Fin de semana de Futsal no Coto Ferreiro

IMG-20151216-WA0004Este fin de semana os seguidores de A Estrada Futsal poderán seguir a todas as categorías do equipo no Coto Ferreiro.

Ademais para completar a festa do fútbol sala estradense a directiva do club obsequiará con chocolatada de balde, sorteos, bailes e moitas sorpresas.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A venda os calendario de Tequexetéldere do ano 2016

teque_calendarioo1O ano pasado os calendarios estiveron basados en fotografías sacadas no Pazo de Oca, e este ano, quixemos centrar as fotos do mesmo na actuación que todos os anos vimos facendo a noite do San Xoan no Areal de Berres.

Estas fotos foron sacadas no ano 2013 e no ano 2015, e ademáis do noso folclore, quixemos amosar parte do ambiente que esa noite se respira nese lugar.

Os calendarios teñen un custe de 3 euros e podense atopar nos seguintes establementos: Librería Marxe, Librería Durán, Librería Faro, Librería Alberte Quiñoi, Librería Lolimay, Papelería Carlyn, Alfonso zapatero, Perruquería Pancho y Benjamín e Argentinos Burguer.

Tequexetéldere

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

II Campus deportivo de Nadal Concello de A Estrada

CAMPUS DEPORTIVO NADALO departamento de deportes oferta para as vacacións navideñas, a segunda edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 25 euros por participante e variará segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 15 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 10 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

As actividades que oferta o Campus Deportivo de Nadal son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, tenis, obradoiros e xogos de iniciación para os máis pequenos.

Non hai limite de prazas para a inscripción, pero para que se leve a cabo o campus terá que haber como mínimo 10 inscritos.

A duración do Campus Deportivo de Nadal é dende o 21 de Decembro ata o 5 de Xaneiro. Os días que haberá actividade serán o 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de Decembro e o 4 e 5 de Xaneiro.

O prazo de inscrición remata o mércores día 16 de Decembro e os interesados en formalizar a inscrición -sen realizar pago de ningún tipo- deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa) a partir do vindeiro luns día 7 de decembro. A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas. O pago farase o principio da actividade.

Departamento de Deportes do Concello da Estrada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande pecha mañá as activiades de outono coa representación de "Brinca Contos"

cartel BRINCACONTOSO próximo domingo, 13 de decembro, ás 18 horas, pecharase o ciclo de actividades de Outono cunha actividade teatral para público de todas as idades. Trátase da obra Brinca Contos, posta en escena polo grupo Andaravía Teatro, do veciño Concello de Vedra.

A obra, pensada para o público infantil, e tamén apta para persoas de todas as idades, ás que convidamos para a data sinalada. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo do local social.

O espectáculo convídanos a brincar no mundo dos contos para achegármonos a acontecementos máxicos e misteriosos. Meigas que pelexan pola fórmula secreta das beberaxes, Miñocas inxenuas, vellos grilos e formigas obreiras que queren arranxar o que lle pasa ao sol… Preguntas que resolveremos se brincamos nestes contos.

Con esta actividade ponse fin á programación do Outono 2015 da Fervenza de Ouzande, adicado especialmente á posta en marcha das clases de música, xuntanzas para tecer, xornadas de coidados ecolóxicos, e celbración da Festa de Outono, Actividades nas que participaron máis de 150 persoas.

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

Menú de Nadal Low Cost con Jaume García e Obradoiro infantil de entrantes e sobremesas de Nadal con Montse Fernández de Tenda Bío para este sábado no Novo Mercado de A Estrada

Tras unha semana de descanso, continúa o programa de actividades no Novo Mercado. Ditas actividades darán comezo o vindeiro sábado ás 10 h. da mañá .

Jaume García, de Velis Nolis Bistró encargaráse da actividade Merco e Cociño, no que os asistentes coma sempre acompañarán ao chef polos distintos comercios da praza para despois asistir ao momento de cociñalos. O menú especial de Nadal constará de mexilóns con guacamole e salsa vinagreta, langostinos con verduras e salsa de soja, vieiras con puré de patacas e coliflor e de postre bizcoito elaborado por Casa do Pan, con chocolate quente.

Ao mesmo tempo, Montse Fernández de Tenda Bío elaborará xunto aos nenos no Obradoiro de entrantes e sobremesas de Nadal un menú a base de paté saudable, bombóns de chocolate e froitos secos e crema de cacao e algarrobas.

Xa están ocupadas todas as prazas do obradoiro infantil pero aínda está aberta a inscrición para participar no Merco e Cociño con Jaume García.

Lembramos que estas actividades que están tendo boa acollida, están deseñadas dende as concellerías de Promoción Económica e Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira coa finalidade de dinamizar a praza estradense.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal nega favoritismos por parte do concello para a concesión do Coto Ferreiro

IMG_5198A directiva de A Estrada Futsal mostraba a súa indignación a pasada semana por verse inmersos en acusacións de favoritismo do concello para a utilización do Coto Ferreiro.

A comezos de semana un club local acusaba ao concello de favorecer ao Futsal por amiguismos políticos na concesión para utilizar as instalacións de portivas do Coto Ferreiro, relegandos a eles a utilización dos pavillóns dos centros escolares da vila, dos cales denunciaban estar en mal estado e non contar con vestiarios.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este sábado concerto tributo a Héroes del Silencio na Festa da Cervexa

_MG_5062Esta noite ás 22:00 horas a carpa da festa da cervexa sita na Praza da Feira acollerá un concerto gratuito dun grupo que fai tributo a Héroes del Silencio.

A Festa da Cervexa que rematará mañá está organizada por 8 postos de cerveza artesá galega. As degustacións deste producto son a 2€, máis un euro polo vaso de degustación que se poderá utilizar en todos os postos.

Entre aqueles que degusten algún producto dos oito artesáns realizaráse un sorteo mañá ás 19:00 horas de packs de cervexa, os agraciados deberán estar presentes, senón continuaráse co sorteo ata entregar todos os lotes.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario