Este venres entregarase o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres

Escudo.novoO Concello da Estrada celebra mañá, venres 11 de marzo, o acto de entrega da cuarta edición do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada, que recaeu na empresa Axuda Servizos. Este evento, aberto a toda a cidadanía, comezará ás 20.30 horas no Museo do Moble e da Madeira da Estrada e contará coa presenza do alcalde, da Estrada, José López Campos, e da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

Acto: Entrega do IV Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada

Data: Venres 11 de marzo de 2016

Hora: 20.30 horas

Lugar: Museo do Moble e da Madeira da Estrada

       Intervintes:

Amalia Goldar Cora, Concelleira de Igualdade

Marina Bascuas e Nieves Fernández, socias de Axuda Servizos

José López Campos, Alcalde da Estrada

Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade

Concello de A Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Retrouso de Ouzande presenta novo disco este venres no Principal

IMG_2287A noite deste venres Retrouso de Ouzande presentará o seu disco «Dous» ás 21:00 horas no Teatro Principal, con entrada de balde.

A agrupación estradense que conta xa con 15 anos de historia gravou este disco con fondos propios e porao a venda a 10€. Poderase adquirir no propio Teatro este venres, na Taberna de Ouzande, nas librerías Alberte Quiñoi e Marxe ou a través dun compoñente do grupo.

O deseño gráfico foi realizado por Rosa Herráiz.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O obradoiro de emprego finalizará este mes as obras na Casa da Música

IMG_2273Esta semana o alcalde estradense, Xosé López, acompañado do director do obradoiro de emprego, Ignacio Taboada, visitaron as obras na futura Casa da Música para comprobar a evolución dos traballos.

López augura que as obras de albanelería se finalicen este mes realizadas polo obradoiro de emprego formado por menores de 25 anos, dos que gabou o seu traballo a pesar de non contar con ningunha experiencia profesional. En paralelo a esta reforma integral da primeira planta onde estaba situada a biblioteca, o concello aportou a instalación eléctrica.

Unha vez finalizada a reforma as novas instalacións do conservatorio contarán neste andar con tres aulas debidamente insonorizadas e un auditorio, quedando pendente a carpintería e mobiliario.

Publicado en Emprego e Formación, Música, Portada | Deja un comentario

O programa da Estrada Activa xa atopou traballo a 28 persoas e ten en prácticas en empresas 6 persoas máis

IMG_2185O Programa Integrado A Estrada Activa 2015/2016 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada nace coa intención de converterse nun referente no tratamento integrado da inserción laboral e o fomento do emprego do noso concello, abranguendo actividades de información, orientación e asesoramento,formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas,técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea,habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral.

O programa integrado desenvolvese, dentro dun plan de emprego dirixido pola Fundación que leva parexas diferentes actividades formativas para desempregados e emprendedores, Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O Estrada Futsal recibe esta noite ao Santiago Futsal

A Estrada FutsalEsta noite o Coto Ferreiro acollerá unha gran semifinal de Copa Xunta recibindo nada máis e nada menos que ao Santiago Futsal de Primeira División.

As 21:00 horas esperámoste no Coto Ferreiro para animar ao equipo local que tratará de dar a sorpresa e presentarse na final da Copa.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O CIM en colaboración có Concello realizará un programa de actividades conmemorativas polo día da Muller

8marzoMañán martes día 8 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o Concello da Estrada a través do Centro de Información ás Mulleres quere presentar o programa de actividades conmemorativas.

En primeiro lugar, o venres dia 11 de marzo as 20,30 horas no MOME farase a entrega da 4ª edición do Premio Honorífico ao labor da Mulleres do Concello da Estrada, que este ano recaeu na Cooperativa Axuda Servizos. Será un acto aberto ao público en xeral no que se convida a asistir a todas aquela persoas interesadas en recoñer a labor desta cooperativa como motor na xeración de emprego feminino.

En segundo lugar, O CIM organiza un obradoiro que comezará o dia 16 de marzo e vai durar tres semanas. Está dirixido a mulleres co título “Xuntas avanzando” e vaise traballar para mellorar as capacidades persoais e potenciar a autonomía e a autoestima. Todas as interesadas poden anortase no CIM desde hoxe, en persoa ou chamando ao 986 59 01 51.

Por último, e continuando coas tarefas de prevención vai comenzar unha nova edición do obradoiro “ A delgada liña que nos separa da violencia de xénero” que este ano vaise impartir nos tres centros educativos da ESO a partir do 5 de abril. Trátase de explicar os conceptos básicos que fundamentan a igualdade de xénero e como previr e actuar en situacións de violencia de xénero nunhas idades fundamentais para establecer a conducta non violenta na idade adulta.

CIM de A Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O Concello de A Estrada oferta un curso de Informática Básica

Escudo.novoDende a Concellería de Promoción Económica e os Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello e da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo un curso de INFORMÁTICA BÁSICA de 20 h que terá lugar os días 14, 15, 16, 17 e 18 de marzo en horario de 9:30 h a 113:30 h na aula multimedia do Edificio de Usos Múltiples.

Este Curso esta dirixido a desempregados empadroados no Concello da Estrada e está subvencionado pola Concelleria de Promoción Económica polo que ten  un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala empregabilidade.

Os interesados en participar deberán anotarse nos servizos de emprego do Concello ou da Fundación Cultural da Estrada, ou ben chamando aos teléfonos 986570030  extensión  4326 ou 986570997.

Concello de A Estrada

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario