Como novidade respecto a edicións anteriores non se poderán presentar ao Premio García Barros os gañadores das 10 últimos anos.
Xa se coñecen as bases para a presentación dos textos para os premios Avelina Valladares e García Barros
A seguridade vial chega a Figueroa
A Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o Concelleiro de Educación, Román Rodríguez, presentaron no CEIP Figueroa a campaña de seguridade vial «O corazón está do teu lado».
Este centro estradense foi o primeiro da provincia de Pontevedra en iniciar esta campaña para achegar aos cativos de entre 6 e 8 anos pautas de seguridade nos desprazamentos a pé polas estradas, como circular pola esquerda, lado do corazón, e a importancia de levar accesorios que faciliten a visibilidade como o chaleco reflexíbel ou luces.
Ethel acompañada do alcalde, José López, anunciaron que despois de Semana Santa se iniciarían os traballos para mellorar a seguridade no entorno da gardería e o colexio de Figueroa, creando prazas de aparcamento público.
O CIM en colaboración có Concello organiza unha xornada informativa sobre o Ciberacoso
O CIM e o Departamento de Drogodependencias da Concellaría da Sanidade do Concello da Estrada organizan unha xornada sobre o ciberacoso dirixida ao alumnado dos IES e a pais/nais e profesionais.
Levarase a cabo o día 29 de marzo en horario de mañán e de tarde no Salón de Actos da Academia Galega de Seguridade.
PROGRAMA XORNADA CIBERACOSO
RELATORES:
– D. José AntonioVázquez Taín, Xuíz do Xulgado Nº 2 de A Coruña
-D. José Torres Meira Responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra.
PÚBLICO:
Alumnado da ESO dos centros educativos Manuel García Barros, Antón Losada Diéguez, Nº 1, e Nosa Sra. De Lourdes.
HORARIO:
De 10.45 a 12.15: alumnado do IES Nº1( 1º e 2º), do Manuel Gracia Barros ( 1º e 3º) e de Nosa Sra. De Lourdes (1º,2º,3º e 4º)
De 16.30 a 18.00: alumnado do IES Antón Losada Diéguez (1º, 2º, 3º, 4º e FP de base)
De 19.00 a 20.30: pais/nais e profesionais
Este martes terá lugar unha xornada de Comunicación, Marca Persoal e Identidade Dixital
O vindeiro martes 22 de marzo terá lugar unha xornada de Comunicación, Marca Persoal e Identidade Persoal no primeiro andar do Novo Mercado de A Estrada dende as 9:30 ás 13:30 e será presentada polo Concelleiro dá Área de Promoción Económica, Comercio e
Emprego.
A inscrición realizarase nas oficinas do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada sita en Avda. Benito Vigo nº94, 2º andar en horario de 8:00 a 15:00.
Este venres terá lugar unha palestra sobre o conflito do pobo kurdo
O vindeiro venres 18 de marzo, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes organizará unha palestra na que se tratará o conflito que está a vivir o pobo kurdo, que sofre dende hai décadas a falta de recoñecemento das súas aspiracións nacionais e de liberdade. Será na Galería Dispara ás 20:00 horas, da man de Oscar Valadares.
Mar de Lumes é unha organización galega que traballa no ámbito da solidariedade internacional cuxos tres principios fundamentais son: o combate ao imperialismo, o apoio aos procesos de emancipacion e a internacionalización do conflito nacional galego.
Tabeirós Montes
A Estrada albergará as primeiras Xornadas Galegas de Ciclismo
As xornadas serán as primeiras destas características que se celebran en Galicia, a elas acudirán como poñentes deportistas consagrados do pasado e presente do ciclismo autonómico.
Terán lugar os días 21, 22 e 23 de marzo no Teatro Principal, son gratuítas e van dirixidas a todos os públicos. Polas mañás serán máis enfocadas aos nenos, ao ser días non lectivos, e as tardes aos adultos. Trataranse temas de seguridade vial, bicicleta de montaña e bicicleta de estrada.
Será necesaria a inscrición previa na web xornadasciclismoaestrada.sifservicios.com
Os socialistas preguntan no parlamento polas consecuencias da fusión dos concellos de Cerdedo – Cotobade nos partidos xudiciais
O alcalde da Estrada asegura que se unirán ao partido da Estrada, mentres o alcalde de Cotobade asegúralles aos veciños que seguirán en Pontevedra
A petición dos grupos socialistas da Estrada, Forcarei e Cerdedo, o grupo parlamentario socialista presentou ante a mesa do Parlamento, polo trámite de urxencia un interpelación ao goberno galego co obxectivo de obter un pronunciamento oficial do goberno de Núñez Feijoo sobre as posibles consecuencias da fusión dos Concellos de Cerdedo e Cotobade nos partidos xudiciais da Estrada e Pontevedra.
Os socialistas sinalan que mentres o alcalde do PP na Estrada vén de dicir que será o concello de Cotobade o que se integre no partido xudicial de A Estrada, despois de falalo co presidente e o vicepresidente da Xunta de Galicia, segundo el mesmo dixo. Pola súa banda, o alcalde do PP en Cotobade asegurou nas distintas reunións parroquiais que protagonizou que Cotobade seguiría a pertencer ao partido xudicial de Pontevedra. “Mentres os alcaldes do PP se contradín no mesmo asunto, o Goberno galego e Balseiros, alcalde do PP en Cerdedo, fican mudos. Cómpre que o PP deixe de improvisar neste asunto porque estamos a falar de consecuencias sobre a prestación de servizos aos veciños”, esixiron os socialistas.
Así mesmo, ao efecto os socialistas tamén rexistraron unha pregunta para a súa resposta oral no pleno do parlamento e pediron que se tratase o asunto na Comisión 1.ª da Cámara ( Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior).
Socialistas da Estrada, Forcarei e Cerdedo








































