Os socialistas denuncian falsas promesas con fins electoralistas do PP

PSOE Este venres o PSOE de A Estrada fixo balance da actualidade do concello por medio da súa portavoz, Belén Louzao.

Louzao cre que López xa está a preparar a campaña do PP para as autonómicas, de aí as recentes visitas de conselleiros á vila. Tamén denuncia as falsas promesas realizadas en recentes campañas electorais polo alcalde que non cumpriron os tempos prometidos, como a esperada variante da N-640 da que se anunciara a licitación para o pasado ano 2015.

Belén tamén recordou a presa para inauguración do Novo Mercado sen estar rematado e os aprazamentos ao longo do tempo para o traslado da Base de Protección Civil ao Centro Comarcal, anunciado inicialmente para comezos de 2015 polo alcalde.

 

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este domingo Tequexetéldere actuará no Festival a Devesa dos Pícaros en Vilagarcía de Arousa

A Devesa dos Pícaros vilagarciaEste domingo 13 de marzo as escolas de música e baile tradicional de Tequexetéldere actuarán no Festival A Devesa dos Pícaros que terá lugar nas instalacións da Feira de Exposicións de Galicia, FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa.

O festival dará comezo as 12 hs cun pasarrúas polas rúas da cidade e que irá dende o Auditorio de Vilagarcía pasando polas rúas da Baldosa, Praza de Galicia as beiras do Río do Con ata chegar a Fexdega, onde as 12:30 hs dará lugar o festival.

O festival, estrenouse o ano pasado na Estrada e estaba previsto que fose no Curro de Sabucedo pero por motivos de mal tempo tivo que ser desprazado para o pavillón Coto Ferreiro.

Nel participan ademais de Tequexetéldere como agrupación estradense as seguintes, Nós de Sobradelo e Mar de Arousa de Vilagarcía de Arousa, Obradoiro Volandeira de Cambados e A Ponte Vella e A Mamoa de Luou do veciño concello de Teo.

Tequexéldere

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Este sábado volve o mellor Cross a Praia de Liñares

IMG_2820

Este sábado a Praia Fluvial de Liñares albergará o Campionato Galego de Campo a través en idade escolar.

Participarán equipos e atletas nados entre o 2001 e 2006 clasificados nos Campionatos Provinciais de: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e que formalicen a súa inscrición para este campionato. Estarán clasificados os dous mellores equipos e os 8 primeiros individuais que non estiveran incluídos nos equipos, e  sen correr en ningún caso o posto de invitado a partir do 8º clasificado.

Nas categorías alevín e infantil cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredoras/es e un mínimo de 4, dos que puntuarán as/os 4 mellor clasificadas/os; na categoría cadete máximo 6 corredores/as e mínimo de 3, dos que puntuarán as/os 3 Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Directora Xeral de Comercio, inaugurará no Recinto Feiral Estradense a Feira de Oportunidades do Comercio, o Salón do Vehículo de Ocasión e a Feira de Antigüidades e Artesanía

03• o recinto feIral estradense, abre as suas portas ao público ás catro da tarde.

• Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, inaugurará o certame, ás seis da tarde.

• A entrada gratuita ao recinto e o sorteo de vales de compra, son alicientes para incrementar á afluencia ao recinto.

• Preto de setenta firmas presentes na mostra, tres pavillóns e máis de 7.600 m2 de espazo expositivo.

• O comercio local e a provincia de Pontevedra, en particular, respaldan maioritariamente a mostra.

O recinto feiral estradense, inaugura esta tarde o seu calendario feiral coa celebración do primeiro certame de promoción económica 2016: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 1º salón do Automóvil e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía.

O acto de inauguración oficial, correrá a cargo da Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal e terá lugar ás seis da tarde. No mesmo, estarán presentes, a Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señorás Álvarez, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos, o Presidente de A.C.O.E., Alfredo Sigue leyendo →

Publicado en Empresas e Comercio, Feiras, Portada | Deja un comentario

O BNG reitera a súa aposta pola re-zonificiación educativa da Estrada

BNG2O PP vota en contra no Parlamento Galego contra a re-zonificación e contra a retirada do concerto ao colexio privado de Lourdes

O BNG no Parlamento Galego apoiou a iniciativa de AGE de dotar de transporte escolar desde a vila até o colexio do Foxo, pero sempre como medida provisional até que se acometa a re-zonificación educativa do concello da Estrada. Como era de agardar, o PP votou en contra, así como da emenda que presentou o BNG á iniciativa de AGE solicitando a re-zonificación, e contra outra a emenda dos nacionalistas que pedía a suspensión do concerto educativo da Xunta co colexio privado de Lourdes.

Somos conscientes dos problemas que ten o rural no seu conxunto, mais a solución non pasa por levar nenos e nenas da vila aos colexios do rural, senón por executar outro tipo de políticas que asenten poboación neste ámbito. Evidentemente dotar os colexios de mellores servizos é unha delas.

No BNG entendemos que a solución que demandan as nais e pais que levan os seus cativos ao Foxo é un apaño que soluciona un problema concreto, pero non é a solución á irracionalidade que reina no eido educativo na Estrada, onde hai nenos e nenas que van da vila ao rural, do rural á vila, mentres algúns colexios de ambos os dous ámbitos teñen problemas para completar as aulas, como o caso do Pérez Viondi, que recentemente acometeu unha remodelación bastante cara, por certo. E a todo isto hai que engadirlle o
concerto co colexio privado de Lourdes, que evidentemente resta alumnas e alumnos aos colexios públicos. No BNG non queremos colexios públicos sen nenos e nenas, nin nenos e Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O recinto feiral estradense acolleu o acto de presentación aos medios de comunicación da 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, o 1º Salón do Vehículo de Ocasión e a 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía

IMG_2309• o recinto feIral estradense, presentou aos medios de comunicación o primeiro dos certames do calendario feiral 2016.

• Setenta firmas expositoras presentes, máis de 7.600 m2 de espazo expositivo, distribuído en catro pavillóns.

• Entrada de balde e sorteo de catro vales de compra por importe de 50€, serán reclamos para captar aos visitantes.

• Unha ampla multisectoral, cunha nutrida representación de sectores.

O recinto feiral estradense, acolleu na mañan do mercores a presentación aos medios de comunicación do seu primeiro certame de promoción económica do calendario feiral 2016: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 1º salón do Automóvil e 49ª Feira de
Antigüidades e Artesanía.

No acto estiveron presentes o actual responsable do recinto, Nemesio Rey Pazos, o Sigue leyendo →

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

A recadación do concerto de Pop deste sábado será destinado a Asociación Española contra o Cancro

asociacion española cancroO concerto «Tributo ao Pop» deste sábado no Teatro Principal de Antonio Seijo & Skylight terá carácter benéfico, o recadado pola venda das entradas será destinado a Asociación Española contra o Cancro.

Antonio Seijo é un violinista de renome, que formou parte do grupo de Julio Iglesias, durante sete anos, colaborou con artistas internacionais como Bonnie Tyler, Tom Jones ou La Unión, entre outros, e tamén foi parte do mítico grupo folck galego «Milladoiro «levando a súa arte e a súa música por todo o mundo.

Antonio formou un grupo pop para conmemorar os seus trinta anos nos escenarios, «Antonio Seijo & Skylight» o grupo está composto por violín, batería, baixo, teclados, guitarra e saxo, un novo concerto onde o violín é o lema do concerto que titularon «Tributo al Pop», con temas familiares como «Livin’on a Prayer», de Bon Jovi, «The Show must go on» de Queen, o «Viva la vida» de Cold Play, entre outros grandes títulos, cós que en 2015
recolleu grandes loubanzas e as mellores críticas do público e da prensa e radio.

Antonio sempre colaborou con ONG para doar unha parte da billeteira dos seus concertos ou coa venda dos seus CDs.

Neste caso, a recaudación irá para a Asociación Española Contra o Cancro. O prezo das entradas é de 3 € e poden retirarse no departamento de Cultura ou na billeteira do teatro.

Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario