SUSPENDIDA A FUNCIÓN DE XAMÓN XAMÓN

Lembrámosvos que, como se anunciara en setembro, o espectáculo XAMÓN XAMÓN da cía Tirinautas previsto para o 8 de novembro, suspendeuse por mor da ocupación do teatro con motivo da convocatoria electoral. Antes de final de ano a compañía anunciará a data da nova representación que terá lugar a principios de ano. Pola súa banda, o certame XX aniversario da Coral Polifónica de Berres terá lugar na igrexa de Berres ás 20.30 h en vez de no Teatro Principal lugar onde estaba prevista a actuación, debido ao mesmo problema.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO ACUSA AO GOBERNO DE “IMPROVISACIÓN” NO PROXECTO DE APARCAMENTO DETRÁS DO TEATRO MUNICIPAL

O PSOE amosou o seu parecer sobre a adquisición dunha finca lindeira co
Teatro Municipal e que se pretende destinar á construción dun anexo ao
propio Teatro e a habilitar como aparcamento a parcela posterior á vivenda.
López Bueno considerou que “esa adquisición entra dentro do previsible,
polo derribo que ameaza á vivenda que hai construída e pola planificación
que se contén no Plan de Mobilidade Urbana Sostible. Porén, hai dúas
semanas que se presentou o PMUS e xa se anuncian cambios nunha das
súas actuacións principais. O lóxico sería deseñar primeiro un proxecto de
desenvolvemento, avanzar nas xestións para levalo a cabo, e despois
adquirir os terreos para executalo”.
O voceiro socialista desenvolveu a súa explicación: “No PMUS recoméndase
un aparcamento disuasorio que una o da Biblioteca Municipal co do Teatro.
Ata aí, todo entra dentro do esperable, pero o goberno afirma que quere
acordar cos propietarios unha zona de paso de vehículos entre un
aparcamento e o outro, entón en que quedamos? Hai dúas semanas ía
crearse un gran aparcamento e agora haberá dous pequenos?”.
López Bueno acusou ao goberno de “improvisación”. “Nesta ocasión todo
comeza cun Plan de Mobilidade, despois o goberno improvisa sobre el e
froito dunha serie de carambolas, ninguén sabe se o plan se executará, se
se executará a medias, ou non se executará. O máis preocupante é que isto
acontece en cada iniciativa que toma o goberno, non hai máis que ver a
alameda da foto de presentación e a alameda que finalmente temos”.
Os socialistas aféanlle ao goberno a súa maneira de proceder “é inaceptable
que o goberno encargue un documento técnico, que os expertos proxecten
unha actuación, e seguidamente o goberno os desautorice. Deberíanse
ofrecer explicacións sobre as xestións que se están a realizar e concreción
en que é o que se intenta conseguir”.
López Bueno tamén acusa ao goberno de falta de previsión “o único que se
anuncia é que se vai mercar unha parcela, pero non se definen os detalles
de como será o novo aparcamento, nin existe un proxecto real para o anexo
ao Teatro. Os estradenses investiremos os nosos cartos nun terreo e
despois veremos se o goberno é capaz de resolver as obras que proxecta”

Publicado en Portada | Deja un comentario

Van tres meses e o PP aínda non explicou a implantación da fibra óptica no noso concello

Hai tres meses que o BNG rexistrou unha batería de preguntas para saber o alcance da implantación da fibra óptica no noso concello. A día de hoxe a organización nacionalista aínda non ten resposta por parte do goberno municipal.

A concelleira do BNG, Susana Camba, indicou que “xa sabemos que as cousas de palacio van despacio, mais cremos que estas alturas xa deberíamos ter unha resposta por parte do alcalde e do seu grupo de goberno”. “Sabemos”, engadiu, “que hai unha indignación cada vez maior no rural estradense polo trato discriminatorio que a empresa Movistar, operadora encargada de espallar a fibra óptica no noso concello, dispensa aos veciños e veciñas”.

“Como xa dixemos hai tres meses”, explicou a concelleira nacionalista, “é que na maior parte das parroquias do rural hai veciños con fibra óptica e outros non. E o máis curioso é que hai casos onde sospeitamos de trato caciquil para beneficiar a determinados “amigos” do PP”.

A concelleira nacionalista indicou que “este tipo de agravios entre veciños, así como o caciquismo, non son tolerábeis en pleno século XXI, non é de recibo este tipo de trato discriminatorios entre uns veciños e outros, porque xa non se estamos falando só da prestación de determinados servizos, senón que falamos de cartos, xa que as operadoras de telecomunicación teñen ofertas máis económicas para fibra que para outro tipo de conexións a internet”. “Temos constancia de que hai veciños que están pagando de media uns 20 euros máis ao mes (240 euros ao ano), por un peor servizo, e iso non é de recibo”, engadiu a concelleira do BNG.

“Temos constancia de que a implantación da fibra óptica é moi desigual”, indicou Susana Camba, “mais queremos coñecer polo miúdo os datos reais, polo que instamos ao goberno do PP a facer os deberes e a responder á información solicitada”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Sabucedo agarda a centos de persoas este sábado na 5ª edición da súa Muiñada, Magosto e Samaín

A Asociación A Rapa das Bestas e a Asociación
de Veciños de Sabucedo veñen de presentar a quinta edición da MUSA, Muiñada,
Magosto e Samaín, na que se reivindicará o mundo rural, o medio ambiente e as
tradicións coa estimada presenza de centos de persoas que ateigarán a parroquia.
Este evento, creado en 2015 e consolidado no calendario de festas de outono da
provincia, celebrarase este sábado, 2 de novembro, cunha ducia de actividades que se
prolongarán durante 15 horas ininterrompidas.
Os veciños, que presentaron a MUSA nunha das vivendas xa engalanada con motivos
propios da tradición celta do Samaín, confían en que, malia as dúbidas
meteorolóxicas, os asistentes volvan encher a aldea e participen activamente en todas
as actividades, con especial protagonismo no roteiro de Sabucedo en quenda matinal,
os obradoiros vespertinos e a escura procesión da Santa Compaña ata o cruceiro.
Polo demais, durante a xornada haberá un xantar popular con produtos da Terra de
Montes na Carballeira do Campo do Medio que xa ten os seus convites á venda a un
prezo de 17 euros de xeito anticipado ou 19 –10 para os nenos– no mesmo día. As
reservas poden facerse nos teléfonos 659 908 745 ou 684 126 649. Tamén haberá
polbo á feira a un prezo de 10 euros.
En representación do colectivo veciñal, Fátima Fernández explicou que a xente de
Sabucedo “está a traballar arreo e con moita participación para que todo volva ser un
éxito e ademais incorporamos pequenos detalles nas actividades que fan que en cada
edición todo saia mellor”, polo que quixo convidar a todos os veciños das parroquias e
dos concellos limítrofes a “gozar dunha xornada especial de Samaín nunha aldea que
sempre acolle a todo o mundo cos brazos abertos”.
Pola súa banda, Henrique Bazal, presidente de Rapa das Bestas, engadíu que a
MUSA “reúne todos os ingredientes dunha festa familiar en torno ás nosas tradicións e
serve para demostrar a nosa aposta e cariño polo medio rural e pola dignificación e
dinamismo da vida na aldea e no interior de Galicia”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta incide na importancia da actualización da formación dos corpos e forzas de seguridade en Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva acompañado polo tenente de Alcalde Estradense Juán Constenla, participou hoxe no III Encontro de Polícias Locais de Galicia organizado pola Asociación de Xefes e Mandos de Polícia Local de Galicia (Axempol) na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Na súa intervención recoñeceu o traballo dos policías locais nos concellos galegos e a importancia da actualización da formación dos corpos e forzas de seguridade do Estado, que se leva a cabo na AGASP.

Máis dun cento de axentes participaron no acto de hoxe no que se entregaron distincións a membros da asociación Axempol e no que tamén se celebrou unha mesa redonda sobre as novidades en materia de circulación e tráfico urbano.

