Inaguración 30 Feira Moble a Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello de A Estrada acompaña a Ignacio Vilar na preestrea coruñesa de "Sicixia"

O novo filme de producción galega e en galego, pon en valor a Costa da Morte ea Rapa das Bestasimage image image

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Mascotas Acoe

mascotas-acoe-web

Publicado en Portada | Deja un comentario

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E O CONCELLO DE A ESTRADA ASINAN UN CONVENIO PARA A REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO CEIP PÉREZ VIONDI

04

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe a localidade da Estrada para asinar un convenio de colaboración co Concello para a reforma do Pavillón do CEIP Pérez Viondi, por un importe de 130.000 euros.

05

A necesidade da actuación vén determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva entre aos escolares en particular e a poboación do Concello da Estrada en xeral. Polo tanto, é unha actuación imprescindible para continuar co uso da instalación xa que na actualidade se atopa en estado deficiente.

 

O investimento enmárcase así no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e de seguir impulsando a práctica deportiva e de actividade física como factor de consecución de maiores cotas de saúde e do benestar entre a poboación.06

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Publicado en Portada | Deja un comentario

A DIRECTORA XERAL DE COMERCIO PRESIDIU O ACTO DE PRESENTACIÓN DA FEIRA DO MOBLE DE GALICIA

02

Puntual sobre a hora prevista, Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, recalaba no recinto feiral estradense para presentar aos medios de comunicación a 30ª Feira do Moble de Galicia. • A Directora Xeral, estuvo arroupada polo alcalde estradense, Xosé López Campos, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos e José Pose Mato, en representación do sector mobleiro local. • Nas comparecencias tanto da Directora Xeral como do alcalde estradense, salientaron o apoio local e autonómico a este certame sectorial.02

As once horas e trinta minutos, Sol María María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio compareciu no recinto feiral co cometido de presidir o acto oficial de presentación aos medios de comunicación da 30ª Feira do Moble de Galicia que abrirá as súas portas ao público o vindeiro día dezasete de setembro, por un período consecutivo de nove días, ata o vindeiro vintecinco. No turno de comparecencias, interviú en primeiro lugar o alcalde estradense, José López Campos quen salientou a importancia deste evento de promoción sectorial para a industria da madeira e o moble. O alcalde estradense, augura unha boas perspectivas para o certame, apoiadas na incipiente recuperación do comercio. Xosé López Campos, incidiu nas transformacións e os cambios acontecidos no último ano e medio no concello estradense, alegando que descendiu considerablemente a tasa de desemprego, pasando de dous mil douscentos desempregados a mil quinientos. Rematando a súa intervención, o rexedor estradense, amosou o incondicional apoio da administración autonómica e local ao sector da madeira e o moble e ao mesmo tempo, puxo en valor e agradeciu a adicación e iniciativa dos fundadores do certame e a aposta decidida do sector empresarial local. Pola súa banda, Sol María Vázquez Abeal, directora Xeral de Comercio, na súa intervención, fixo fincapé no apoio institucional e decidido da Xunta de Galicia e igualmente suliñou os retos de adaptación ás novas realidades (Comercio electrónico e novas tecnoloxías en xeral) por parte do sector da madeira e o moble. A 30ª FEIRA DO MOBLE DE GALICIA (17-25 Setembro 2016) conquista destos novos retos, posibilitará a competitividade do sector. A Directora Xeral de Comercio, sumouse igualmente a todo o exposto polo rexedor municipal. A Feira do Moble de Galicia, comezará a súa singladura do vindeiro día dezasete ao vintecinco do presente mes, en horario ininterrumpido de once a vinteunha horas, mantendo o acceso gratuito para todos os visitantes

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta reforza as medidas de xestión do xabaril e amplía ás explotacións de autoconsumo as axudas destinadas a paliar danos

lopez-2

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a reforzar as medidas de xestión do xabaril, especialmente nesta época de maior conflitividade, así como tamén ampliará as axudas destinadas a paliar danos para que beneficien ás explotacións de autoconsumo, tal e como se recollerá na modificación da orde que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así o explicou hoxe a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, durante unha rolda de prensa na Estrada na que estivo acompañada polo presidente da Federación de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo, e o alcalde da localidade, José López Campos.lopez-1

Durante a súa intervención, a responsable autonómica fixo fincapé en que, ata o de agora, quedaban excluídas da orde de axudas as explotacións agrarias consideradas de autoconsumo, xa que só se compensaban os danos ocasionados en explotacións profesionais. A partir da modificación da orde que se fará efectiva mañá, os agricultores de autoconsumo poderán solicitar estas subvencións ata o 10 de outubro, prazo no que remata a convocatoria.

A orde, que se publicou en xullo, conta cun orzamento de 600.000 euros e tramítase en réxime de concorrencia non competitiva.

Ademais de paliar os danos, a Xunta está traballando en implementar outras medidas de xestión da especie, tendo en conta especialmente que estamos ante un dos períodos do ano de maior conflitividade.

Neste sentido, Díaz López explicou que xa se deu orde de eliminar o límite de 2 exemplares por batida durante as épocas de maior conflitividade. Ademais, tamén se ditará unha instrución para axilizar as autorizacións de batidas por danos (isto é, aquelas batidas fóra da planificación anual de cada Tecor).

Deste xeito, establecerase un prazo máximo de resposta de 24 horas pas as solicitudes de batidas de xabaril, tanto dentro como fóra de temporada, nos concellos incluídos no anexo IV da resolución anual de vedas. Estas localidades contan cun histórico de conflitos e enténdese que os danos resultan acreditados sen necesidade de desprazar a un axente medioambiental. Nesta situación atópanse 126 concellos, o 40,1% do total de municipios galegos.

Para o resto de localidades, as solicitudes de batidas por dano recibirán a autorización por correo electrónico unha vez se teña comprobado a orixe do dano por un axente medioambiental, pasando o prazo de 72 a 48 horas.

Colaboración coa Federación galega de Caza

A directora xeral explicou que esta medida de axilizar as autorizacións de batidas por danos, que non estaban programadas, complementarase cun reforzo da colaboración coa Federación galega de caza para garantir unha presión cinexética efectiva e responsable sobre a especie.

Cabe recordar que a temporada de caza do xabaril comezou o pasado 27 de agosto e rematará o 15 de xaneiro, desenvolvéndose as xornadas de caza os xoves, sábados, domingos e festivos. As cacerías autorízanse nos servizos provinciais, de acordo cos Plans de aproveitamento cinexético (PAAC) que deben presentar anualmente os Tecores. Polo tanto, antes de cada período hábil de caza, os Tecores establecen o calendario previsto e nel prográmanse as batidas previstas do xabaril para toda a tempada. Unha vez aprobado este plan, na zona do Tecor en temporada hábil non se precisa autorización (si se precisa autorización na zona fóra do Tecor, aínda que sexa temporada hábil).

Así, o pasado 30 de agosto tivo lugar unha reunión coa Federación galega de caza na que se acordou incrementar o número de batidas efectivas a realizar, para que se acheguen ao número de batidas programadas anual, especialmente para as zonas máis conflitivas. Ademais, co fin de superar o número de exemplares capturados, a Consellería fará un seguimento mensual das batidas.

Coa Federación tamén se acordaron outra serie de medidas, como a posibilidade de prorrogar as autorizacións de batidas por danos no caso de que resulten infrutuosas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG comprométese coa declaración BIC da ponte medieval de Pontevea

bng
A Xunta de Galiza non pode estar en mans de xente que non sinte como propio o seu patrimonio, o 25S podemos abrir #UnTempoNovo na defensa do que é de todos e todas
O BNG das localidades de Teo e A Estrada realizaron na mañá de hoxe sábado na praia fluvial de Pontevea un acto reivindicativo para a declaración como BIC (Ben de Interese Cultura) da ponte medieval de Pontevea.

Este acto, protagonizado por militantes e simpatizantes da organización nacionalista, contou coa presenza e apoio de Rosana Pérez Fernández, ex-deputada do BNG no Congreso e candidata ao Parlamento Galego, e Daniel Rodas Chapela, que foi deputado no Parlamento Galego na pasada lexislatura. Ademais tamén participaron Susana Camba Castro, candidata da Estrada ao Parlamento Galego, así como o concelleiro do BNG de Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, e de Xosé Magariños Maceiras, concelleiro do BNG da Estrada.

Con este acto o BNG quere deixar clara a súa aposta pola declaración BIC da ponte medieval de Pontevea, unha declaración impulsada pola organización nacionalista no Parlamento Galego, e actualmente en estudo por parte da Xunta de Galiza.

O concelleiro do BNG da Estrada, Xosé Magariños, afirmou que “ se o BNG ten responsabilidades de goberno a partir do 25 de setembro non deixaremos que fique no olvido a declaración BIC da ponte de Pontevea como parece que quere facer o PP, dándolle un forte impulso para que a declaración se faga canto antes.”. “Ademais”, engadiu Magariños, “o noso obxectivo é poñer en valor non só a ponte, senón toda a contorna, que, como dixemos en varias ocasións, ten unha gran potencial desde o punto de vista turístico e sen facer un grande investimento por parte da administración galega e local”.

Neste sentido o concelleiro do BNG explicou que o BNG leva no seu programa “a elaboración de planos directores territoriais do Patrimonio Cultural que estuden e desenvolvan estratexias culturais e económicas transversais de protección e posta en valor do patrimonio cultural”. “Unha estratexia”, indicou Magariños, “na que se implicarían tamén as administracións locais”.

“O BNG da Estrada”, afirmou Xosé Magariños, “comprométese co noso patrimonio, de feito, outro dos nosos obxectivos a partir do 25S é recuperar para o patrimonio público a Torre e o Pazo de Guimarei, que se atopan nun estado lamentábel a pesar da súa declaración BIC, o que demostra que ten que haber un goberno da Xunta que de verdade sinta como propio o rico patrimonio cultural e arquitectónico que temos”. “Neste sentido”, engadiu Magariños, “as transformacións de Pontevedra, Allariz, Poio, Tomiño,… e tantos outros concellos con gobernos nacionalistas comprometidos co noso patrimonio avalan os nosos compromisos e promesas electorais”.

BNG da Estrada

Rúa Leicures, 14-1º

36680 A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario