«Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma»

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada informa de que a partir de hoxe martes, día 1 de outubro, botará a andar a exposición titulada Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia
orgullosa de si mesma.
A exposición, promovida pola Xunta de Galicia, insírese dentro do marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 itinerando por lugares como Ferrol, Arteixo, A Coruña, Celanova, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela ou Ourense.
A exposición, situada na Casa das Letras, consta de 12 paneis nos que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e, as achegas que nun momento dado, o escritor e investigador lle fai á cultura galega.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE OPONSE AO GOBERNO NA SÚA INICIATIVA DE PRIVATIZAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO

López Bueno considera que “é unha man obra que lles evita xestionar o servizo, dese xeito o goberno desenténdese dos problemas da recollida e os veciños e veciñas pagarán o que a concesionaria considere oportuno”
O PSOE da Estrada oponse “frontalmente” á iniciativa do goberno de privatizar o servizo de recollida de lixo. O voceiro municipal dos socialistas
afirma que “é un completo disparate, hai
ano e medio renováronse os camións de recollida por 439.000 euros,
e agora preténdese externalizar a prestación do servizo”.
Tamén apuntan a que “estamos ante outra das
improvisacións do goberno, esperemos que este novo anuncio non se chegue a cumprir nunca, como tantos outros estudos que realiza o goberno municipal”.
López Bueno interpreta que “é unha manobra que lle permite ao goberno eludir as súas responsabilidades e evitar facer a xestión do servizo. O
que acontecerá se a iniciativa sae
adiante é que subirán os recibos que se lles cobra aos veciños e ás veciñas sen que aprestación do servizo mellore”.
O voceiro explicou esta conclusión, “as empresas privadas
buscanrendementos económicos positivos para repartir
os beneficios entre os seus socios,cando a xestión é pública aspírase a beneficio 0, cubrir os gastos da prestación do servizo sen
ter que dar beneficios”. O líder dos socialistas completou a súa explicación levando a análise ao caso da Estrada “A Estrada non é un concello atractivo para prestar o servizo de recollida de lixo por tres motivos:
temos un rural moi extenso, con un gran número de habitantes e con
moita dispersión de poboación, iso dificulta reducir os custos de prestar o servizo, e por iso non se poden obter resultados positivos sen cobrarlles máis aos veciños e ás veciñas”.
Os socialistas entenden que “de momento s ó se trata dunha idea”, pero móstranse preocupados porque o goberno non empezara por valorar outras iniciativas que manterían aprestación do servizo en mans do concello.“
Abrir o camiño das privatizacións unicamente serve para eludir a responsabilidade de xestión que ten o concello, cómpre atopar unhasolución que resolva os problemas de persoal, que mellore a calidade e a frecuencia darecollida e que non supoña un recibo máis caro
para os veciños e veciñas”
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia forman a mulleres do rural en comercio e banca electrónica

A Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia veñen de poñer en marcha a Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica, que se desenvolverá durante os meses de setembro, outubro e novembro.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, acompañados pola concelleira Servicios Sociais Amalia Goldar visitaron hoxe na Estrada un destes cursos, que contan cunha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. En total, a iniciativa chegará a oito concellos. Ademais da Estrada, programáronse sesións en Ordes, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Boiro, Monterroso e Moaña.

A escola sobre comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego con fin de diminuír a fenda dixital, e por fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto onde estas transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Así, durante o obradoiro, as participantes adquirirán coñecementos e habilidades relacionadas coa banca e o comercio electrónico, coñecerán os seus dereitos como persoas consumidoras, así como as ferramentas necesarias para exercer estes dereitos.

 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

BASES XXV TORNEO DE TENIS CONCELLO DA ESTRADA

1. O Torneo rexerase polas normas da R.F.E.T.. É indispensable estar
en posesión da licenza federativa de tenis para o presente ano, para
disputar as probas federadas, non así para a proba mixta non
federada.
2. Probas a disputar: Absoluto e infantil (masculino e feminino en
tódalas probas se hai un mínimo de 6 participantes), e absoluto
mixto non federado.
3. Os cadros finais serán de 16 xogadores con 4 clasificados da fase
previa, se hai os suficientes xogadores inscritos. Os cadros de previa
son sen limite de prazas.
4. Xogarase a 2 sets con tie break e supertie break en lugar do terceiro
set. Por decisión do xuíz arbitro, poderase modificar o sistema de
xogo (segundo o regulamento técnico da RFET) por motivos de
tempo ou meteorolóxicos.
5. Os partidos xogaranse en pistas de moqueta, e poderase xogar
en pavillóns de pista dura, por causas meteorolóxicas; nas
instalacións do Concello da Estrada e se fose necesario utilizaríase
luz artificial.
6. As datas de celebración serán do 10 o 20 de outubro.
7. Se fose necesario podería ter que xogarse dous partidos o mesmo
día.
8. Para cada partido utilizarase un bote de pelotas que terán que
recoller na conserxería do Pavillón “M. Coto Ferreiro” e devolver ao
remate do mesmo.
9. É obrigación dos xogadores decatarse da data e hora dos seus
partidos. O Xuíz Árbitro poderá aplicar W.O. a todo xogador que
non se presente a xogar 10 minutos despois da hora oficial sinalada
para o seu partido.
10.Recoméndase a tódolos xogadores que teñan problemas de
horarios o comuniquen ó inscribirse.
11.Os xogadores en pista deberán vestir de forma regramentaria e
axustalo seu comportamento as normas do Código de Conduta.
12.Os resultados dos partidos comunicaranse aos organizadores, no pabillón
ou no telefono 696359226.
13. A data limite para a inscrición será o 4 de outubro as 16 horas. O
sorteo será o día 7 ás 16:00 horas.
14.As inscricións realizaranse on-line, na páxina de ibertenis, ou a
través do Concello da Estrada.
15.Os prezos das inscricións serán de 8 euros para os infantís, e de 10
euros para a categoría absoluta, non se cobrará inscrición na
categoría mixta non federada.
16.Tódalas cuestións que se susciten non determinadas neste
regulamento serán resoltas polo Xuíz Árbitro ou polos adxuntos que
el nomee para substituílo na súa ausencia. As súas decisións serán
inapelables.
17.DEREITOS DE IMAXE: Estas bases son públicas. A inscrición ou
participación no torneo supón a cesión dos dereitos de imaxe a:
Clube Escola de Tenis MVL e o Concella da Estrada por parte de
tódolos participantes na proba, sexan xogadores, adestradores,
membros da organización ou público. Todo aquel xogador,
adestrador, membro da organización ou público que non desexe
participar coa súa imaxe nos actos da proba excepto: fotografías
de entrada en pista, de grupo e entrega de trofeos, deberá
comunicalo por escrito a través dos canles de comunicación da
proba.
18.Organización:
Organiza Clube Escola de Tenis MVL
Absoluto mixto, Absoluto feminino, infantil (masculino e feminino)
Número de homologación 9 144
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Marcos Vilasánchez
Adxuntos: Gonzalo Fernández, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda
Absoluto masculino
Número de homologación 9 145
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Gonzalo Fernández
Adxuntos: Marcos Vilasánchez, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG non tolerará a privatización da recollida do lixo

Desde o BNG vemos como estupor que o alcalde da Estrada contemple a posibilidade da privatización da recollida do lixo no noso concello, e faino poucos meses despois de renovar toda a flota de camións de recollida, así como os contedores do lixo.

O alcalde, coas súas declaracións, demostra que é un incompetente; o PP presume de ser un bo xestor e o único que saben facer é privatizar. Se a recollida do lixo ten problemas – e así é, o BNG teno denunciado en diversas ocasións – a solución non é privatizar, senón xestionar mellor, dotar de persoal estábel o servizo de recollida, e se para iso ten que modificar a RPT pois na súa man está, teñen concelleiros e concelleiras abondo para facelo.

Neste sentido, se con 12 concelleiros e concelleiras non saben xestionar mellor e solucionar un problema crónico que ten o servizo de recollida do lixo o mellor é que dimita. Privatizar non é dar mellor servizo aos veciños e veciñas, ao contrario, hai exemplos noutros concellos que o demostran, e para o único que serve é para que unha empresa se lucre a conta do erario municipal e o que é peor, deteriore aínda máis a calidade do emprego no noso concello.

O BNG non tolerará que o PP privatice a recollida do lixo e tomaremos as medidas políticas e sociais que sexan necesarias para impedilo. Cos servizos municipais e coa emprego non se xoga.

—
BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural A Estrada acada o 88 por cento de inserción

A Fundación Cultural A Estrada está a xestionar o cuarto Programa Integrado de
Emprego “A Estrada Activa IV” subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego
e Industria e cofinanciado pola propia Fundación. Nesta edición, que se puxo en
marcha o 2 de novembro de 2018 e que rematará o próximo 31 de outubro de 2019,
estase a traballar con 100 persoas de diferentes colectivos e perfís.
Esta edición continúa coa mesma liña de traballo de anos anteriores xa que reportaron
e están a reportar resultados satisfactorios.
Nestes meses que levamos deste programa realizáronse diferentes actividades
formativas tanto a nivel individual como colectivas. Así, ao comezo do programa
realizouse un diagnóstico ocupacional de cada un dos participantes para coñecer os
seus perfís profesionais e, en base a eles, axudarlles a elaborar currículums específicos
para cada posto. Para iso desenvolvéronse sesións seguindo técnicas de coaching
grupal e individual.
Realizouse formación en prevención de riscos laborais, sesións de coaching a nivel
grupal e individual, obradoiros de entrevistas, informática básica, manipulador de
alimentos, información e asesoramento da experiencia profesional, inglés e talleres
para a procura de emprego, entre outras actividades. Por outra banda, as persoas
inscritas neste programa poden completar o seu CV cunha plataforma de formación en
liña na que se ofertan máis de 600 cursos.
O programa continúa coas accións individuais de todos os participantes, coa
realización de visitas a empresas e co sistema de intermediación laboral levado a cabo
desde a Fundación Cultural A Estrada, que permite adaptar a oferta á demanda
laboral.
Froito deste traballo no que levamos de proxecto, acadouse un índice de inserción ao
mercado laboral do 88 %, iniciando 2 persoas participantes o seu propio proxecto
empresarial apoiándose no asesoramento en materia de emprendemento que se lles
facilitou.
Un total de 88 das 100 persoas que iniciaron este programa integrado de emprego se
incorporaron ao mercado laboral en empresas de diferentes actividades, como a
limpeza, o aluminio, a hostalería, o comercio, a administración, a fábrica, as
telecomunicacións e a asistencia telefónica, entre outros. 46 persoas usuarias
traballaron por conta allea alomenos 3 meses, estando en expectativa de acadar ese
período mínimo outras 7 máis en vindeiras datas. Cabe subliñar que desde o inicio do
proxecto destas 46 persoas, 22 traballaron alomenos 6 meses.
PROGRAMAS
DE EMPREGO
DE GALICIA
INTEGRADOS
Nas últimas datas producíuse un incremento na inserción laboral e na renovación de
contratos das persoas usuarias do programa que agardamos supoñan un aumento
importante nas cifras anteriormente dadas, de aquí á finalización do programa. Cabe
subliñar que o obxectivo mínimo que se marcaba neste programa era do 35% de
persoas usuarias que traballaran alomenos 3 meses durante o ano de duración do
mesmo.
COLECTIVOS DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO A ESTRADA ACTIVA IV
—————————————–
– Persoas con discapacidade
– Persoas en risco de exclusión social
– Menores de 30 anos
– Persoas desempregadas maiores de 45 anos
– Persoas desempregadas perceptoras de prestacións
– Persoas desempregadas de longa duración
– Mulleres
———————

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde Estradense visita o Servizo de Atención Temperá

 Na mañá de onte o alcalde Estradense José López acompañado da Concelleira de  Servicios Sociais visitarón o Piso de Servizo de Atención Temperá destinado a poboación infantil de 0 a 6 anos e as súas familias para dar unha resposta aos nenos con trastorno ou rocha de padecelo é así facilitar ou desenvolvemento dá súa autonomía persoal e a súa inclusión social

Publicado en Portada | Deja un comentario