A Academia Galega de Seguridade Pública está a formar aos alumnos dos procesos de selección para optar a prazas para Policía Local centralizados pola Xunta. A Administración autonómica publicou a finais de 2017 un decreto para unificar na AGASP as oposicións de auxiliares e policías locais dos concellos que así o decidisen de forma voluntaria e, actualmente, xa son 73 os concellos que se adheriron a este procedemento.

Primeiras probas este domingo

No caso da policía local, en novembro de 2018 comezou o primeiro proceso para esta categoría con 38 prazas en 23 concellos e en xuño publicouse o segundo para cubrir 158 postos en 28 entidades locais (132 pola quenda libre e 26 pola quenda de concurso-mobilidade), do que este domingo comezarán as probas.

O recinto feiral de Silleda, no seu pavillón 2, acollerá o domingo a primeira proba sobre o test de coñecemento e a segunda coa proba de galego para os non exentos.

O primeiro proceso de selección de forma centralizada foi o de auxiliares coa celebración das probas entre maio e xuño de 2018 para optar a 109 prazas. En abril deste ano anunciouse a segunda convocatoria con 155 prazas para esta categoría. O proceso rematou en xuño coa adxudicación de postos.

A AGASP tamén está a formar no segundo semestre deste ano a máis dun milleiro de axentes da Policía Nacional con destino en Galicia, da Policía Autonómica, da Garda Civil e da Policía Local. Este plan de formación continua dispón para o persoal da Policía Local para o último cuadrimestre de 42 actividades e preto de 700 horas de formación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE TACHA DE “DISPENDIO” A RENOVACIÓN DO MOBILIARIO DO CASCO URBANO

O PSOE criticou a renovación do mobiliario urbano que está a instalarse
estes días na vila: “é innecesario cambiar moitos dos bancos, abondaría con
repoñer os taboleiros por outros novos. Trátase dun dispendio que se está a
pagar con cartos que son de todos”.
Tamén criticou as prioridades do goberno á hora de facer gasto, “É unha
insensatez gastar o diñeiro de todos os estradenses en comprarlle novo
mobiliario a Globalia mentres o muro do Pérez Viondi continúa sendo un
risco para os alumnos, por exemplo. Amalia Goldar respondeulle ao centro
que non había cartos para esa actuación mentres os pais e nais ven como
se renova un mobiliario que tan só carece de mantemento” afirmou López
Bueno. “López Campos debe ter claras as súas prioridades, quere centros
escolares seguros ou papeleiras novas?” sentenciou.
O voceiro socialista recomendoulle ao goberno que “se centre no
mantemento do mobiliario para non ter que mercalo cada catro anos. O
único certo é que cunha prevención axeitada teriamos bancos e papeleiras
durante décadas”.
López Bueno fixo notar o estado doutros elementos do mobiliario urbano
“na rúa Calvo Sotelo hai farois esnaquizados dende hai un ano, as árbores
que se sacaron non se repuxeron se non que se taparon os ocos con placas
metálicas, e as macetas ornamentais carecen de plantas. Se o obxectivo de
renovar o mobiliario é mellorar o aspecto das rúas, deberíase repoñer todo
e non só unha parte”. Ademais criticou que “o estado e a limpeza das
beirarrúas é mellorable en segundo que rúas”.
O líder dos socialistas manifestou que a carencia de prevención provoca o
deterioro do mobiliario: “estes dispendios están provocados pola ausencia
dun plan de mantemento, tanto de infraestruturas como destes elementos
do mobiliario urbano. En calquera organización existen plans que maximizan
a vida útil deses elementos. No noso concello non existe un documento que
determine as actuacións de reparación e prevención, e por iso os viais do
rural están en ruína, os colexios deben chamar reiteradamente ao concello
para que se envíen operarios, e a alameda ten a fonte sen limpar e o
cemento de cor marrón”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Tarabela Creativa aterriza no Ceip O Foxo, para celebrar o día da Biblioteca

Onte no CEIP do Foxo, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de invertarse a súa historia, e imaxinar sen limites, para celerar o día da Biblioteca, acompañados de Carmen integrante de Tarabela Creativa, ca que fixerón un faladoiro de contos, no que disfrutarón como nun gran festa.

Publicado en Portada | Deja un comentario