Ana Pontón explicará na Estada o modelo de financiamento que defende o BNG para Galiza

A portavoz nacional do BNG e deputada no Parlamento Galego, Ana Pontón, explicará este mércores 31 de maio, ás 20,30 horas, no Teatro Principal, o modelo de financiamento que defende o BNG para Galiza.

Neste acto, aberto a todos os veciños e veciñas da Estrada, a portavoz nacionalista defenderá que todos os impostos que pagamos as galegas e galegos sexan recadados pola facenda galega para cubrir os gastos das nosas necesidades e promover emprego digno, desenvolvemento económico, social e cultural que o país precisa.

O concerto que defende o BNG, garante que todos os ingresos que soportamos as galegas e galegos sexan de xestión do Goberno de Galiza, para en primeiro termo atender as propias competencias, que na súa maior parte están relacionadas con políticas sociais.

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Entrega da recaudación da Carreira Popular Salmón a Biopsia Liquida

 

 

Rosa López recolle da man do concelleiro de deportes Ismael Pena o cheque da recaudación da Carreira Popular do Salmón, dos participantes de fora do circuito.

Faille entrega dun cheque cun valor de 378.24 euros que serán integros para a Biopsia Liquida, Oncomet.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada propón á ACE a convocatoria dunha «Mesa das Infraestruturas»

Unha representación da organización nacionalista mantivo un encontro coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios

 

 Unha representación do BNG da Estrada, composta por Xosé Magariños, Susana Camba e Constantino Regueira, mantiveron na tarde de hoxe venres 26 de maio, un encontro coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios.

Nesta reunión o BNG da Estrada amosou o apoio ás demandas da ACE, explicitadas após a reunión co grupo de goberno. En concreto desde o BNG consideramos prioritario, como xa temos explicado en múltiples ocasións, a necesidade de solo industrial público,que pasaría inexcusabelmente pola ampliación do Polígono Industrial de Toedo. O BNG amosou á directiva de empresarios da Estrada o apoio á Cidade do Móbel, soporte dinamizador do sector, lamentando os retrasos que ten ese polígono industrial desde que goberna o PP a Xunta de Galiza.

A respecto das infraestruturas desde o BNG tamén consideramos que a Variante é imprescindíbel para unha ordenación sostíbel da vila da Estrada. Neste sentido, emprazamos ao alcalde da Estrada á convocar unha «Mesa das Infraestruturas», composta por todos os grupos políticos e entidades (ACE, ACOE, …), na que que se consensuara e se puxera negro sobre branco as prioridades e compromisos de todos e todas sobre as infraestruturas que necesita o concello para dinamizarse social e economicamente.

Noutra orde de cousas, desde o BNG tamén amosamos a nosa preocupación sobre o desenvolvemento do Plan Xeral. Insistimos na necesidade de que o concello sexa o motor do Plan e non agardar a que veñan intereses privados a facelo.


—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

IV FEIRA DA SIDRA A ESTRADA 2017

IV FEIRA DA SIDRA A ESTRADA, 3 XUÑO 2017

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Actividades Fin de Semana A Estrada

*NOITE DE COMPRAS* hoxe dende as 17:00 nas tendas da vila

*CONFERENCIA SOBRE MARCIAL VALLADARES* a cargo Xosé Fernández Salgado, hoxe ás 20:30h, no MOME

*FEIRA DE PRIMAVERA* no Novo Mercado, mañá ao longo da mañá con moitas sorpresas e degustacións de balde

*MOSTRA DE CORAIS DE PRIMAVERA* mañá sábado ás 21:00 h na Igrexa de Berres

*TELECLUB DA COMEDIA* coas Lerchas mañá ás 21:00h no Local Social de Lamas

*CONCERTO DE JC LENS & THE LAZY FARMERS* mañá ás 23:30h na Cafetería Nicol´s

*CONCERTO DE ROCK* a cargo da academia Musikenos o domingo ás 20:00h no Teatro Principal

⛺ *CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN* aberto o prazo para apuntarse ata o 8 de xuño no Dep de Servizos Sociais https://goo.gl/zUIha7

*FASES FINAIS DE MINIBASKET E PREMINIBASKET* os días 27 e 28 de maio no pavillón municipal da Estrada

*EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “Un día na Rapa das Bestas”* de Sindo Novoa, na Casa das Letras

*CINE* Atendede _Piratas_ (do Caribe) para completar a oferta cultural, isto é o que nos ofrecen dende _Minicines Central_
_Stefan Zweig, adiós a Europa_
_Dos colegas al rescate_
_Piratas del Caribe, la venganza de Salazar_

*FARMACIAS DE GARDA* (Ollo, aquí non venden antídotos contra os virus informáticos, pero si para as dores de cabeza post-graduacións )  https://goo.gl/XNMFTF

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Galego polo Mundo

 

O CEIP O Foxo recibe no día de hoxe unha visita moi especial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Galería Fotógrafica Festa Salmón 2017

 

Publicado en Portada | Deja un comentario