O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas “Mini” leva ao parlamento as desfeitas causadas pola fauna salvaxe na Estrada

O deputado nacionalista mantivo un encontro con gandeiros e gandeiras do concello para coñecer de primeira man os problemas que causa o xabarín e o lobo nos cultivos e animais domésticos

 

 O deputado do BNG no Parlamento Galego, Xosé Luís Rivas “Mini”, mantivo no día de onte un encontro con gandeiros e gandeiras do noso concellos cuxas leiras se viron afectadas polo xabarín. O encontro do deputado, que estivo acompañado polo concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, así como Susana Camba, do consello local e da Executiva Nacional do BNG, tiveron lugar nas parroquias de Santo André de Vea, concretamente nunha leira afectada polo xabarín até en catro ocasións, en Lamas onde tamén se rexistraron desfeitas causadas por este animal salvaxe.
 
Segundo explicou o deputado nacionalista “o BNG está comprometido co sector agro-gandeiro na procura dunha solución aos reiterados ataques a cultivos e gando por parte da fauna salvaxe”. “Esta situación”, afirmou, “que está motivada pola desastrosa política agro-gandeira e forestal do PP dos últimos trinta anos”. “É certo que temos moito monte, pero as eucalipteiras non dan alimento á fauna salvaxe, empuxándoa aos cultivos e aos animais domésticos no caso do lobo”.
 
O deputado do BNG anunciou, que “temos en axenda diversas proposicións non de lei e outras iniciativas para tratar este asunto, que resulta moi prexudicial para os intereses dos gandeiros e das gandeiras, e por suposto incluiremos os danos que vimos de coñecer aquí na Estrada”.
 
O deputado do BNG no Parlamento indicou que “facer batidas xa se ten demostrado que non é a solución, estamos por manter a diversidade, algo no que coincidimos cos gandeiros, mais avogamos pola posta en marcha de recursos para medidas preventivas que impidan o achegamento da fauna salvaxe aos cultivos, así como o pago xeneroso e inmediato de danos”. “O que non pode ser”, afirmou Mini, “é que os gandeiros chamen ao 012 para que lles veñan levantar acta das desfeitas causadas polo xabarín e non atendan as súas demandas.” “O que non pode ser”, engadiu, “é que os gandeiros e gandeiras teñan que agardar anos -os que teñen sorte- para cobrar unha indemnización miserenta que non cubre as perdas ocasionadas, porque non estamos a falar duns graos de millo que se perden, estamos a falar das perdas na produción, estamos a falar de alimento para o gando, e iso ten un prezo moi distinto ao que está pagando agora mesmo a administración galega”. 
 
O deputado nacionalista indicou que “se estamos todos de acordo en que a diversidade medioambiental é necesaria e un ben que non podemos perder, o que si temos claro no BNG é que o que tamén compre protexer é ao gandeiro e gandeira, porque, ademais de proporcionarnos alimento, cumpre unha función social no rural da que non podemos prescindir se queremos un rural vivo e especialmente se queremos unha Galiza con futuro”.
 
Pola súa parte o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, lamentou a falta de interese do alcalde co sector agro-gandeiro. “Sobre as desfeitas causadas polo xabarín ou os ataques do lobo o noso alcalde nin se pronunciou nin agardamos que faga algo na administración amiga de San Caetano”, afirmou. “Semella”, engadiu, “que ao alcalde só lle interesan os negocios dos amigos” en referencia á polémica que estes días sacude a política local de supostos tratos de favor nas adxudicacións públicas á empresa do xefe de protección civil do concello e membro da executiva local do PP.
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Morre unha mullerde 44 anos nunha saída de vía en A Estrada

Unha veciña da parroquía Estradense de Cereixo falace esta mañá nun accidente de trafico, Milagros Maceira Fernández , de 44 anos que circulaba pola nacional 640 dirección Silleda.

A falecida viaxaba o seu posto de traballo ó colexio público Nosa Señora da Piedade donde era mestra.

