Os escolares de O Foxo estrean o libro «Sobre as palabras máis fermosassobre a lingua Galega»

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada insta ao goberno municipal a ampliar as prazas do campus do mes de agosto

 

Non é de recibo que todos os anos queden nenos e nenas sen poder participar nos campus de verán do concello, o que indica que hai mala fe e poucas ganas de proporcionar un servizo moi demandado

 

Xa é todo un clásico da tempada primavera-verán, o concello esgota as prazas dos campus de verán en menos dunha hora, deixando a centos de nenos e nenas sen praza. Mais no goberno municipal non dan aprendido.

Un ano pode ser mala planificación e previsión, pero que isto ocorra todos os anos reflicte que hai mala fe e poucas ganas de proporcionar un servizo moi demandado todos os veráns, e que para moitas nais e pais é vital para conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións estivais.

Instamos ao goberno municipal a ampliar as praza dispoñíbeis para os campus do mes de agosto, cuxas prazas se porán a disposición das familiar ao longo do mes de xullo. Non é de recibo que haxa que pasar case toda a noite a intemperie e facer horas na cola que atravesa toda a praza do concello para conseguir unha praza nos campus de verán. É unha situación terceiromundista.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Valentín García acompaña a Xosé Luna na presentación do seu libro ‘Da lectura e outras cousiñas’

 

O traballo é unha escolma de 94 artigos previamente publicados en prensa e galardoados con Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu este serán ao auditorio 2 do Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia para acompañar a Xosé Luna Sanmartín na presentación do volume Da lectura e outras cousiñas, que publica Edicións Embora.

Valentín García quixo ter unha lembranza para o autor do prólogo do libro, Xosé Neira Vilas, que deixou escrita a súa opinión sobre a prosa “áxil, clara, por veces irónica, de Xosé Luna”. Con respecto aos textos de Xosé Luna, o secretario xeral considerou que é “imposible aburrirse con esta obra tan variada como ben escrita, na que se percibe o amor do autor pola lingua galega, pola literatura e polo país, coas súas virtudes e cos seus defectos tamén”.

A canda Valentín García interviñeron na presentación o propio autor; o editor, Miguel Toval, e as profesoras Pilar Sampedro e Charo Golmar. Pechou o acto a Coral Polifónica de Berres.

‘Da lectura e outras cousiñas’

A obra que hoxe se presentou é unha escolma de 94 artigos publicados en prensa nos anos 2013, 2014 e 2015 e que recibiron o Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo por mor da súa contribución a fomentar a lectura, da súa frescura e do recurso eficaz ao humor e ás anécdotas ben traídas.

O libro, prologado en 2015 por Xosé Neira Vilas, contén textos eruditos, descritivos e poéticos que se refiren a temáticas variadas, entre as que destaca o libro e a lectura, pero que inclúen tamén viaxes, experiencias docentes, amor á vida e á natureza, cuestións de ámbito internacional e referencias que nos achegan a personalidades como Avelina Valladares, Avelino Pousa, Paco Lareo ou Díaz Castro, entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

VI Feira da Sidra en A Estrada

Galería Fotógrafica : 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Sidra estate á esperar en A Estrada

Mañá a partires das 12 h  na Plaza do Concello a VI Feira da Sidra de A Estrada 2017.

Esperamosvos

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Escola de Artes Escénicas despidese con Rocky Horror

 

 

A Escola municipal de artes escénicas despediráo ano por todo o alto cunha serie de exhibición que comenzarán mañá coa interpretación do clásico musical dos anos 70 Rocky Show, unha comedy de terror, ciencia e ficción.

Será as 19.30 h no Teatro Principal.

O Concelleiro de Cultura A Estrada, Juan Constenla e membros da Escola de Teatro presentarón na mañá de hoxe as actividades que se levarán a cabo neste mes de Xuño.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis de 60 xóvenes estradenses presentarán os seus contos e poemas o vindeiro Martes na Festa da Palabra

 

O Concello de A Estrada presentou esta mañá a cuarta edición da Festa das Palabras, que xuntara no Teatro Principal os  dez centros Educativos Estradenses. Así o próximo Martes 6 de Xuño as 20.30h cebrarase a Festa da Palabra, que contara coa presencia do escritor Antonio García Teijeiro como padriño literario.

Publicado en Portada | Deja un comentario