”.
López Bueno aproveitou para criticar o “inmobilismo” do goberno municipal
respecto do problema do comercio “a resposta de López Campos é que
pechaban comercios antes e pechan agora, sen que o goberno poida facer
nada. A nós non nos parece unha maneira de buscar solucións. Apoiar ao
comercio nas súas iniciativas está ben, pero o problema actual só se resolve
con visión estratéxica a longo prazo”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O baile tradicional galego, aterriza nos 3 IES Estradenses

Como ven sendo tradicional nestos últimos anos, neste primeiro trimestre do ano e en colaboración cos seminarios de Educación Física dos 3 IES públicos da Estrada, volvemos  a levar o baile tradicional galego ás clases de educación física.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Ceip o Foxo recorda a Xosé Neira Vilas

Na tarde de onte os alumnos e mestres do centro Estradense CEIP O Foxo festexarón o 81 cumpreanos de Xosé Neira Vilas.

Plantaron para el uns pensamentos que a súa Fundación cedeu para o acto, de seguido coa colaboración das familia fixeron unha lectura colectiva cos libros do escritor no Biblioteca que leva o seu nome.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Paulo Vicente Monteagudo, elixido novo presidente da Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo
celebrou ao longo de toda a xornada de hoxe as súas eleccións á presidencia e, como
froito das mesmas, o veciño Paulo Vicente Monteagudo saíu escollido como novo
máximo mandatario do colectivo ao obter 89 votos nuns comicios que contaron cunha
elevada participación da parroquia. Así, cómpre sinalar que se emitiron, nas sete horas
de apertura da urna no colexio electoral instalado no teleclube, un total de 104
papeletas válidas.
Deste xeito, Paulo Vicente Monteagudo será o encargado de dirixir o colectivo durante
os vindeiros catro anos, ata 2023, tomando o testemuño de Henrique Bazal Bouzas,
que presidíu a asociación dende o ano 2015.
Paulo Vicente Monteagudo (Sabucedo, 1981) formaba parte da directiva saínte e,
durante os últimos anos, ademais do intenso traballo no monte ao longo de todo o ano
e no curro, centrouse especialmente nas labores de desparasitación das bestas como
consecuencia da súa firme crenza na defensa da saúde e do benestar dos animais.
Estudou Música na Universidade de Oviedo e na actualidade exerce de profesor desta
disciplina no IES Punta Candieira, no municipio coruñés de Cedeira.
Tanto Henrique Bazal como Paulo Vicente Monteagudo amosaron a súa satisfacción
pola elevada participación e a implicación da parroquia na elección da persoa que
dirixirá á nova directiva, “xa que demostra que Sabucedo está máis vivo ca nunca e
que toda a xente que formamos parte desta parroquia somos una gran familia que
queremos ser partícipes do futuro da manda do Santo e de todo o que rodea á Rapa
das Bestas”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acto Central BNG en A Estrada

O vindeiro mércores 6 de novembro, ás 20.30 horas, no MOME, o BNG da Estrada celebrará o acto público da campaña electoral das eleccións Xerais. Intervirán Xosé Magariños, Susana Camba (concelleira) e Luís Bará (deputado no Parlamento Galego).
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PROPÓN ELABORAR UN INVENTARIO DE INSTALACIÓNS ANTES DE DECIDIR O USO DO NOVO ANEXO AO TEATRO

O PSOE propón elaborar un inventario de instalacións antes de decidir que
uso terá o novo edificio anexo que o goberno pretende construír na parcela
que adquirirá na rúa Serafín Pazo.
López Bueno explicou que “estamos a favor de aproveitar a edificabilidade
da parcela, pero antes de decidir un destino para ese novo edificio público é
necesario avaliar cales son as necesidades. Entendemos que non é negativo
crear un novo espazo para usos culturais, pero xa contamos con
instalacións suficientes para acoller esas actividades: Teatro Principal, sala
anexa ao teatro, MOME, Sala Abanca… e incluso instalacións pechadas
como o Museo Reimóndez Portela. De todas as maneiras, para confirmalo
hai que elaborar o inventario”.
O voceiro socialista puntualizou que “o obxectivo desa avaliación é definir
como será o edificio, que servizos pode acoller a instalación, e decidir
despois cal será o destino da infraestrutura. Débese construír con visión de
futuro, os aproveitamentos deben ser duradeiros e operativos, non
queremos outro museo nin outro matadoiro pechados”.
O PSOE considera oportuno “reunir aos grupos da corporación para fixar
prioridades e traballar en propostas, e como é evidente, contando cos
grupos de interese que se beneficiarían dos usos do novo edificio”.
López Bueno tamén considerou que o goberno debe “planificar as propostas
que fai: anúnciase unha edificación sen ter nada real enriba da mesa, é
unha simple declaración de intencións pendente de materializarse” e
cualificou de “pouco seria” a xestión do goberno. Ademais lamentouse de
que o goberno “utilice as institucións para dificultar o noso traballo como
oposición, a comisión que debe pronunciarse sobre a modificación do crédito
para adquirir os terreos convocouse o luns, sen apenas tempo para estudar
os asuntos. Deste xeito unicamente están empeorando propostas que
poderían ser mellores”.

Publicado en Portada | Deja un comentario