Ata o lugar do sinistro transladaronse unha ambulancia do 061, un médico do PAC, ademais dun helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Tamén se achegarón Bombeiros do Deza para excarcelala victima, os GES de A Estrada e membros da Garda Civil de Tráfico de Lalín.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Esiximos unha comisión de investigación sobre os negocios de Failde co concello da Estrada

Esiximos ao alcalde a convocatoria desta comisión, estendendo o período investigado ás adxudicacións da Estrada Dixital, das que se beneficiou o grupo de empresas que agora rexenta o xefe de protección civil da localidade

 

Desde o BNG da Estrada esiximos ao alcalde a convocatoria dunha comisión de investigación no concello para aclarar todos os contratos adxudicados ás empresas vinculadas ao xefe de Protección Civil da Estrada, Carlos Faílde, e membro da executiva local do PP.
 
Esta petición da comisión de investigación estendémola non só ao período no que esta persoa compatibiliza o cargo de xefe de protección civil, nomeado polo alcalde da Estrada, senón tamén aos últimos 10 anos, e en concreto ás adxudicacións feitas a través do proxecto A Estrada Dixital, cuxo grupo de empresas beneficiouse con máis de 400.000 euros en adxudicacións durante ese período.
 
En concreto, queremos se faga unha especial investigación da adxudicación dun contrato de 280.000 euros, da que foi beneficiaria a empresa que agora rexenta Carlos Failde. Un contrato, que, como dixemos en 2007, foi adxudicado a dedo, coa única oposición do BNG no seo da padroado da Fundación Cultural, algo que vulneraba, xa naquela altura, toda a lexislación de contratos coa administración pública.
 
Desde o BNG da Estrada entendemos que con carácter xeral aqueles contratos que deba realizar o concello (con provedores, de obras, …) realizaranse por procedementos que inclúan a publicidade fuxindo das adxudicacións directas e os Negociados Sen Publicidade (obviamente naqueles nos que polo obxecto e contía a lei non o esixe), establecendo un Regulamento Municipal de Contratación, así coma a publicación de todos os contratos e un estrato anual dos pagos realizados a cada unha das empresas que inclúa a razón social, o concepto e o importe abonado polo Concello.
 
É evidente que a política do PP da Estrada a respecto das contratacións públicas está nas antípodas do que defende o BNG, así como nas esixencias de transparencia que debe presidir toda xestión pública, que, como xa dixemos en reiteradas ocasións, o goberno municipal ten aquí un déficit moi importante.
 
 

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Procesión San Paio 2017

 

Multitudinaria Procesión de San Paio en A Estrada, acompañada polo alcalde e os seus concelleiros e moitos veciños Estradenses.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Partido Solidario entre Políticos e Empresarios a favor de AECC

O pasado Lúns xogouse na Estrada un partido de fútbol que enfronta a políticos e empresarios. O equipo arbitral moi cómico esta formado por Manquiña, Cañita Brava e Claudio Pan.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación o libro » A Estrada»

 
​O libro “A Estrada” de Pedro Varela que foi esgotado moi axiña e que ultimamente circulaba en fotocopias polo noso Concello é unha obra fundamental para coñecer a nosa historia, mais, sobre todo, tamén para comprobar como nos viamos a nós mesmos hai 100 anos. 
Independentemente das imprecisións que puidera haber nesta obra, o autor, Pedro Varela Castro, fai no seu momento un esforzo de recompilación e de recolleita de información inmenso. Recorre as parroquias e os arquivos na busca do noso patrimonio, de coñecer a nosa realidade máis preta en todas as súas dimensións e con grande profundidade. 
Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” fixemos un esforzo de actualización desta obra respectando o seu contido e simplemente adaptándoa a nosa lingua, tratando de conservar a visión do mundo que daquela se tiña e que mesmo nas ilustracións abondosas que recollemos quixemos preservar para tentar ofrecer ao lector de hoxe un traballo que tenta ser fiel ao espírito da época na que foi realizado.
Pedro Varela hai 100 anos que foi alcalde da Estrada e, independentemente da simpatía que se puidera ter pola súa filiación política, compre lembrar o recoñecemento xeneralizado que tivo como un grande namorado do noso Concello. Foi director de Eco de La Estrada, presidente honorario da Federación Agraria de Estrada, Silleda, Forcarei e Cerdedo, impulsor de asociacións de emigrantes na Habana, Bos Aires e Montevideo. Foi un dos agraristas que accederon ao goberno municipal da Estrada en xaneiro de 1916, tras da revolta de 1915 da cal foi un dos seus axitadores principais.
O vindeiro luns, 26 de xuño, día principal das festas de San Paio, ás 7 da tarde, no Museo da Madeira e Móbel (Mome), imos realizar a presentación desta obra. Intervirá Clara Iglesias, presidenta da Asociación Cultural “Vagalumes” e quen realizou a edición e tradución deste libro; Alfonso Varela, presidente da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada e coñecedor da historia local e dos tempos do autor desta obra; e Xosé Leal, Deputado delegado de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra, institución que levou a cabo a impresión desta obra.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O ALCALDE DEBE CESAR DE INMEDIATO AO COORDINADOR DE PROTECCIÓN CIVIL POR INCOMPATIBILIDADE GRAVE NO EXERCIZO DAS SÚAS FUNCIÓNS.

A lei de incompatibilidades dos traballadores do sector público impide que realicen actividades privadas en empresas do mesmo sector no que están distinados.

 

O traballador municipal ademais exerce como coordinador do servizo por designación directa mediante decreto do alcalde.

 

 

Dende o PSOE da Estrada, ante a información publicada no día de hoxe por un xornal galego na que se denuncia a vinculación a nivel de xerencia do coordinador de protección civil local da Estrada cunha empresa que se lucra de adxudicacións públicas no sector da súa actividade, esiximos ao alcalde do PP José López Campos o inmediato cese deste traballador nas súas funcións.

 

O Sr. Carlos Failde é traballador do Concello da Estrada, e polo tanto empregado do sector publico.  Como todo traballador do sector público está sometido á lei de incompatibilidades, que recolle expresamente a prohibición de exercer á vez unha profesión do sector público e outra na empresa privada, cando o exercizo da actividade privada está relacionada de forma directa coa que desenvolve no departamento público, organismo ou entidade na que está destinado no sector público.

 

O desempeño da actividade privada do Sr. Carlos Failde como xerente dunha empresa adxudicataria nos últimos anos de varios contratos no ámbito do subministro e adaptación de telecomunicacións no sector das emerxencias e a seguridade pública, compromete claramente a imparcialidade e independencia do Sr. Failde como coordinador do grupo de protección civil local así como de encargado do grupo de emerxencias supramunicipais (GES), podendo ser manifestamente perxudicial para os intereses xerais.

 

O Sr. Failde, ademais, ocupa o cargo de coordinador de protección civil local e encargado do grupo de emerxencias supramunicipais (GES) por designación directa do alcalde José López, sendo unha decisión adoptada por decreto do alcalde. Os feitos descritos, e a súa clasificación como falta grave pola lei urxen o inmediato cese nas súas función do traballador municipal, así como a apertura dun expediente disciplinario.

 

Así mesmo, dende o grupo socialista esiximos a apertura dunha comisión de investigación para esclarecer:

– os procedementos de adxudicación de contratos municipais a esta empresa dende que o traballador foi designado coordinador local de protección civil (2011), 

– o coñecemento da dobre actividade do traballador no departamento municipal de persoal (entre 2000-2009 comercial da empresa en cuestión, de 2014 a actualidade xerente en dita empresa -información publicada polo propio traballar en redes socias)

– coñecemento da dobre actividade do traballador no departamento de contratación do concello

Grupo Municipal Socialista

Publicado en Portada | Deja un comentario