Tequexetéldere celebrou o seu 25 aniversario cunha gran gala

_MG_5260A Agrupación Folclórica Tequexetéldere pechou o ano 2015 cunha gran Gala para celebrar os seus 25 anos de historia.

O corpo de baile e instrumental do grupo encheu o escenario co baile tradicional.

Posteriormente uníuse á festa a Banda Cultural que interpretou, por primeira vez na vila, a obertura Tequexetéldere composta polo estradense Simón Couceiro.

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario

O City Lift A Estrada Futsal empata coa Selección Galega Sub19

_MG_8629

A pasada noite o Coto Ferreiro acolleu a disputa dun amistoso entre o club local City Lift A Estrada Futsal e a Selección Galega Feminina Sub-19.

O encontro rematou con empate a 3.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Selección Galega Sub-19 Feminina xogará un amigable co City Lift A Estrada Futsal esta noite

_MG_7112Esta noite ás 20:30 horas o Coto Ferreiro acollerá un amigable entre a Selección Galega Sub-19 Feminina e o equipo local City Lift A Estrada Futsal.

Ademais o equipo local contará cunha xogadora alevín.

A entrada ao encontro é gratuída.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia que "en Santeles e outras parroquias da Estrada non se recolle o lixo desde antes do Nadal"

IMG-20160111-WA0003O BNG insta ao alcalde a tomar medidas para mellorar a recollida do lixo no rural

O BNG da Estrada recolle as queixas de veciños e veciñas de Santeles disconformes coa recollida do lixo do goberno municipal. Segundo explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, que trasladou esta queixa no apartado de rogos e preguntas do pleno celebrado
onte, «os veciños e veciñas de Santeles están indignados porque nesta parroquia non se recolle o lixo desde antes do Nadal, tempo abondo para que a estas alturas se amoree unha boa cantidade nos contenedores, moitos dos cales están completamente desbordados».

O concelleiro do BNG afirmou que «non é a primeira vez que recollemos queixas dos veciños e veciñas da Estrada pola xestión da recollida do lixo, algo habitual co goberno do Partido Popular». «De feito», engadiu, «o de Santeles non é algo puntual, senón que tamén está a pasar noutras parroquias da Estrada segundo as averiguacións que puidemos facer». Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Aberto o prazo para inscribirse no procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou de vías non formais de formación

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional  ou de vías non formais de formación. Hai 2.171 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 646 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 455 prazas.
  • Servizos para o control de pragas: 50 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos: 50 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento: 250 prazas.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos: 70 prazas.
  • Aproveitamentos forestais: 100 prazas.
  • Tanatopraxia: 150 prazas.

A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:

  1. No instituto galego das Cualificacións. Sigue leyendo →
Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal pecha o ano con vitorias de todas as categorías

_MG_7316O pasado fin de semana A Estrada Futsal vivía unha xornada histórica coa que pechaba o ano 2015 antes do descanso de Nadal.

O club contaba cos 5 equipos xogando como locais polo que preparou sorteos, chocolatada con churros e outras sorpresas.

Os rapaces e rapazas que conforman esta gran familia do futsal estradense acompañados dunha volcada afección conseguiron facer historia cun pleno de vitorias en todas as categorías.

A xornada iniciaba o sábado o Pastelería Cervela Alevín que acadou unha cómoda vitoria por 6 goles a 0 no seu encontro contra o Poio Pescamar.

Seguidamente chegaba o turno das rapazas do City Lift B que conseguían unha traballada vitoria contra o Portas por 2 goles a 1.

O City Lift A acadou un resultado engañoso ante un Fisober ao que foi superior, pero que tivo opcións durante todo encontro para impedir a vitoria das rapazas do primeiro equipo do Futsal. Finalmente o resultado foi de 3 goles a 2 para as locais.

A xornada do sábado pechaba o Vasán Inversia A Estrada Futsal nun dos encontros máis importantes do fin de semana, ao que respondeu a afección local cunha importante entrada para apoiar aos rapaces de Marcos Sesar.

O primeiro equipo masculino acadou unha traballada e importante vitoria ante A Pontenova que o sitúa a tan só 2 puntos do primeiro posto da competición.

O resultado final foi de 8 goles a 3 nun partido moi trabado onde os locais protestaron a dureza empregada polos visitantes en algúns lances do encontro.

Xa no domingo chegaba o turno do Pastelería Cervela Infantil no que os rapaces de Maricho conseguían a súa primeira vitoria por 4 goles a 3 contra o Inter Pontevedra.

Os rapaces do equipo infantil dominaron un partido de ida e volta no que as mellores ocasións foron para o equipo local que chegou a cadar unha renda de 3 goles podendo ampliar o marcador, pero nos últimos minutos o equipo visitante conseguiu reducir distancias en dúas contras.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzante convida a pasar o Nadal en Ruta

felizrutadenadal2015RUTA DE NADAL

IMOS ANDAR, TAMÉN EN INVERNO

O próximo venres 25 de decembro, a AC A Fervenza de Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do Inverno coa convocatoria da SEXTA edición da Ruta de Nadal. Na mesma percorreremos o Roteiro dos Montes da Somoza e Ferreiros. (11 Km)

A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente.

Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.

A actividade é gratuíta.

Hora de saída: 10:15, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:15 ao mesmo sitio. Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario