Na eliminatoria, a partido único, recibiu no pavillón Coto Ferreiro ao Santiago Futsal, equipo de 1ª División.
O Coto presentou unha boa entrada para este encontro con un público disposto a animar ao equipo local contra todo un equipo de primeira, claro favorito, e que se esperaba dende a capital galega que gañara con facilidade aos estradenses. Sen embargo, os de Marcos Sesar demostraron dende o primeiro minuto que non estaban alí para tirar coa eliminatoria.
A primeira parte transcorreu cun dominio insulso por parte dos compostelás, chegando en contadas ocasións con perigo a meta local ante a gran intensidade dos estradenses, que tamén tiveron as súas ocasións para adiantarse no marcador topándose sempre con un muro chamado Iker.
Xa na segunda parte, o cansazo pasou factura aos locais que non foron quen de manter a intensidade da primeira parte. No minuto 24 unha clara falta ao borde na área acabou no primeiro gol de Iván Rumbo poñendo máis costa arriba o encontro. Cada vez o Santiago dominaba máis o xogo, pero A Estrada aínda tivo algunha ocasión para empatar no marcador.
O Santiago dominaba cada vez máis o partido e nunha rápida xogada no minuto 28 marcou o segundo gol por medio de Santi. Os estradenses tentaron reaccionar lanzándose ao ataque o que propiciou unha rápida contra dos visitantes na que puxo o 0-3 escasos segundos despois, gol que non debeu subir ao marcador ao axudarse coa man no control do balón de Antonio Diz que asistiu a Diego Quintela para que finalizara no terceiro gol. A partir de aquí o partido xa non tivo máis historia sendo o Santiago claro dominador do encontro e salvo algunha ocasión do equipo local que tentou ata último minuto acadar o seu gol, así caeron o cuarto non minuto e quinto gol por medio de Pablo Tallón nos minutos 29 e 31.
Compartimos texto que nos fai chegar un dos integrantes da cofradía.
Co motivo da celebración da procesión do Santo Entierro que se celebrara hoxe, día 25 de marzo, polas rúas da Estrada rogase que se proceda ao desaloxo dos vehiculos estacionados nas vías por onde transcurrira a procesión para dar un maior realce ao acto que se celebra.







































